Saltar ao contido

Casa das Ciencias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:

O planetario, denominado Sala de Proxección [[Galileo]], permite representar sobre unha cúpula de 10 metros de diámetro todos os [[astro]]s visíbeis a simple vista desde a [[Terra (planeta)|Terra]] e reproducir os movementos que se observan no ceo. Pode mostrar o [[firmamento]] tal e como se ve desde calquer punto do planeta ou as posicións dos planetas noutras épocas. A capacidade é de 84 butacas.

==Véxase tamén==
*[[Casa do Home]]
*[[Casa dos Peixes]]

==Ligazóns externas==
==Ligazóns externas==
*[http://www.casaciencias.org Sitio web da Casa das Ciencias]
*[http://www.casaciencias.org Sitio web da Casa das Ciencias]

Revisión como estaba o 20 de decembro de 2008 ás 03:42

Casa das Ciencias
A Gioconda, construída con 10.000 fotografías de persoas de todo o mundo.

A Casa das Ciencias é un dos "Museos científicos coruñeses". Está situado no Parque de Santa Margarida. Contén, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes, unha incubadora onde se poden ver nacer pitiños de galiña, exposicións e un planetario que ofrece programas en directo e gravados. Concebiuse como un lugar para se divertir coa ciencia e Umberto Eco calificouno de museo máis formidable do mundo.

O logotipo da Casa das Ciencias (visto aquí na súa fachada) baséase na historia da mazá de Newton.

É un edificio de planta octogonal rodeada por un pórtico. Comezouse a construir na década de 1950 para funcionar como emisora de radio mais non se rematou e a súa estrutura abandonada coñecíase como "O palacete". O proxecto foi rematado en 1985 polo arquitecto Felipe Peña.

Conta con catro salas dedicadas a exposicións interactivas máis un planetario. No ras do chan destaca un péndulo de Foucault, realizado cunha esfera maciza de 120 quilos pendurada dun cabo de máis de 14 metros de lonxitude.

No primeiro andar atópase a sala de experiencias, dedicada precisamente a experiencias sobre o mundo físico, con módulos interactivos que respostan ás accións dos visitantes. Hai tamén unha sala de exposicións temporais e outra de exposicións de natureza.

O planetario, denominado Sala de Proxección Galileo, permite representar sobre unha cúpula de 10 metros de diámetro todos os astros visíbeis a simple vista desde a Terra e reproducir os movementos que se observan no ceo. Pode mostrar o firmamento tal e como se ve desde calquer punto do planeta ou as posicións dos planetas noutras épocas. A capacidade é de 84 butacas.

Véxase tamén

Ligazóns externas