Bertrand Tavernier
Bertrand Tavernier, nado en Lión o 25 de abril de 1941 e finado o 25 de marzo de 2021 en Sainte-Maxime (Var), foi un director, escritor, actor, e produtor francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tavernier naceu en Lión, fillo de Geneviève (de solteira Dumond) e René Tavernier, publicista e escritora, presidente varios anos do PEN Club francés.[1] Dixo que a publicación polo seu pai dun xornal de resitencia en tempos de guerra e a axuda a intelectuais antinazis formou a súa opinión moral como artista. Segundo Tavernier, o seu pai cría que as palabras eran "tan importante e letal como as balas".[2] Tavernier quería converterse en cineasta dende os 13 ou 14 anos. As súas influencias cinematográficas inclúen John Ford, William Wellman, Jean Renoir, Jean Vigo e Jacques Becker.[3] Tavernier viuse influído pola folga xeral de Francia de 1968.[2] Asociouse coa Organización Comunista Internacional entre 1973 e 1975, e foi golpeado en particular pola literatura de Lev Trotski.[2] O primeiro director co que traballou foi Jean-Pierre Melville. Posteriormente, o seu primeiro filme (O reloxeiro de Saint Paul, 1974) gañou o Prix Louis Delluc e o Oso de Prata no 24.º Festival de Cinema de Berlín.[3]
Os seus primeiros traballos estiveron dominados polos misterios, mais as súas boras posteriores caracterízanse por un comentario social máis aberto, centrándose nas súas visións de esquerdas (A vida e máis nada, Capitaine Conan) e presentando unha crítica da sociedade francesa contemporánea (Ça commence aujourd'hui, Histoires de vies brisées : les double-peine de Lyon).
Gañou o premio da BAFTA ao mellor filme en lingua non inglesa en 1990 por A vida e máis nada e un total de cinco premios César.[4]
En 1995, o seu filme L'Appât gañou o Oso de Ouro no 45.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[5] Catro anos despois, Ça commence aujourd'hui gañou unha mención de honra no 49.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[6]
O seu filme The Princess of Montpensier competiu pola Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2010.[7]
Tavernier estivo casado coa guionista Claudine (Colo) O'Hagen entre 1965 e 1980. Tiveron dous fillos. O seu fillo, Nils Tavernier (nado o 1 de setembro de 1965), foi director e actor. A súa filla, Tiffany Tavernier (nada en 1967), é novelista, guionista e axudante de dirección.
Tavernier foi honrado co premio de honra no 42.º Festival Internacional de Cinema da India en Goa polas súas destacadas achegas á industria cinematográfica.[8]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]- 1964: Les Baisers - segundo episodio, Baiser de Judas
- 1964: La Chance et l'Amour - episodio Une chance explosive
- 1974: O reloxeiro de Saint Paul
- 1975: Que la fête commence...
- 1976: O xuíz e o asasino
- 1977: Des enfants gâtés
- 1980: La Mort en direct
- 1980: Une semaine de vacances
- 1981: Coup de torchon
- 1983: Ciné Citron
- 1983: La 800ème génération - Curtametraxe
- 1983: Pays d'octobre (Mississippi Blues) - Curtametraxe
- 1984: Un dimanche à la campagne
- 1986: Arredor de medianoite
- 1987: La Passion Béatrice
- 1989: A vida e máis nada
- 1990: Daddy nostalgie
- 1991: Contre l'oubli - episodio Pour Aung San Suu Kyi, Myanmar
- 1992: La Guerre sans nom
- 1992: L.627
- 1994: A filla de D'Artagnan
- 1995: L'Appât
- 1996: Capitaine Conan
- 1999: Ça commence aujourd'hui
- 2001: Histoires de vies brisées : Les « double peine » de Lyon
- 2002: Laissez-passer
- 2004: Holy Lola
- 2009: No centro da treboada (In the Electric Mist)
- 2010: La Princesse de Montpensier
- 2013: Quai d'Orsay
- 2016: Voyage à travers le cinéma français - Documental
Televisión
[editar | editar a fonte]- 1982: Philippe Soupault
- 1988: Lyon, le regard intérieur
- 1996: La Lettre
- 1997: De l'autre côté du périph (codirixido por Nils Tavernier)
- 2001: Les Enfants de Thiès
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Filmreference.com". 10 de abril de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Bertrand Tavernier speaks with the WSWS". World Socialist Web Site. Consultado o 17 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Berlinale 1974: Prize Winners". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 3 de xullo de 2010.
- ↑
- Bertrand Tavernier na IMDb (en inglés).
- ↑ "Berlinale: 1995 Prize Winners". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2011.
- ↑ "Berlinale: 1999 Prize Winners". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Hollywood Reporter: Cannes Lineup". Hollywood Reporter. Consultado o 16 de abril de 2010.
- ↑ "Cinema reaches newer heights, says Tavernier". The Hindu (en inglés). Special Correspondent. 2011-11-24. ISSN 0971-751X. Consultado o 2019-03-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bertrand Tavernier |