Saltar ao contido

Frankfurt: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «en unha»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «funcionamiento»
Liña 88: Liña 88:
Malia o que poida parecer polo seu nome, o [[Aeroporto de Frankfurt-Hahn]] (''Flughafen Frankfurt-Hahn'') áchase a aproximadamente 120 km da cidade de Frankfurt, en Lautzenhausen. O aeroporto é unha base principal da compañía Low-cost [[Ryanair]]. Tan só se chega a el por estrada. Conta cun bus a cada hora dende a Estación Central de Frankfurt, que fai o traxecto nunha hora 45 minutos.
Malia o que poida parecer polo seu nome, o [[Aeroporto de Frankfurt-Hahn]] (''Flughafen Frankfurt-Hahn'') áchase a aproximadamente 120 km da cidade de Frankfurt, en Lautzenhausen. O aeroporto é unha base principal da compañía Low-cost [[Ryanair]]. Tan só se chega a el por estrada. Conta cun bus a cada hora dende a Estación Central de Frankfurt, que fai o traxecto nunha hora 45 minutos.


Ó igual que [[Berlín]], Frankfurt puxo en funcionamiento un completo sistema de ''[[bicitaxi]]'', transporte alternativo e ecolóxico.
Ó igual que [[Berlín]], Frankfurt puxo en funcionamento un completo sistema de ''[[bicitaxi]]'', transporte alternativo e ecolóxico.


Pola súa parte, o [[Metro de Frankfurt]] posúe sete liñas e 58,7 quilómetros de lonxitude.
Pola súa banda, o [[Metro de Frankfurt]] posúe sete liñas e 58,7 quilómetros de lonxitude.


<gallery>
<gallery>

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2023 ás 20:03

Para a outra cidade chamada Frankfurt vexa Frankfurt do Oder.

Coordenadas: 50°7′N 8°41′L / 50.117, -8.683 Modelo:Cidade Frankfurt[1] (en alemán: Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hessen (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden.

Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.

Historia

Horizonte nocturno da cidade

O nome vénlle dos tempos das tribos xermánicas. Significa o vado (Furt) dos francos (Frank-en), unha tribo xermánica occidental.

O Imperio Romano, na súa extensión máxima, chegou a incluí-la cidade, aínda que por pouco tempo. O emperador Carlomagno habitou varias veces nesta cidade. Durante o Sacro Imperio Romano Xermánico foi sede de moitas eleccións imperiais e entre 1562 e 1792 foi a cidade do coroamento do Emperador. Logo foi a capital da Confederación do Rin, e máis adiante a da Confederación Xermánica.

Prusia anexionou a cidade en 1866, cinco anos antes de gaña-la guerra franco-prusiana, cuxo tratado de paz, que desembocou na creación de Alemaña como país unido, foi asinado en Frankfurt o 10 de maio de 1871.

Ó igual que a maioría das cidades alemás, Frankfurt foi escachizada polos bombardeos dos aliados durante a segunda guerra mundial.

A metrópole converteuse no centro da rexión Rin-Meno, unha das máis produtivas e dinámicas de Alemaña, que conta aproximadamente 5 millóns de habitantes, entre os que se destaca a maior proporción de estranxeiros do país.

Capital financeira da Unión Europea

Eurotower, sede do BCE

O Banco Central Europeo (BCE), unha das institucións máis representativas da Unión Europea (UE), ten a súa sede principal en Frankfurt. Os órganos reitores do BCE (Consello de Goberno e Comité Executivo) dirixen o Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), cuxas funcións consisten en administra-la masa monetaria, conduci-las operacións en divisas, conservar e administra-las reservas oficiais de divisas dos Estados membros e garanti-lo bo funcionamento dos sistemas de pago. O euro manéxase dende esta cidade.

Un moderno edificio, que deberá alberga-la sede do BCE a partir de 2007, se constrúe actualmente a beiras do Main sobre terreos anteriormente ocupados pola central de mercado.

Ademais, Frankfurt é o centro financeiro do país e alberga a Bolsa alemá (Deutsche Börse AG) e o banco federal de Alemaña (Deutsche Bundesbank). Nela encóntrase a sede de máis de 370 bancos, e os mercados financeiros máis importantes do mundo mercan e venden aquí a diario as súas accións. Este feito e o estar a beiras do río Main fai que se coñeza tamén como "Mainhattan", en referencia ó distrito neoiorquino de Manhattan.

Ver: Asuntos institucionais e política na Unión Europea - Economía da Unión Europea - Edificio do Banco Central Europeo

Lugares de Interese

Vista panorámica de Frankfurt
  • Casa natal de Goethe.
  • Paulskirche: aquí en 1848 inaugurouse o primeiro parlamento alemán libremente elixido.
  • Zeil-Galerie: suba á última planta e goce dunha das mellores vistas.
  • Museumsufer: zona que ofrece museos en ambas marxes do río. Entre eles destacan o Museo do Cine, o Museo de Arquitectura, o Museo de Artes Aplicadas e o Caricatura Museum für Komische Kunst.
  • Römerberg: centro antigo de Frankfurt, detalladamente restaurado.
  • Sachsenhausen: o barrio máis típico e máis visitado. Ten unha gran variedade gastronómica, acolle a maioría dos restaurantes e das sidrerías da cociña francortiana.
  • Main Tower (Torre do Main): dende a terraza situada a 200 m de altura pódese gozar dunha vista estupenda. Sobre todo nos meses de outubro a marzo a partir vese a cidade totalmente iluminada. É unha vista única en Alemaña.
  • A Bolsa (Frankfurter Wertpapierbörse): diante do edificio preséntanse os símbolos da bolsa: un touro (polo alza) e un oso (pola baixa).
  • Commerzbank-Tower: deseñado polo arquitecto Sir Norman Foster en 1997. Destacan os nove xardíns integrados nas plantas superiores. É o rañaceos máis alto de Europa.
  • Hauptwache: xurdiu en 1728 do plano do urbanista Johann Samheimer. Este edificio perdeu a súa función de prisión e hoxe alberga o café "Hauptwache" e un restaurante xaponés.
  • Feira Internacional do Libro: considerada a máis importante do mundo. Lévase a cabo unha vez ó ano.
  • Commerzbank-Area (chamado ata o 1 de xullo de 2005 Frankfurter Waldstadion): estadio de fútbol que xa albergou numerosas competicións, como o Mundial de fútbol de 1974, a Copa Confederaciones 2005 e a Copa Mundial de Fútbol de 2006.
  • Torre da Feira, "Messeturm": deseñada polo arquitecto Helmut Jahn. Frankfurt é o centro das feiras, e grazas a elas, case tres millóns de persoas visitan a cidade tódolos anos para ve-la Feira da Música ou a Feira do Automóbil (IAA - Internationale Automobil Ausstellung).

Transportes

O Aeroporto de Frankfurt (Flughafen Frankfurt am Main, localizado a 12Km do centro da cidade) é unha referencia internacional e os seus máis de 50 millóns de pasaxeiros ó ano convérteno no segundo aeroporto máis transitado de Europa, soamente superado polo Aeroporto de Heathrow, de Londres. Ten catro pistas e está considerado o mellor aeroporto de carga do mundo. Así mesmo, é o aeroporto no que opera o maior número de liñas aéreas internacionais.

Malia o que poida parecer polo seu nome, o Aeroporto de Frankfurt-Hahn (Flughafen Frankfurt-Hahn) áchase a aproximadamente 120 km da cidade de Frankfurt, en Lautzenhausen. O aeroporto é unha base principal da compañía Low-cost Ryanair. Tan só se chega a el por estrada. Conta cun bus a cada hora dende a Estación Central de Frankfurt, que fai o traxecto nunha hora 45 minutos.

Ó igual que Berlín, Frankfurt puxo en funcionamento un completo sistema de bicitaxi, transporte alternativo e ecolóxico.

Pola súa banda, o Metro de Frankfurt posúe sete liñas e 58,7 quilómetros de lonxitude.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frankfurtés.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.

Berlín

Hamburgo

Múnic
1 Berlín Berlín 3 531 201 11 Leipzig Saxonia 531 809
2 Hamburgo Hamburgo 1 810 698 12 Dresden Saxonia 529 781
3 Múnic Baviera 1 378 176 13 Hannover Baixa Saxonia 525 875
4 Colonia Renania do Norte-Westfalia 1 017 155 14 Nürnberg Baviera 510 602
5 Frankfurt Hessen 691 518 15 Duisburgo Renania do Norte-Westfalia 488 005
6 Stuttgart Baden-Württemberg 613 392 16 Bochum Renania do Norte-Westfalia 373 976
7 Düsseldorf Renania do Norte-Westfalia 592 393 17 Wuppertal Renania do Norte-Westfalia 349 470
8 Dortmund Renania do Norte-Westfalia 580 956 18 Bonn Renania do Norte-Westfalia 327 913
9 Essen Renania do Norte-Westfalia 573 468 19 Bielefeld Renania do Norte-Westfalia 323 395
10 Bremen Bremen 548 319 20 Mannheim Baden-Württemberg 314 931
Datos do censo de 2011