Saltar ao contido

.cat: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
retiro interwiki
m Arranxos varios using AWB
Liña 23: Liña 23:
* A '''primeira fase''' de rexistro abriuse o [[13 de febreiro]] de [[2006]] e durou ata o [[21 de abril]]. Esta fase estivo restrinxida ás entidades que tivesen unha especial vocación coa promoción da lingua e a cultura catalás.

* A '''segunda fase''' de rexistro aberta a todo o mundo, empezou o [[20 de febreiro]] de [[2006]] e durou ata o [[21 de abril]]. Reservouse a entidades de todo tipos con presenza en catalán en Internet.

* A '''terceira fase''', comezou o [[27 de febreiro]] ata o [[21 de abril]] de [[2006]], en paralelo á segunda, e reservouse ás máis de 68 000 persoas, entidades e empresas que se achegaron á campaña de apoio á candidatura do .cat.

== Historia ==
== Historia ==
En [[1996]] creouse a Asociación en Defensa do Dominio .ct ([[ADD.CT]]). Esta petición implicaba a homologación do código territorial de dúas letras para [[Cataluña]] na norma [[ISO 3166-1]]. Aprobouse unha proposición non de lei no Parlamento de Cataluña que instaba á [[Generalitat de Catalunya]] a lograr esta homologación. En [[2001]] creouse a Asociación puntCAT, na cal participa ADD.CT, para conseguir un dominio, agora de tres letras e referido á comunidade lingüística e cultural de lingua catalá, aproveitando as posibilidades dos novos [[dominio de internet patrocinado|dominios patrocinados]]. O [[16 de marzo]] de [[2004]] a Asociación puntCAT presentou a candidatura do dominio ''.cat'' ante a ICANN. A candidatura recibiu o apoio de 68 000 persoas, empresas e entidades, número nunca logrado por outra candidatura.

O [[15 de setembro]] de [[2005]] o dominio foi aprobado oficialmente.
O [[15 de setembro]] de [[2005]] o dominio foi aprobado oficialmente.

== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 9 de xuño de 2016 ás 21:07

.cat
Ano de creación2005
En servizo desde2006
Tipodominio patrocinado
Estadoactivo
RexistradorFundación PuntCat
PatrocinadorFundación PuntCat
FinalidadeWebs de Cataluña
PaísCatalunya, España
Webdomini.cat
editar datos en Wikidata ]

O dominio .cat é un dominio de internet de primeiro nivel xenérico que forma parte do sistema de dominios de internet patrocinados (sponsored TLD en inglés) para a lingua catalá e a súa cultura. Foi aprobado oficialmente o 15 de setembro do 2005 pola ICANN. Está xestionado pola Fundación puntCat.

O dominio .cat é o primeiro que se concede a unha comunidade lingüística. Os criterios para que un sitio web teña o dominio .cat son que estean en catalán ou que estea relacionada coa cultura catalá. A ICANN prohibiu expresamente que se utilice o dominio .cat para páxinas de gatos (cat en inglés), a non ser que estean en catalán ou teña que ver coa cultura catalá.

O alfabeto catalán nos nomes de dominio

Desde o seu inicio, o dominio .cat pon en funcionamento a especificación IDN (Internationalized Domain Names, nomes de dominio internacionalizados), permitindo a utilización de caracteres de linguas diferentes ao inglés. Deste xeito, os nomes de dominios .cat poden levar calquera carácter do alfabeto catalán, a excepción do apóstrofo. Isto inclúe nomes de dominio con tiles, o punto medio, a diérese ou a cedilla. O dominio .cat é un dos primeiros dominios en poñer en funcionamento IDN, xunto co de Chile (.cl).

Rexistro progresivo

O dominio .cat tivo un calendario de rexistro en tres fases:

  • A primeira fase de rexistro abriuse o 13 de febreiro de 2006 e durou ata o 21 de abril. Esta fase estivo restrinxida ás entidades que tivesen unha especial vocación coa promoción da lingua e a cultura catalás.
  • A segunda fase de rexistro aberta a todo o mundo, empezou o 20 de febreiro de 2006 e durou ata o 21 de abril. Reservouse a entidades de todo tipos con presenza en catalán en Internet.
  • A terceira fase, comezou o 27 de febreiro ata o 21 de abril de 2006, en paralelo á segunda, e reservouse ás máis de 68 000 persoas, entidades e empresas que se achegaron á campaña de apoio á candidatura do .cat.

Historia

En 1996 creouse a Asociación en Defensa do Dominio .ct (ADD.CT). Esta petición implicaba a homologación do código territorial de dúas letras para Cataluña na norma ISO 3166-1. Aprobouse unha proposición non de lei no Parlamento de Cataluña que instaba á Generalitat de Catalunya a lograr esta homologación. En 2001 creouse a Asociación puntCAT, na cal participa ADD.CT, para conseguir un dominio, agora de tres letras e referido á comunidade lingüística e cultural de lingua catalá, aproveitando as posibilidades dos novos dominios patrocinados. O 16 de marzo de 2004 a Asociación puntCAT presentou a candidatura do dominio .cat ante a ICANN. A candidatura recibiu o apoio de 68 000 persoas, empresas e entidades, número nunca logrado por outra candidatura.

O 15 de setembro de 2005 o dominio foi aprobado oficialmente.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas