Aérospatiale SA 330 Puma: Diferenzas entre revisións
Engade 1 libro para verificar (20210112)) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot |
m Reemplazos con Replacer: «london» |
||
Liña 115: | Liña 115: | ||
* Frawley, Gerard. ''The International Directory of Civil Aircraft''. Aerospace Publications Pty Ltd, 1997 {{ISBN|1-875671-26-9}}. |
* Frawley, Gerard. ''The International Directory of Civil Aircraft''. Aerospace Publications Pty Ltd, 1997 {{ISBN|1-875671-26-9}}. |
||
* Green, William. ''The illustrated encyclopedia of the world's commercial aircraft''. Crescent Books, 1978. {{ISBN|0-51726-287-8}}. |
* Green, William. ''The illustrated encyclopedia of the world's commercial aircraft''. Crescent Books, 1978. {{ISBN|0-51726-287-8}}. |
||
* James, Derek N. ''Westland Aircraft since 1915''. |
* James, Derek N. ''Westland Aircraft since 1915''. Londres: Putnam, 1991. {{ISBN|0-85177-847-X}}. |
||
* Lake, Jon. "Variant File: Aérospatiale SA 330 Puma". ''International Air Power Review'', Volume 2 outono de 2001. Norwalk, CT, USA: AIRtime Publishing. {{ISBN|1-880588-34-X}}. ISSN 1473-9917. pp. 96–107. |
* Lake, Jon. "Variant File: Aérospatiale SA 330 Puma". ''International Air Power Review'', Volume 2 outono de 2001. Norwalk, CT, USA: AIRtime Publishing. {{ISBN|1-880588-34-X}}. ISSN 1473-9917. pp. 96–107. |
||
* Keucher, Ernest. R. ''Military assistance and foreign policy''. Air Force Institute of Technology, 1989. {{ISBN|0-91617-101-9}}. |
* Keucher, Ernest. R. ''Military assistance and foreign policy''. Air Force Institute of Technology, 1989. {{ISBN|0-91617-101-9}}. |
||
Liña 126: | Liña 126: | ||
* Smith, Gordon. ''Battle Atlas of the Falklands War 1982''. Naval-History.net, 2006. {{ISBN|1-84753-950-5}}. |
* Smith, Gordon. ''Battle Atlas of the Falklands War 1982''. Naval-History.net, 2006. {{ISBN|1-84753-950-5}}. |
||
* Taylor, John W. R., ed. ''Jane's All the World's Aircraft 1976–77''. |
* Taylor, John W. R., ed. ''Jane's All the World's Aircraft 1976–77''. Londres: Macdonald and Jane's, 1976. {{ISBN|0-354-00538-3}}. |
||
* Titley. Brian. ''Dark Age: The Political Odyssey of Emperor Bokassa''. McGill-Queen's Press, 1997. {{ISBN|0-77357-046-2}}. |
* Titley. Brian. ''Dark Age: The Political Odyssey of Emperor Bokassa''. McGill-Queen's Press, 1997. {{ISBN|0-77357-046-2}}. |
||
Revisión como estaba o 14 de xullo de 2021 ás 08:29
Aérospatiale SA 330 Puma | |
---|---|
HC1 Puma da RAF | |
Tipo | helicóptero utilitario |
Fabricante | Sud Aviation, Aérospatiale |
Primeiro voo | 15 de abril de 1965 |
Introducido | 1968 |
Produción | 1968-1987 |
Unidades construídas | 697 |
Variantes | IAR 330 |
O Aérospatiale SA 330 Puma é un helicóptero de transporte/utilitario mediano con catro palas. O Puma foi construído orixinalmente pola empresa francesa Sud Aviation e posteriormente pasou a ser producido por Aérospatiale. Tamén foi fabricado baixo licenza en Romanía como o IAR 330, e en Suráfrica producíronse dous derivados avanzados sen licenza, o Denel Rooivalk e o Atlas Oryx. O Puma foi un éxito comercial e rapidamente desenvolvéronse modelos máis avanzados como o AS332 Super Puma e o AS532 Cougar, fabricados por Eurocopter dende principios dos anos 90. Estes descendentes do Puma aínda seguen fabricándose no presente.
O Puma participou en combate en varios teatros operado por distintos países; entre as operacións máis significativas están a guerra do Golfo, a guerra da fronteira de Suráfrica, a guerra colonial portuguesa, as guerras iugoslavas, a guerra civil libanesa, a guerra de Iraq, e a guerra das Malvinas. O tipo tamén foi moi popular no servizo civil voando cunha gran cantidade de operadores.
Desenvolvemento
O SA 330 Puma foi desenvolvido orixinalmente por Sud Aviation para cumprir un requerimento da Armada francesa para un helicóptero medio todotempo capaz de levar ata 20 soldados ademais de realizar varias tarefas de carga. Elixiuse facer un deseño completamente novo para o helicóptero e comezouse a traballar nel en 1963 coa axuda do goberno francés.[1] O primeiro dos dous prototipos do Puma voou o 15 de abril de 1965; tamén se construíron seis modelos de preprodución, o último deles voando o 30 de xullo de 1968. A primeira unidade de produción do SA 330 Puma voou por vez primeira en setembro de 1968, comezando as entregas á Armada a principios de 1969.[2]
En 1967 o Puma foi seleccionado pola Royal Air Force (RAF), que quedou impresionada polo rendemento do aparello. Na RAF recibiu a designación Puma HC Mk 1. Asinouse un importante acordo de fabricación entre Aérospatiale e Westland Helicopters; a colaboración entre as dúas compañías tamén resultou nas posteriores compras do Aérospatiale Gazelle polo Reino Unido e do Westland Lynx por Francia. En virtude do acordo, Westland fabricou varios compoñentes para o Puma e ademais realizou a montaxe dos aparellos pedidos pola RAF.[3][4][5]
O SA 330 foi un éxito no mercado de exportación, numerosos países mercaron variantes militares do Puma para servir nas súas forzas armadas; o tipo tamén foi popular no mercado civil, sendo moi usado para tarefas de transporte en plataformas petrolíferas.[6] Durante a maior parte dos anos 70 o SA 330 Puma foi o helicóptero de tansporte producido en Europa máis vendido.[7] En xullo de 1978 xa foran entregados uns 50 Puma a clientes civís e toda a frota acumulara 500 000 horas de voo.[8]
Romanía chegou a un acordo con Aérospatiale para producir o Puma baixo licenza como o IAR 330, fabricando polo menos 163 unidades para as forzas armadas do país, operadores civís e varios clientes de exportación.[9] Indonesia tamén fabricou localmente o SA 330.[10] Suráfrica, un entusiasta usuario do modelo, realizou o seu gran propio programa de modificación e fabricación realizado pola empresa estatal Atlas Aircraft para mellorar os seus Puma, o aparello resultante foi chamado Oryx. Nos anos 90 Denel tamén desenvolvería un helicóptero de ataque para a Forza Aérea de Suráfrica baseado no Puma e coñecido como o Denel Rooivalk.[9]
En 1974 Aérospatiale comezou a desenvolver variantes do Puma melloradas co obxectivo de producir un sucesor do modelo; eses esforzos culminaron no AS332 Super Puma. O primeiro prototipo do AS332 Super Puma voou o 15 de setembro de 1978 e contaba con motores máis potentes e unha fuselaxe ampliada máis aerodinámica e eficiente. En 1980 a produción do AS332 Super Puma superou ao do SA 330 Puma.[11] A fabricación do SA 330 Puma por parte de Aérospatiale rematou en 1987,[12] e nese momento vendéranse 697 unidades;[13] a produción en Romanía continuou ata o século XXI.[11]
Deseño
O SA 330 Puma é un helicóptero bimotor planeado para tarefas de transporte de persoal e de apoio loxístico. Como transporte de topas pode levar ata 16 soldados en asentos plegables; na configuración de evacuación de baixas a cabina pode ter seis padiolas e espazo para catro persoas máis; o Puma tamén pode realizar tarefas de transporte de carga usando tanto o espazo interno como unha eslinga externa, cun peso máximo de 2 500 kg. Os Puma civís contan con distintas configuracións de cabina para pasaxeiros, incluídas aquelas para realizar servizos VIP. En operacións de busca e rescate adoita a instalarse un montacargas, normalmente montado no lado de estribor da fuselaxe.[14]
O rotor principal de catro palas do Puma está impulsado por un par de motores turboeixo Turbomeca Turmo montados no teito. Os rotores do helicóptero son conducidos a unha velocidade de aproximadamente 265 rpm a través dunha transmisión de cinco etapas de redución. O deseño da transmisión conta con varias características únicas e pouco comúns para a época, como a fabricación nunha soa peza do eixo do rotor e as medidas antivibración integradas na transmisión principal e nas palas do rotor principal.[15] O Puma tamén conta cun sistema automático de inpección das palas, que protexía e alertaba ás tripulacións das roturas por fatiga nas palas do rotor. Hai dous sistemas hidráulicos a bordo que operan de xeito completamente independente, un sistema dá potencia só aos controis de voo do helicóptero, mentres que o outro serve ao piloto automático, ao tren de aterraxe, ao freno do rotor e aos controis de voo.[16]
En voo o Puma foi deseñado para acadar altas velocidades, exhibir gran maniobrabilidade, e ter un bo rendemento en ambientes cálidos e altos; os motores teñen un alto nivel de potencia de reserva intencionada para permitir ao helicóptero voar efectivamente ao seu máximo peso cun só un motor en funcionamento e continuar coa súa misión se as circunstacias o require.[17] A cabina de mando ten controis duais convencionais para piloto e copiloto, e proporciónase un terceiro asento para un membro de reserva da tripulación ou un mando. O Puma conta cun piloto automático electrohidráulico SFIM-Newmark Type 127.[18]
O Puma é facilmente transportable en avións como o Transall C-160 e o Lockheed C-130 Hercules; o rotor principal, o tren de aterraxe e a pluma de cola son desmontables para ocupar menos espazo. A facilidade de mantemento foi un dos obxectivos perseguidos no deseño do Puma; moitos dos compoñentes e sistemas que requerirían inspeccións rutineiras foron situados para que estivesen visibles a nivel do chan, o uso de compoñentes cunha vida limitada minimizouse, e as áreas clave dos sistemas mecánicos foron deseñadas para poder acceder a elas facilmente.[14] O Puma tamén é capaz de operar de noite, en condicións inhóspitas de voo, ou nunha ampla gama de climas desde o Ártico ata o deserto.
Aínda que non se incluíron durante a produción orixinal, numerosos operadores de Puma instalaron características adicionais e equipo moderno durante a vida útil do aparello. A RAF equipou á súa frota de Puma con equipo de navegación GPS, xunto cunha variedade de medidas de autodefensa que inclúen bloqueadores de infravermellos, dispensadores automáticos de bengalas e lentes de visión nocturna para voos nocturnos. A Aviación Lixeira do Exército francés modernizo os seus Puma para cumprir as normas da Organización de Aviación Civil Internacional, o que implicaba sistemas dixitais adicionais. Compañías de terceiros como a surafricana Thunder City proporcionaron extensións de vida e programas de modernización para o Puma, e algúns operadores elixiron renovar as súas frotas con cabinas de cristal.[19]
Historial operacional
Arxentina
Durante a guerra das Malvinas en 1982, cinco SA 330 Puma do Exército arxentino e un da Garda Costeira arxentina foron despregados no teatro de operacións; estes podían operar tanto dende as cubertas dos buques da Armada como realizar misións ao longo das illas. Os seus aparellos perderíanse durante o conflito.[20] O 3 de abril, mentres despregaba tropas arxentinas como parte da captura de South Georgia, un Puma foi gravemente danado por armas lixeiras disparadas polas forzas de terra británicas e esnafrouse pouco despois.[21] O 9 de maio un Puma foi destruído por un mísil Sea Dart lanzado dende o HMS Coventry.[22] O 23 de maio un par de Sea Harrier da Royal Navy interceptaron tres Puma no medio dunha misión de subministración a Port Howard; durante o enfrontamento un Puma foi destruído ao chocar contra o terro e un segundo foi incapacitado e posteriormente destruído polo canón dun dos Sea Harrier, o terceiro Puma escapou.[23] O 30 de maio un Puma perdeuse na veciñanza de Mount Kent baixo circunstancias descoñecidas, probablemente debido a fogo amigo.[24]
Francia
En setembro de 1979 empregáronse catro Puma durante a Operación Barracuda para transportar a un equipo de asalto francés á sede do goberno do Imperio Centroafricano; estes extraerían rapidamente valioso material diplomático e político á próxima embaixada francesa.[25]
Un uso distintivo do Puma no servizo francés foi como transporte VIP para transportar ao presidente do país tanto en misións diplomáticas domésticas como no estranxeiro; esas tarefas pasou a realizalas o más grande AS332 Super Puma cando estivo dispoñible en cantidades suficientes.[26][27]
Durante a guerra do Golfo en 1991 Francia optou por enviar varios Puma para apoiar ñas forzas da coalición implicadas nun conflito con Saddam Hussein, presidente de Iraq. Eses Puma asignados a tarefas de busca e rescate de combate foron rapidamente equipados con receptores GPS para mellorar as súas capacidades de navegación.
Como parte da contribución francesa á intervención liderada pola OTAN nas guerras iugoslavas nos anos 90, varios Puma franceses operaron na rexión xunto a aparellos doutros países como Reino Unido e Emiratos Árabes Unidos; unha misión frecuente do modelo era a de proporcionar axuda humanitaria aos refuxiados que escapaban do xenocidio étnico.[28] En abril de 1994 un Puma francés realizou unha extracción nocturna dun pelotón do SAS británico e dun piloto dun Sea Harrier derrubado dende o territorio hostil bosníaco, sendo disparado por armas lixeiras mentres se retiraba.[29]
O 19 de xuño de 1999 unha única inserción aérea coordinada de dúas compañías de paracaidistas franceses foi realizada por 20 Puma, xudando a encabezar o rápido afianzamento de Kosovska Mitrovica polas forzas terrestres da OTAN.[30]
En 2010, tanto o Exército como a Armada francesa optaron por facerse con diferentes variantes do NHIndustries NH90 para substituír os Puma no servizo militar francés.[31]
No ano 2016 a Forza Aérea de Francia aínda tiña 20 SA 330 Puma en servizo. Dous Puma do Escadron d'Hélicoptères 1/67 'Pyrénées (EH 1/60) foron despregados en Chad e Nixer dende xuño de 2014 como parte da Operación Barkhane para loitar contra insurgencia islámica na rexión do Sahel. Inicialmente operaron dende Xamena en Chad, pero posteriormente o destacamento trasladouse cara Dirkou e Madama en Nixer, apoiando ás tropas terrestres e interceptando as rutas de subministración dos insurxentes. O destacamento regresou a Francia en setembro de 2015, sendo relevado por helicópteros do Exército francés.
Líbano
En 1980-84 a Forza Aérea do Líbano recibiu de Francia dez SA 330C Puma para equipar ao seu novo 9º escuadrón de transporte na base aérea de Beirut, onde foi baseado inicialmente. En 1983 o escuadrón foi trasladado ao norte da capital, sendo os helicópteros dispersados en pequenos heliportos ao redor de Jounieh e Adma por razóns de seguridade. O 23 de agosto de 1984 un Puma que transportaba ao Xefe do Estado Maior das Forzas Armadas Libanesas e comandante da Sétima Brigada , o xeneral Nadim al-Hakim, e a outros oito oficiais militares de alto rango esnafrouse pola densa brétema preto de Beirut morrendo todas as persoas a bordo. O 1 de xuño de 1987 o primeiro ministro libanés Rachid Karami foi asasinado a bordo dun Puma en ruta cara Beirut cando estoupou unha bomba sitada nun maletín no seu regazo. No estoupido resultou ferido o ministro do interior Abdullah Rassi e tres dos outros doce ocupantes do helicóptero, que resultou seriamente danado.[32][33] O 17 de xaneiro de 1988 outro Puma esnafrouse no mar Mediterráneo fronte a costa de Bouar, matando ao seu piloto e copiloto. Durante a fase final da guerra civil libanesa a frota de Puma, reducida a seis ou sete aparellos en condición de voo, foi usada en voos de enlace con Chipre en nome do goberno militar provisional do xeneral Michel Aoun, añinda que a escaseza de combustible e os problemas de mantemento obrigaron ás súas tripulacións a mantelos en terra durande a meirande parte do tempo ata o final da guerra en outubro de 1990.
En 2013 a Forza Aérea do Líbano converteu un SA 330C nun helicóptero de ataque montando sobre un soporte xiratorio lateral un canón ADEN Mk 4/5 de 30mm e un par de lanzadores de foguetes SNEB de 68mm collidos de cazas retirado Hawker Hunter FGA.70 e FGA.70A. Redesignado SA 330SM, a nova versión de ataque do Puma foi probado o 10 de outubro dese ano durante unhas manobras na base aérea de Hamat Air.[34] Aínda que as probas foron exitosas o SA 300SM non foi aceptado para o servizo activo, en cambio, o Mando da Forza Aérea decidíuse por unha versión armada do Eurocopter AS532 Cougar, do cal tiña previsto recibir sete helicópteros nos seguintes tres anos.[35]
Marrocos
En 1974 Marrocos chegou a un acordo con Francia para mercar 40 Puma para as súas forzas armadas.[36] Durante os anos 70 e 80 os Puma marroquís combateron contra o Fronte Polisario e axudaron ter un maior control sobre a rexión do Sáhara Occidental; o uso do poder aéreo marroquí reducíuse severamente despois de que varias aeronaves se perdesen ou fosen danadas debido á presenza de mísiles terra-aire 2K12 Kub de procedencia soviética en mans rebeldes a principios dos 80.[37]
En outubro de 2007, como parte dun contrato por valor de 2 000 millóns de euros entre Marrocos e Francia, un total de 25 Puma foron sometidos a unha ampla modernización e actualización.[38]
Paquistán
O Exército de Paquistán estivo usando o Puma para transportar persoal, comida e equipos a Siachen. O glaciar de Siachen é o campo de batalla a máis altitude do planeta. Paquistán mantén unha presenza militar permanente na rexión a unha altura de máis de 6 000 metros.
Portugal
En 1969 Portugal apareceu como un dos primeiros clientes de exportación do Puma, pedindo 12 helicópteros para a Forza Aérea; Portugal tamén sería o primeiro país en empregar o Puma en operacións de combate durante a guerra colonial portuguesa. O tipo foi usado operacionalmente para complementar ao máis pequeno Alouette III durante as guerras de independencia de Angola e Mozambique. O Puma tiña a vantaxe dunha grande autonomía e capacidade de transporte sobre outros helicópteros operados.[39]
Durante os anos 80 Portugal participou nun arranxo ilícito con Suráfrica co obxectivo de evitar o embargo das Nacións Unidas sobre o país africano segundo o cal Francia se negara a subministrar actualizacións e pezas de reposto á frota de Puma surafricana. No acordo segredo, Portugal pedíu motores máis potentes e nova aviónica coa intención pública de empregalos nos seus propios Puma, porén moitos dos compoñentes foron desviados a través dunha firma de Zaire á compañía de defensa surafricana Armscorp, onde se utilizaron para revisar, actualizar e reconstruír os existentes Puma, resultando finalmente no Atlas Oryx; os Puma portugueses tamén recibiron significativas melloras que foron pagadas baixo os termos do acordo.[40]
En 2006 a Forza Aérea portuguesa comezou a recibir as entregas do AgustaWestland AW101 Merlin, un helicóptero máis grande e capaz, substituínda á vella frota de Puma.
Dende o ano 2007 Portugal intentou sen éxito vender 8 Puma., e en maio de 2015 intentou vendelosnovamente.[41]
Reino Unido
Os primeiros dous Puma para a Royal Air Force foron entregados o 29 de xaneiro de 1971,[42][43] formándose o primeiro escuadrón operaciónsl (33 Squadron) en RAF Odiham o 14 de xuño dese ano.[44] A RAF pediría un total de 48 Puma HC Mk 1 para tarefas de transporte; durante a guerra das Malvinas foi capturado un SA 330J operado pola Prefectura Naval arxentina que foi levado ao Reino Unido e usado como unha axuda de adestramento estático da RAF durante varios anos. Este SA 330J posteriormente foi restaurado por Westland usando partes do Puma da RAF XW215 danado e posto en servizo como ZE449.[45] O Puma converteuse nun vehículo común para as forzas especiais británicas, como o SAS, e foi descrito como "bo para misións encubertas".[46]
Entre principios dos 70 e os 90 os Puma da RAF estiveron baseados en RAF Odiham (33 Squadron e 240 OCU), RAF Gutersloh (230 Squadron) e en RAF Belize (No. 1563 Flight RAF). Durante o conflito de Irlanda do Norte tamén era común un destacamento baseado en RAF Aldergrove. En 1994 o 230 Squadron foi trasladado a RAF Aldergrove para proorcionar unha presenza permanente e para aumentar o 72 Squadron de Westland Wessex. En 2009 o 230 Squadron trasladouse a RAF Benson xunto co 33 Squadron de RAF Odiham.
Os Puma da Royal Air Force tamén serviron activamente en Venezuela, Iraq, Iugoslavia e Zaire.[47] O Reino Unido enviou con frecuencia os seus helicópteros Puma en misións humanitarias e de socorro como durante as inundacións en Xamaica no ano 1988 e en Mozambique no 2000,[48] ou para realizar operacións de mantemento da paz en rexións como Cimbabue e o golfo Pérsico.[47]
Durante o clímax da primeiro guerra do Golfo, unha forza conxunta de Puma dos 230 e 33 Squadrons demostraron ser decisivos na rápida mobilización e despregue de tropas para evitar que os soldados iraquís saboteasen o campo petrolífero de Rumaila. Dende o principio da guerra de Iraq, entre 2003 e 2009, Os Puma da RAF serían usados para proporcionar mobilidade ás tropas por todo o teatro de operacións.[49] O 15 de abril de 2007 dous Puma da RAF chocaron durante unha misión das forzas especiais preto de Bagdad.[50] En novembro dese ano un Puma esnafrouse durante unha operación contra os insurxentes en Iraq; unha investigación atopou que a causa foi principalmente un erro do piloto, aínda que o Ministro de Defensa foi criticado por non equipar os Puma da RAF con equipos de visión nocturna e polas revisións de mantemento pouco axeitadas que comprometían a seguridade; esas deficiencias resolvéronse tras o accidente.[51]
Co obxectivo de aumentar a vida do tipo, o Reino Unido mercou seis SA 330L que pertenceran a Suráfrica en 2002. Un programa para producir unha grande actualización nos Puma da RAF viu o primeiro Puma HC Mk2 en servizo a finais de 2012. O programa completouse a principios de 2014,[52] permitindo á frota de Puma permanecer en servizo ata o ano 2025. En 2008 estaba previsto que se actualizasen 30 aparellos, despois recortouse a 22,[53] e finalmente se produciron un total de 24 Puma HC Mk2.[54] Entre as actualizacións estaban a integración de dous motores Turbomeca Makila, novas transmisións e rotores de cola, novos controles dos motores, piloto automático dixital, un sistema de xestión de voo, un conxunto mellorado de axudas defensivas e protección balística para a tripulación e os pasaxeiros. O aparello actualizado pode transportar o dobre de carga útil a tres veces máis distancia que o seu predecesor, e pode ser despregado como transporte de tropas táctico, ademais de para operacións humanitarias e movementos rápidos de combate.[55]
Suráfrica
Dende 1972 en diante os Puma operados pola SAAF foron despregados en longas operacións nas veciñas Namibia e Angola durante a guerra da fronteira de Suráfrica. Durante o primeiro despregue en Caprivi Leste, un tripulante de Puma converteuse no primeiro membro da SAAF en recibir a Honoris Crux. O Puma traballou coa trpa normal, en misións de despregue rápido durante as operacións de seguimento, actuando como transmisores de radio, evacuando baixas, rescatando tripulacións derrubadas, para a inservión de forzas especiais, e operacións a grande escala cruzando as fronteiras como as Savannah, Uric, Protea, Super e Modular.
A meirande parte das compras para os Puma surafricanos, incluídas as pezas de reposto, realizáronse antes do embargo previsto das Nacións Unidas que foi aplicado en 1977.[56] Suráfrica posteriormente modernizou moitos dos seus Puma, chegando finalmente ao derivado indíxena Atlas Oryx; a asistencia externa e os compoñentes obtivéronse a través dun acordo segredo con Portugal durante o emgargo.[57]
En decembro de 1979 o goberno de Suráfrica recoñeceu a presenza das súas forzas militares operando en Cimbabue; os Puma eran usados con frecuencia para apoiar ás forzas de terra do Exército surafricano. En xuño de 1980 20 Puma acompañaron a unha forza de 8 000 soldados durante unha invasión surafricana de Angola perseguindo combatentes nacionalista da SWAPO.[58] En 1982 o goberno confirmou que 15 militares morreran cando un Puma surafricano foi derrubado polas forzas da SWAPO, sendo unha das peores perdas sufridas nun único incidente no conflito.[59]
Durante os anos 90 o entón presidente da República do Congo Pascal Lissouba realizou esforzos clandestinos para mercar Puma da SAAF excedentes, probablemente destinados á guerra civil da República do Congo.[60] Cando o MTS Oceanos afundíuse na costa de Suráfrica en 1991 ata 13 Puma xogaron un papel crucial nos traballos de rescate, crucial roles in the rescue efforts, levando a 219 superviventes a unha zona segura no medio de malas condicións meteorolóxicas.[61]
Notas
- ↑ McGowen 2005, p. 123
- ↑ Taylor 1976, p. 41
- ↑ Lake 2001, pp. 97–98
- ↑ James 1991, pp. 485-486
- ↑ Frawley 1997, p. 13
- ↑ Green 1978, p. 70
- ↑ Leishman 2006, p. 43
- ↑ "Aerospatiale chases civil helicopter sales". Flight International. Consultado o 28 de outubro de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 McGowen 2005, p. 124
- ↑ "1965: SA330 "Puma"". Eurocopter. Consultado o 28 de outubro de 2018.
- ↑ 11,0 11,1 McGowen 2005, p. 154
- ↑ Lake 2001, p. 100
- ↑ Taylor 1988, p. 57
- ↑ 14,0 14,1 Neal 1970, pp. 814-815
- ↑ Neal 1970, pp. 814-817
- ↑ Neal 1970, p. 817
- ↑ Neal 1970, p. 814
- ↑ Neal 1970, p. 815
- ↑ "Thunder City launches Puma conversion programme". FlightGlobal. Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ Smith 2006, pp. 23-24, 38
- ↑ Smith 2006, pp. 16-17
- ↑ Smith 2006, p. 122
- ↑ Smith 2006, pp. 82, 123
- ↑ Smith 2006, p. 124
- ↑ Titley 1997, p. 136
- ↑ Titley 1997, p. 71
- ↑ Ripley 2010, pp. 56, 60, 81-82
- ↑ Ripley 2010, pp. 56, 60, 81-82
- ↑ Ryan, Mike (2005). The operators. Collins. ISBN 0-00719-937-6.
- ↑ Ripley 2010, pp. 77-78
- ↑ "Eurocopter’s first NH90 TTH tactical transport helicopter for France performs its maiden flight - Eurocopter, an EADS company". 2013-07-29. Consultado o 2018-11-20.
- ↑ "Prime Minister Karami killed". Times Daily. Consultado o 2018-11-20.
- ↑ Press, Associated (1987-06-01). "Helicopter Bomb Blast Kills Lebanese Premier". Los Angeles Times (en inglés). ISSN 0458-3035. Consultado o 2018-11-20.
- ↑ "SA/IAR 330 Puma – Military In the Middle East". milinme.wordpress.com (en inglés). Consultado o 2018-11-20.
- ↑ "قاعدة حامات الجوية". 2015-05-13. Consultado o 2018-11-20.
- ↑ Keucher 1987, p. 65
- ↑ Dean 1986, pp. 46-47
- ↑ "Sarkozy starts Morocco trip with rail deal | IOL News" (en inglés). Consultado o 2018-11-20.
- ↑ Bosgra e Krimpen 1972, pp. 27-32
- ↑ Vegar, Jose (novembro de 1997). "Stiffed Arms Merchant Sues". Bulletin of the Atomic Scientists 53 (6): 12–13.
- ↑ "Governo volta a tentar vender 8 helicópteros da Guerra Colonial". SIC Notícias (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 2018-11-22.
- ↑ "World News". Flight International. Consultado o 2018-11-24.
- ↑ "Wildcat work-out". Flight International. Consultado o 2018-11-24.
- ↑ Ashworth 1989, p. 108
- ↑ Lake 2001, pp. 102-103
- ↑ Ryan 2005, p. 95
- ↑ 47,0 47,1 "RAF Benson | Royal Air Force". www.raf.mod.uk (en inglés). Consultado o 2018-11-24.
- ↑ McGreal, Chris (2000-03-02). "Flood aid 'not enough' - UN". the Guardian (en inglés). Consultado o 2018-11-24.
- ↑ Ryan 2005, p. 170
- ↑ "Two British soldiers killed in Iraq as helicopters collide - Middle East - World - The Independent". 2015-07-08. Consultado o 2018-11-24.
- ↑ Savill, Richard (2009-12-09). "Fuel safety valves on fatal Puma crash helicopter `had not been checked for 30 years’" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2018-11-24.
- ↑ "UK MoD receives first upgraded Puma HC2". Flightglobal.com (en inglés). 2012-09-13. Consultado o 2018-11-24.
- ↑ "FARNBOROUGH: Upgraded Puma HC2 to enter final flight test phase". Flightglobal.com (en inglés). 2012-07-11. Consultado o 2018-11-24.
- ↑ "Desider industry focus 2013-2014" (PDF). Ministerio de Defensa británico. Consultado o 2018-11-24.
- ↑ "UK MoD receives first upgraded Puma HC Mk2 helicopter". Airforce Technology (en inglés). 2012-09-13. Consultado o 2018-11-24.
- ↑ "South Africa Ready to Handle Global Sqeeze". Toledo Blade. Consultado o 2018-11-23.
- ↑ Reporter, Staff. "Pik to testify in Oryx-smuggling dispute". The M&G Online (en inglés). Consultado o 2018-11-23.
- ↑ "Report: South African Forces take up Position in Angola". St Petersburg Times. Consultado o 2018-11-23.
- ↑ "15 South Africans killed in Angola Push". The Age. Consultado o 2018-11-23.
- ↑ McKune, Stefaans Brümmer, Craig. "Offshore records solve mystery of civil war chopper deal". The M&G Online (en inglés). Consultado o 2018-11-23.
- ↑ Wren, Christopher S. "Over 500 Are Rescued as Greek Cruise Ship Sinks Off South African Coast" (en inglés). Consultado o 2018-11-23.
Bibliografía
- Ashworth, Chris. Encyclopedia of Modern Royal Air Force Squadrons. Wellingborough, UK: Patrick Stephens Limited, 1989. ISBN 1-85260-013-6.
- Dean, David J. The Air Force role in low-intensity conflict. Air University Press, 1986. ISBN 1-42892-827-8.
- Frawley, Gerard. The International Directory of Civil Aircraft. Aerospace Publications Pty Ltd, 1997 ISBN 1-875671-26-9.
- Green, William. The illustrated encyclopedia of the world's commercial aircraft. Crescent Books, 1978. ISBN 0-51726-287-8.
- James, Derek N. Westland Aircraft since 1915. Londres: Putnam, 1991. ISBN 0-85177-847-X.
- Lake, Jon. "Variant File: Aérospatiale SA 330 Puma". International Air Power Review, Volume 2 outono de 2001. Norwalk, CT, USA: AIRtime Publishing. ISBN 1-880588-34-X. ISSN 1473-9917. pp. 96–107.
- Keucher, Ernest. R. Military assistance and foreign policy. Air Force Institute of Technology, 1989. ISBN 0-91617-101-9.
- Leishman, J. Gordon. Principles of Helicopter Aerodynamics. Cambridge University Press, 2006. ISBN 0-52185-860-7.
- McGowen, Stanley S. Helicopters: An Illustrated History Of Their Impact. ABC-CLIO, 2005. ISBN 1-85109-468-7.
- Neal, Molly. "SNIAS-Westland SA.330 Puma." Flight International, 14 May 1970. pp. 810–817.
- Ripley, Tim. Conflict in the Balkans 1991–2000. Osprey Publishing, 2010. ISBN 1-84176-290-3.
- Ryan, Mike. The Operators: Inside the World's Special Forces. HarperCollins, 2005. ISBN 0-00719-937-6.
- Smith, Gordon. Battle Atlas of the Falklands War 1982. Naval-History.net, 2006. ISBN 1-84753-950-5.
- Taylor, John W. R., ed. Jane's All the World's Aircraft 1976–77. Londres: Macdonald and Jane's, 1976. ISBN 0-354-00538-3.
- Titley. Brian. Dark Age: The Political Odyssey of Emperor Bokassa. McGill-Queen's Press, 1997. ISBN 0-77357-046-2.