Saltar ao contido

Diocese anglicana de Canterbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Diocese A diocese de Canterbury é unha diocese da Igrexa de Inglaterra (Comuñón Anglicana) que abarca o territorio oriental do condado de Kent, Inglaterra. Reclámase herdeira daquela fundada por Agostiño de Canterbury no 597, a arquidiocese de Canterbury, hoxe suprimida. Ten a súa sé na Catedral de Canterbury, e trátase da sé máis antiga da Igrexa de Inglaterra.

Bispos

O bispo diocesano é o Arcebispo de Canterbury, a día de hoxe Justin Welby. Porén, por mor do seu papel como Metropolitano da provincia de Canterbury, Primado de Toda Inglaterra e cabeza da Comuñón Anglicana, o arcebispo (cuxa residencia está en Londres) está a miúdo afastado da diocese. É por isto que un dos seus bispos sufragáneos, o Bispo de Dover (hoxe Trevor Wilmott), ten a facultade de actuar no seu lugar.

Lista de arcebispos anglicanos de Canterbury

Dende a reforma inglesa do século XVI, logo do acordo relixioso isabelino e sen aprobación papal, os arcebispos de Canterbury anglicanos teñen sido os seguintes: