Folosa das canaveiras: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Engado: pcd:Pipi cracra |
m r2.7.3) (Bot: Engado: ceb:Acrocephalus scirpaceus |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
[[br:Rouzegan-korz]] |
[[br:Rouzegan-korz]] |
||
[[ca:Boscarla de canyar]] |
[[ca:Boscarla de canyar]] |
||
[[ceb:Acrocephalus scirpaceus]] |
|||
[[cs:Rákosník obecný]] |
[[cs:Rákosník obecný]] |
||
[[cy:Telor y Cyrs]] |
[[cy:Telor y Cyrs]] |
Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2013 ás 17:39
Folosa das canaveiras | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | ||||||||||||
| ||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
| ||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Acrocephalus scirpaceus | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus) é unha ave da familia dos sílvidos (Sylviidae) e do xénero das folosas ou acrocefálidos (Acrocephalus).
Descrición
Son folosas de tamaño mediano. Miden de 12,5 a 14 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas que vai dos 17 os 21 cm. Pesan entre 10 e 15 gramos. Os adultos teñen a parte superior do corpo castaña e a inferior branca amarelada. A testa é cha e o bico forte e aguzado. As aves dos dous sexos son semellantes. Poden vivir ata 12 anos e acadan velocidades de voo de 10 metros por segundo.
O seu canto é lento e pouco destacable, formado por estrofas curtas ás que se xuntan os típicos asubíos e a capacidade para imitar a outras aves dos acrocefálidos.
Distribución xeográfica e hábitat
Crían en Europa e nas zonas temperadas do oeste de Asia. Son aves migratorias, que pasan o inverno na África sub-sahariana. Nas partes centrais de Europa están presentes entre abril e outubro. As datas e a dirección das migracións, que os levan a viaxaren distancias de ata 6000 km., están xeneticamente marcadas.
Viven entre os xuncos e o carrizal mesto e entre a vexetación das beiras de ríos, lagos, estanques e pantanos.
Alimentación
Aliméntanse agatuñando e choutando entre as plants mestas. As súas presas principais son arañas, insectos e larvas, pequenos moluscos e invertebrados en xeral.
Reprodución
Maduran cando teñen un ano. A época de reprodución concéntrase entre maio e xullo. Tecen un niño de herbas e carrizos que sitúan protexido nos canavais, pendurado sobre a auga entre entre os talos de tres ou catro carrizos ou xuncos. Poñen de 3 a 4 ovos, que os dous pais se roldan para chocar entre 11 e 14 días. Os polos pasan de 10 a 14 días no niño. Crían dúas ou tres niñadas por ano. Os seus niños son parasitados habitualmente polos cucos, que poñen ovos de cores semellantes.
Situación
As estimacións para Europa calculan a súa poboación nuns 3 millóns de parellas reprodutoras
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Folosa das canaveiras |