Esciúridos
Esciúridos Sciuridae Esquíos Rango fósil: Eoceno - Actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Membros da familia Sciuridae | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subfamilias e tribos | |||||||||||||
|
O esquío, que recibe tamén en diferentes partes de Galicia os nomes de esquilo e esquivo, é un roedor da familia Sciuridae, entre os que se atopan :
- O esquío común (Sciurus vulgaris)
- As especies do xénero Ratufa, o único da subfamilia Ratufinae (emparentadas coas ratas).
- O esquío pigmeo neotropical (Sciurillus pusillus), a única especie da subfamilia Sciurillinae.
Ademais, pola súa similitude coas da familia Sciuridae, as seguintes especies levan a palabra esquío como parte do seu nome común, pese a non ter unha relación taxonómica:
- Todas as do xénero Anomalurus, os esquíos voadores, roedores da familia Anomaluridae.
- O esquío bambú (Anathana ellioti), unha especie de tupaya.
- Todas as especies do xénero Saimiri, os monos esquío.
- En particular o mono esquío común (Saimiri sciureus).
- O petauro esquío (Petaurus breviceps), un marsupial.
Localización e características
Os esquíos están espallados por case todo o mundo, a maioría nas zonas de climas temperado ou tropical, mais tamén en algunhas zonas de clima frío. Como todos os roedores, posúe dentes incisivos fortísimos, con que roen sementes con facilidade. O esquío é un animal arborícola e vive nas copas das árbores. Das copas, eles saltan dunha póla para outra, chegando os saltos a 5 metros de lonxitude, sen temer a caída.
As sementes son as principais fonte de alimentación, mais tamén consomen insectos e froitas. Cando os alimentos escasean, invaden niños doutros animais e devoran as crias.
A pesar do seu abrigo natural, constrúen niños para abrigaren aos seus fillos da choiva e do vento. Algunhas veces utilizan niños feitos por outros animais, mais nunca para criar os seus fillos. Durante a xestación, os pais preparan o niño para reciber os fillos, que varían de 3 a 7 por niñada. De adulto, o seu corpo chega a medir 25 cm e o rabo 25 cm ou máis.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esciúridos |