.cat: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{dominios |
{{dominios |
||
|nome= .cat |
|||
|anocreado= 2005 |
|||
|tipo= dominio patrocinado |
|||
|estado= activo |
|||
|rexistrador= Fundación PuntCat |
|||
|patrocinador= Fundación PuntCat |
|||
|usodestinado= Webs de [[Cataluña]] |
|||
|paísorixe= [[Cataluña|Catalunya]], [[España]] |
|||
|sitioweb=[http://www.domini.cat domini.cat] |
|||
}} |
|||
}} |
|||
O dominio '''.cat''' é un [[dominio de internet]] xenérico que forma parte do sistema de [[dominio de internet patrocinado|dominios de internet patrocinados]] (''sponsored TLD'' en [[lingua inglesa|inglés]]) para a [[lingua catalá]] e a súa cultura. Foi aprobado oficialmente o [[15 de setembro]] do [[2005]] pola [[ICANN]]. Está xestionado pola [[Fundación puntCat]]. |
O dominio '''.cat''' é un [[dominio de internet]] de primeiro nivel xenérico que forma parte do sistema de [[dominio de internet patrocinado|dominios de internet patrocinados]] (''sponsored TLD'' en [[lingua inglesa|inglés]]) para a [[lingua catalá]] e a súa cultura. Foi aprobado oficialmente o [[15 de setembro]] do [[2005]] pola [[ICANN]]. Está xestionado pola [[Fundación puntCat]]. |
||
O dominio ''.cat'' é o primeiro que se concede a unha comunidade lingüística. Os criterios para que un sitio web teña o dominio .cat son que estean en catalán ou que estea relacionada coa cultura catalá. A ICANN prohibiu expresamente que se utilice o dominio .cat para páxinas de [[gato]]s (''cat'' en inglés), a non ser que estean en catalán ou teña que ver coa cultura catalá. |
O dominio ''.cat'' é o primeiro que se concede a unha comunidade lingüística. Os criterios para que un sitio web teña o dominio .cat son que estean en catalán ou que estea relacionada coa cultura catalá. A ICANN prohibiu expresamente que se utilice o dominio .cat para páxinas de [[gato]]s (''cat'' en inglés), a non ser que estean en catalán ou teña que ver coa cultura catalá. |
Revisión como estaba o 24 de xuño de 2013 ás 21:15
.cat | |
---|---|
Ano de creación | 2005 |
Tipo | dominio patrocinado |
Estado | activo |
Rexistrador | Fundación PuntCat |
Patrocinador | Fundación PuntCat |
Finalidade | Webs de Cataluña |
País | Catalunya, España |
Web | domini.cat |
[ editar datos en Wikidata ] |
O dominio .cat é un dominio de internet de primeiro nivel xenérico que forma parte do sistema de dominios de internet patrocinados (sponsored TLD en inglés) para a lingua catalá e a súa cultura. Foi aprobado oficialmente o 15 de setembro do 2005 pola ICANN. Está xestionado pola Fundación puntCat.
O dominio .cat é o primeiro que se concede a unha comunidade lingüística. Os criterios para que un sitio web teña o dominio .cat son que estean en catalán ou que estea relacionada coa cultura catalá. A ICANN prohibiu expresamente que se utilice o dominio .cat para páxinas de gatos (cat en inglés), a non ser que estean en catalán ou teña que ver coa cultura catalá.
O alfabeto catalán nos nomes de dominio
Desde o seu inicio, o dominio .cat implementa a especificación IDN (Internationalized Domain Names, nomes de dominio internacionalizados), permitindo a utilización de caracteres de linguas diferentes ao inglés. Deste xeito, os nomes de dominios .cat poden levar calquera carácter do alfabeto catalán, a excepción do apóstrofo. Isto inclúe nomes de dominio con tiles, o punto medio, a diérese ou a cedilla. O dominio .cat é un dos primeiros dominios en implementar IDN, xunto co de Chile (.cl).
Rexistro progresivo
O dominio .cat tivo un calendario de rexistro en tres fases:
- A primeira fase de rexistro abriuse o 13 de febreiro de 2006 e durou ata o 21 de abril. Esta fase estivo restrinxida ás entidades que tivesen unha especial vocación coa promoción da lingua e a cultura catalás.
- A segunda fase de rexistro aberta a todo o mundo, empezou o 20 de febreiro de 2006 e durou ata o 21 de abril. Reservouse a entidades de todo tipos con presenza en catalán en Internet.
- A terceira fase, comezou o 27 de febreiro ata o 21 de abril de 2006, en paralelo á segunda, e reservouse ás máis de 68.000 persoas, entidades e empresas que se achegaron á campaña de apoio á candidatura do .cat.
Historia
En 1996 creouse a Asociación en Defensa do Dominio .ct (ADD.CT). Esta petición implicaba a homologación do código territorial de dúas letras para Cataluña na norma ISO 3166-1. Aprobouse unha proposición non de lei no Parlamento de Cataluña que instaba á Generalitat de Catalunya a lograr esta homologación. En 2001 creouse a Asociación puntCAT, na cal participa ADD.CT, para conseguir un dominio, agora de tres letras e referido á comunidade lingüística e cultural de lingua catalá, aproveitando as posibilidades dos novos dominios patrocinados. O 16 de marzo de 2004 a Asociación puntCAT presentou a candidatura do dominio .cat ante a ICANN. A candidatura recibiu o apoio de 68.000 persoas, empresas e entidades, número nunca logrado por outra candidatura.
O 15 de setembro de 2005 o dominio foi aprobado oficialmente.