Castro de Cerneda
Aparencia
Castro de Cerneda | |
---|---|
Parroquia | Cerneda |
Concello | [[Abegondo]] |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15001011 |
Cronoloxía | |
Estado actual | Relativamente bo |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
[[Categoría:Castros de Abegondo sen imaxes]]
O castro de Cerneda é un castro situado no lugar da Igrexa na parroquia de Cerneda, no concello coruñés de Abegondo.
Morfoloxía
O castro está formado por unha croa e, posiblemente, un pequeno ante castro, en dirección noroeste. Está rodeado por dous xogos de murallas e foxos intercalados. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 170 por 95 metros.[1].
Os elementos externos están rebaixados polo traballo agrícola na zona e un dos foxos exteriores foi ocupado por unha pista asfaltada. Ademais, parte do castro emprázase na igrexa parroquial[1].
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas. Na actualidade non é visitable.