École Normale Supérieure (París)
École normale supérieure – PSL | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1794 |
Datos actuais | |
Alumnos | 2,400 |
Datos de contacto | |
Páxina web | ens.psl.eu |
[ editar datos en Wikidata ] |
A École normale supérieure - PSL tamén coñecida como ENS, Normale sup', Ulm ou ENS de Paaris) é unha grande école situada en París, Francia. É un dos membros constituíntes da Universidade de Paris de Ciencias e Letras (PSL).[1]
Orixinalmente concibida durante a Revolución francesa, a école foi fundada en 1794 para formar profesorado de alto nivel, aínda que foi pechada posteriormente.[2] A escola foi reaberta posteriormente por Napoleón I como pensionnat normal desde 1808 a 1822, antes de recuperar o seu carácter orixinal en 1826, e renomeada como École normale en 1830. En 1845, cando se crean institucións de aprendizaxe para profesores de ensino primario engádese ao nome a palabra supérieure (significando superior). Dende entón, transformouse nunha plataforma para que os estudantes franceses poidan seguir carreiras tanto no goberno como na academia.
A ENS ten un proceso de admisión extremadamente competitivo, consistindo tanto en exames escritos como orais.[3] Os índices de selección para a Selección Internacional varían anualmente entre 5 e 10%. Durante os seus estudos, moitos estudantes da ENS gozan do posto de funcionario, con dereito a soldo, recibindo estes o nome de normaliens.[4][5][6]
A ENS é unha grande école e, como tal, está separada do sistema universitario francés común. Con todo, a gran maioría do persoal académico da ENS pertence a institucións externas como as universidades parisinas, o CNRS e o EHESS. Este mecanismo permite que a ENS se beneficie dunha corrente continua de investigadores en todos os campos. Relacionado con isto, as prazas de profesorado pertencente unicamente á ENS son extremadamente raras e competitivas. A ENS é a única grande école en Francia que posúe departamentos de investigación en todos os campos de ciencias naturais, sociais e humanas.
Debido ás súas características, a ENS ten unha proporción moi elevada de persoal laureado, e en consecuencia unha gran reputación. Por exemplo, entre os seus alumni inclúense 14 Premios Nobel (sendo a proporción máis alta de laureados co Nobel de calquera institución), dos cales oito son en Física, doceMedallas Fields, máis da metade dos receptores da medalla de Ouro do CNRS (o premio científico máis alto de Francia ) e varios centos de membros do Institut de Francia, ademais de múltiples políticos e estadistas.[7][8][9] A ENS conseguiu un recoñecemento especial en matemáticas e física como un dos mellores centros científicos de formación de toda Francia, ademais dun recoñecemento internacional en ciencias humanas como o lugar de nacemento espiritual de autores como Julien Gracq, Jean Giraudoux, Assia Djebar, e Charles Péguy, filósofos como Henri Bergson, Jean-Paul Sartre, Louis Althusser, Simone Weil, Maurice Merleau-Ponty e Alain Badiou, científicos sociais como Émile Durkheim, Raymond Aron, e Pierre Bourdieu, e "teóricos franceses" como Michel Foucault e Jacques Derrida[10][11][12].
O modelo da ENS foi replicado en múltiples lugares. Dentro de Francia cabe mencionar a ENS de Lyon, a ENS de Paris-Saclay ou a ENS de Rennes. En Italia atópase a Scuola Normale Superiore en Pisa[13]. En outros países como en Romanía, en China e en colonias francesas anteriores como Marrocos, Alxeria, Malí, Mauritania, Alxeria, e Camerún tamén existen centros seguindo o modelo da ENS.
Notas
- ↑ 18. 1983: 123–127 https://www.persee.fr/doc/hedu_0221-6280_1983_num_18_1_1183. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ http://www.bretagne.ens-cachan.fr/version-francaise/l-ecole/histoire/les-ecoles-de-l-an-iii-106752.kjsp?RH=1189690570769. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ http://www.diffusion.ens.fr/index.php?res=conf&idconf=250. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ https://www.ens.psl.eu/en/academics/admissions/international-selection/faq-about-international-selection. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ http://www.legifrance.gouv.fr/affichTexte.do?cidTexte=JORFTEXT000000503927&categorieLien=id. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 01 de marzo de 2023. Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ 538: 152. PMID 27734890. doi:10.1038/nature.2016.20757. Falta o
|title=
(Axuda); - ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 01 de marzo de 2023. Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ http://www.topuniversities.com/universities/ecole-normale-sup%C3%A9rieure-paris/undergrad. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ http://archives.lesoir.be/l-acteur_t-20041011-Z0PVFF.html. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ https://www.timeshighereducation.com/news/most-cited-authors-of-books-in-the-humanities-2007/405956.article. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ . ISBN 9780748655229 https://books.google.com/books?id=tZpvAAAAQBAJ&q=badiou+ecole+normale+superieure&pg=PT11. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 01 de marzo de 2023. Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine.