Saltar ao contido

Aérospatiale SA 330 Puma: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
amplio de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 22: Liña 22:


== Desenvolvemento ==
== Desenvolvemento ==
O SA 330 Puma foi desenvolvido orixinalmente por [[Sud Aviation]] para cumprir un requerimento da Armada francesa para un helicóptero medio todotempo capaz de levar ata 20 soldados ademais de realizar varias tarefas de carga. Elixíuse facer un deseño completamente novo para o helicóptero e comezouse a traballar nel en [[1963]] coa axuda do goberno francés.<ref>McGowen 2005, p. 123</ref> O primeiro dos dous prototipos do Puma voou o [[15 de abril]] de [[1965]]; tamén se construíron seis modelos de preprodución, o último deles voando o [[30 de xullo]] de [[1968]]. A primeira unidade de produción do SA 330 Puma voou por vez primeira en setembro de 1968, comezando as entregas á Armada a principios de [[1969]].<ref>Taylor 1976, p. 41</ref>
O SA 330 Puma foi desenvolvido orixinalmente por [[Sud Aviation]] para cumprir un requerimento da Armada francesa para un helicóptero medio todotempo capaz de levar ata 20 soldados ademais de realizar varias tarefas de carga. Elixiuse facer un deseño completamente novo para o helicóptero e comezouse a traballar nel en [[1963]] coa axuda do goberno francés.<ref>McGowen 2005, p. 123</ref> O primeiro dos dous prototipos do Puma voou o [[15 de abril]] de [[1965]]; tamén se construíron seis modelos de preprodución, o último deles voando o [[30 de xullo]] de [[1968]]. A primeira unidade de produción do SA 330 Puma voou por vez primeira en setembro de 1968, comezando as entregas á Armada a principios de [[1969]].<ref>Taylor 1976, p. 41</ref>


En 1967 o Puma foi seleccionado pola [[Royal Air Force]] (RAF), que quedou impresionada polo rendemento do aparello. Na RAF recibiu a designación Puma HC Mk 1. Asinouse un importante acordo de fabricación entre [[Aérospatiale]] e [[Westland Helicopters]]; a colaboración entre as dúas compañías tamén resultou nas posteriores compras do [[Aérospatiale Gazelle]] polo [[Reino Unido]] e do [[Westland Lynx]] por [[Francia]]. En virtude do acordo, Westland fabricou varios compoñentes para o Puma e ademais realizou a montaxe dos aparellos pedidos pola RAF.<ref>Lake 2001, pp. 97–98</ref><ref>James 1991, pp. 485-486</ref><ref>Frawley 1997, p. 13</ref>
En 1967 o Puma foi seleccionado pola [[Royal Air Force]] (RAF), que quedou impresionada polo rendemento do aparello. Na RAF recibiu a designación Puma HC Mk 1. Asinouse un importante acordo de fabricación entre [[Aérospatiale]] e [[Westland Helicopters]]; a colaboración entre as dúas compañías tamén resultou nas posteriores compras do [[Aérospatiale Gazelle]] polo [[Reino Unido]] e do [[Westland Lynx]] por [[Francia]]. En virtude do acordo, Westland fabricou varios compoñentes para o Puma e ademais realizou a montaxe dos aparellos pedidos pola RAF.<ref>Lake 2001, pp. 97–98</ref><ref>James 1991, pp. 485-486</ref><ref>Frawley 1997, p. 13</ref>

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2018 ás 11:42

Aérospatiale SA 330 Puma
HC1 Puma da RAF
Tipohelicóptero utilitario
FabricanteSud Aviation, Aérospatiale
Primeiro voo15 de abril de 1965
Introducido1968
Produción1968-1987
Unidades construídas697
VariantesIAR 330

O Aérospatiale SA 330 Puma é un helicóptero de transporte/utilitario mediano con catro palas. O Puma foi construído orixinalmente pola empresa francesa Sud Aviation e posteriormente pasou a ser producido por Aérospatiale. Tamén foi fabricado baixo licenza en Romanía como o IAR 330, e en Suráfrica producíronse dous derivados avanzados sen licenza, o Denel Rooivalk e o Atlas Oryx. O Puma foi un éxito comercial e rapidamente desenvolvéronse modelos máis avanzados como o AS332 Super Puma e o AS532 Cougar, fabricados por Eurocopter dende principios dos anos 90. Estes descendentes do Puma aínda seguen fabricándose no presente.

O Puma participou en combate en varios teatros operado por distintos países; entre as operacións máis significativas están a guerra do Golfo, a guerra da fronteira de Suráfrica, a guerra colonial portuguesa, as guerras iugoslavas, a guerra civil libanesa, a guerra de Iraq, e a guerra das Malvinas. O tipo tamén foi moi popular no servizo civil voando cunha gran cantidade de operadores.

Desenvolvemento

O SA 330 Puma foi desenvolvido orixinalmente por Sud Aviation para cumprir un requerimento da Armada francesa para un helicóptero medio todotempo capaz de levar ata 20 soldados ademais de realizar varias tarefas de carga. Elixiuse facer un deseño completamente novo para o helicóptero e comezouse a traballar nel en 1963 coa axuda do goberno francés.[1] O primeiro dos dous prototipos do Puma voou o 15 de abril de 1965; tamén se construíron seis modelos de preprodución, o último deles voando o 30 de xullo de 1968. A primeira unidade de produción do SA 330 Puma voou por vez primeira en setembro de 1968, comezando as entregas á Armada a principios de 1969.[2]

En 1967 o Puma foi seleccionado pola Royal Air Force (RAF), que quedou impresionada polo rendemento do aparello. Na RAF recibiu a designación Puma HC Mk 1. Asinouse un importante acordo de fabricación entre Aérospatiale e Westland Helicopters; a colaboración entre as dúas compañías tamén resultou nas posteriores compras do Aérospatiale Gazelle polo Reino Unido e do Westland Lynx por Francia. En virtude do acordo, Westland fabricou varios compoñentes para o Puma e ademais realizou a montaxe dos aparellos pedidos pola RAF.[3][4][5]

O SA 330 foi un éxito no mercado de exportación, numerosos países mercaron variantes militares do Puma para servir nas súas forzas armadas; o tipo tamén foi popular no mercado civil, sendo moi usado para tarefas de transporte en plataformas petrolíferas.[6] Durante a maior parte dos anos 70 o SA 330 Puma foi o helicóptero de tansporte producido en Europa máis vendido.[7] En xullo de 1978 xa foran entregados uns 50 Puma a clientes civís e toda a frota acumulara 500 000 horas de voo.[8]

Romanía chegou a un acordo con Aérospatiale para producir o Puma baixo licenza como o IAR 330, fabricando polo menos 163 unidades para as forzas armadas do país, operadores civís e varios clientes de exportación.[9] Indonesia tamén fabricou localmente o SA 330.[10] Suráfrica, un entusiasta usuario do modelo, realizou o seu gran propio programa de modificación e fabricación realizado pola empresa estatal Atlas Aircraft para mellorar os seus Puma, o aparello resultante foi chamado Oryx. Nos anos 90 Denel tamén desenvolvería un helicóptero de ataque para a Forza Aérea de Suráfrica baseado no Puma e coñecido como o Denel Rooivalk.[9]

En 1974 Aérospatiale comezou a desenvolver variantes do Puma melloradas co obxectivo de producir un sucesor do modelo; eses esforzos culminaron no AS332 Super Puma. O primeiro prototipo do AS332 Super Puma voou o 15 de setembro de 1978 e contaba con motores máis potentes e unha fuselaxe ampliada máis aerodinámica e eficiente. En 1980 a produción do AS332 Super Puma superou ao do SA 330 Puma.[11] A fabricación do SA 330 Puma por parte de Aérospatiale rematou en 1987,[12] e nese momento vendéranse 697 unidades;[13] a produción en Romanía continuou ata o século XXI.[11]

Notas

  1. McGowen 2005, p. 123
  2. Taylor 1976, p. 41
  3. Lake 2001, pp. 97–98
  4. James 1991, pp. 485-486
  5. Frawley 1997, p. 13
  6. Green 1978, p. 70
  7. Leishman 2006, p. 43
  8. "Aerospatiale chases civil helicopter sales". Flight International. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  9. 9,0 9,1 McGowen 2005, p. 124
  10. "1965: SA330 "Puma"". Eurocopter. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  11. 11,0 11,1 McGowen 2005, p. 154
  12. Lake 2001, p. 100
  13. Taylor 1988, p. 57

Bibliografía

  • Frawley, Gerard. The International Directory of Civil Aircraft. Aerospace Publications Pty Ltd, 1997 ISBN 1-875671-26-9.
  • Green, William. The illustrated encyclopedia of the world's commercial aircraft. Crescent Books, 1978. ISBN 0-51726-287-8.
  • James, Derek N. Westland Aircraft since 1915. London: Putnam, 1991. ISBN 0-85177-847-X.
  • Lake, Jon. "Variant File: Aérospatiale SA 330 Puma". International Air Power Review, Volume 2 outono de 2001. Norwalk, CT, USA: AIRtime Publishing. ISBN 1-880588-34-X. ISSN 1473-9917. pp. 96–107.
  • Leishman, J. Gordon. Principles of Helicopter Aerodynamics. Cambridge University Press, 2006. ISBN 0-52185-860-7.
  • McGowen, Stanley S. Helicopters: An Illustrated History Of Their Impact. ABC-CLIO, 2005. ISBN 1-85109-468-7.
  • Taylor, John W. R., ed. Jane's All the World's Aircraft 1976–77. London: Macdonald and Jane's, 1976. ISBN 0-354-00538-3.