Baiona: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m Reemplazos con Replacer: «atacar ós» |
||
(Non se amosan 4 revisións feitas por 4 usuarios.) | |||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Coordenadas|42|7|9.39|N|8|50|59.05|W|display=title}} |
|||
{{Outros homónimos|Baiona (homónimos)}} |
{{Outros homónimos|Baiona (homónimos)}} |
||
{{Xeografía política}} |
|||
{{Concello |
|||
⚫ | '''Baiona''' é un concello da [[provincia de Pontevedra]], pertencente á [[comarca de Vigo]]. Segundo o [[Instituto Nacional de Estadística]] en [[2015]] tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|baionés}}.<ref>{{Costas2016|41}}</ref> Limita cos concellos de [[Oia]], [[Nigrán]], [[Gondomar]] e [[Tomiño]], e mais co [[océano Atlántico]]. |
||
| bandeira = Baiona flag.svg |
|||
| escudo = Coat of Arms of Baiona (Official).svg |
|||
| imaxe = [[Ficheiro:Vista do porto de Baiona desde Monterreal-cropped.jpg|300px]] |
|||
| pé = Panorámica do porto de Baiona. |
|||
| xentilicio = [[wikt:baionés|baionés/baionesa]] |
|||
| provincia = Pontevedra |
|||
| preposición1 = de |
|||
| comarca = Vigo |
|||
| preposición2 = de |
|||
| superficie = 34,5 |
|||
| entidades = [[Lugares de Baiona|49]] |
|||
| capital = Baiona |
|||
| elec ano = 2023 <ref>{{Cita web|título=Elecciones 2023|url=https://elecciones.locales2023.es/|data-acceso=20 de xuño de 2023|nome-editor=Ministerio del Interior|apelidos-editor=Goberno de España|lingua=es}}</ref> |
|||
| alcalde = Jesús Vázquez Almuíña |
|||
| partido =PP<ref>{{Cita web|título=El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2023/06/17/psdeg-gobernara-sobre-12-millones-gallegos-pp-667000-bng-360000/00031687024705325564420.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data-acceso=20 de xuño de 2023|lingua=es|}}</ref> |
|||
| bng = 1 |
|||
| pp = 11 |
|||
| psg-psoe = 5 |
|||
| outros = |
|||
| eleccións = [[Eleccións municipais en Baiona]] |
|||
| galego ano = 2011 |
|||
| totalgalego = 28,48 |
|||
| web = [https://www.baiona.gal/ www.baiona.gal] |
|||
}} |
|||
⚫ | '''Baiona''' é un concello da [[provincia de Pontevedra]], pertencente á [[comarca de Vigo]]. Segundo o [[Instituto Nacional de Estadística]] en [[2015]] tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|baionés}}<ref>{{ |
||
== Etimoloxía == |
== Etimoloxía == |
||
A orixe do topónimo ''Baiona'' foi, historicamente, froito de innumerábeis controversias. Estudos máis recentes{{quen}} parecen relacionar a orixe deste co próximo [[río Baíña]].{{Cómpre referencia}} O seu primeiro elemento "''bai''" derivaría do indoeuropeo "''ibai''" que significa ''veiga'' ou ''río''. O segundo elemento "''onna''" procede do [[Linguas célticas|celta]] e significa ''fonte'' ou ''río'', ou ben pode tratarse dun sufixo prerromano aumentativo. Así pois, para estes estudos, o topónimo de Baiona sería unha voz híbrida e tautolóxica coas posíbeis combinacións dos termos ''río'', ''veiga'' ou ''fonte''.{{Cómpre referencia}} Con todo, o nome usado ata [[1201]] foi o de Irizán (en latín ''[[Erizana]]''), de xeito que, na realidade, nese ano a vila foi renomeada polo rei [[Afonso VIII de Galicia e León]], que lle outorgou o topónimo da [[Baiona, Francia|cidade francesa homónima]].<ref>{{Cita publicación periódica |nome=Gonzalo |apelidos={{Versaleta|Navaza}} |ligazón-autor=Gonzalo Navaza |ano=2017 |título=A intervenção régia na toponímia galega medieval. Os nomes de Afonso IX (1188-1230) |revista=Guavira Letras |número=25 |páxinas=50-78, en 57-59 |localización=[[Três Lagoas]] |editorial=[[Universidade Federal de Mato Grosso do Sul]] |issn=1980-1858 |url=http://websensors.net.br/seer/index.php/guavira/article/viewFile/561/438}}</ref> |
|||
[[Fernando Cabeza Quiles]] e [[Gonzalo Navaza]] afirman que o topónimo |
A orixe do topónimo ''Baiona'' foi, historicamente, froito de innumerábeis controversias. [[Fernando Cabeza Quiles]] e [[Gonzalo Navaza]], investigadores na onomástica e na toponimia, afirman que o topónimo é copia ou traslado da [[Baiona, Francia|Baiona]] vasca no ano [[1202]] por iniciativa do rei [[Afonso VIII de León e Galicia|Afonso VIII]], o cal, cando lle concedeu unha carta de foro a esta vila galega, cambioulle o seu antigo nome de ''Irizán'' (latinizado en ''Erizana)'' polo actual de ''Baiona''. A escolla real puido ter intencións de prestixio e propiciatorias, xa que, o [[Porto (comunicacións)|porto]] da [[Baiona, Francia|Baiona francesa]] era moi importante e próspero na [[Idade Media]].<ref>{{Cita web|título=Nós Diario|url=https://hemeroteca.nosdiario.gal/sermos/177|páxina-web=hemeroteca.nosdiario.gal|data-acceso=2023-04-15}}</ref> |
||
Porén, outros estudos{{quen}} parecen relacionar a orixe deste co próximo [[río Baíña]].{{Cómpre referencia}} O seu primeiro elemento "''bai''" derivaría do indoeuropeo "''ibai''" que significa ''veiga'' ou ''río''. O segundo elemento "''onna''" procede do [[Linguas célticas|celta]] e significa ''fonte'' ou ''río'', ou ben pode tratarse dun sufixo prerromano aumentativo. Así pois, para estes estudos, o topónimo de Baiona sería unha voz híbrida e tautolóxica.{{Cómpre referencia}} |
|||
== Xeografía == |
== Xeografía == |
||
Liña 68: | Liña 45: | ||
Segundo a lenda, a vila de Baiona foi fundada no ano 140 a.C. por [[Diomedes de Etolia]], fillo do fundador de [[Tui]]. Este deulle o nome de Abobriga.<ref>{{Cita web|url = http://www.baiona.org/web/turismo/sobre-baiona/historia|autor = Concello de Baiona - Concellería de Turismo|título = Historia de Baiona|dataacceso = 08/11/2014}}</ref> |
Segundo a lenda, a vila de Baiona foi fundada no ano 140 a.C. por [[Diomedes de Etolia]], fillo do fundador de [[Tui]]. Este deulle o nome de Abobriga.<ref>{{Cita web|url = http://www.baiona.org/web/turismo/sobre-baiona/historia|autor = Concello de Baiona - Concellería de Turismo|título = Historia de Baiona|dataacceso = 08/11/2014}}</ref> |
||
Nesta época, os [[República Romana|romanos]] dominaban a [[Península Ibérica]] e decidiron expulsar ós [[Cartago|cartaxineses]]. Para combater as protestas, o cónsul [[Flavio Serviliano]] chegou ao recinto fortificado de [[Erizana]], que era como entón se chamaba Baiona. Tamén no 60 a.C. [[Xulio César]] e as súas tropas amarraron en Erizana para atacar |
Nesta época, os [[República Romana|romanos]] dominaban a [[Península Ibérica]] e decidiron expulsar ós [[Cartago|cartaxineses]]. Para combater as protestas, o cónsul [[Flavio Serviliano]] chegou ao recinto fortificado de [[Erizana]], que era como entón se chamaba Baiona. Tamén no 60 a.C. [[Xulio César]] e as súas tropas amarraron en Erizana para atacar os [[herminios]] que estaban refuxiados nas [[Illas Cíes]]. |
||
O rei [[visigodo]] [[Recaredo]], conquistouna e anexionouna ó seu [[monarquía|reino]]. |
O rei [[visigodo]] [[Recaredo]], conquistouna e anexionouna ó seu [[monarquía|reino]]. |
||
Liña 80: | Liña 57: | ||
No 1331, foi atacada polo almirante [[Portugal|portugués]] [[Pezaña]] e no 1370, [[Fernando I de Portugal]] fixa a súa residencia na [[Castelo de Monterreal|fortaleza de Monterreal]]. |
No 1331, foi atacada polo almirante [[Portugal|portugués]] [[Pezaña]] e no 1370, [[Fernando I de Portugal]] fixa a súa residencia na [[Castelo de Monterreal|fortaleza de Monterreal]]. |
||
Logo de pasar por uns momentos de desfeita polas guerras e disputas, en [[1429|1425]] [[Xoán II de Castela]] outorgoulle ao porto o privilexio, compartido coa [[Coruña]], de carga e descarga de mercadorías procedentes do exterior. |
Logo de pasar por uns momentos de desfeita polas guerras e disputas, en [[1429|1425]] [[Xoán II de Castela]] outorgoulle ao porto o privilexio, compartido coa [[A Coruña|Coruña]], de carga e descarga de mercadorías procedentes do exterior. |
||
En 1474, foi asaltada por [[Pedro Madruga]], Pedro Álvarez de Soutomaior, e constrúe unha torre na fortaleza de Monterreal. E en 1475, o rei [[Afonso V de Portugal]], xunto cos baioneses, réndese ante ós Reis Católicos. |
En 1474, foi asaltada por [[Pedro Madruga]], Pedro Álvarez de Soutomaior, e constrúe unha torre na fortaleza de Monterreal. E en 1475, o rei [[Afonso V de Portugal]], xunto cos baioneses, réndese ante ós Reis Católicos. |
Revisión actual feita o 27 de maio de 2024 ás 20:46
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra ![]() | ||||
Capital | Baiona ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.407 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 35,35 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Altitude | 622 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Jesús Vázquez Almuíña ![]() | ||||
Eleccións municipais en Baiona ![]() | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36300 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36003 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | baiona.gal ![]() |
Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés.[1] Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo Baiona foi, historicamente, froito de innumerábeis controversias. Fernando Cabeza Quiles e Gonzalo Navaza, investigadores na onomástica e na toponimia, afirman que o topónimo é copia ou traslado da Baiona vasca no ano 1202 por iniciativa do rei Afonso VIII, o cal, cando lle concedeu unha carta de foro a esta vila galega, cambioulle o seu antigo nome de Irizán (latinizado en Erizana) polo actual de Baiona. A escolla real puido ter intencións de prestixio e propiciatorias, xa que, o porto da Baiona francesa era moi importante e próspero na Idade Media.[2]
Porén, outros estudos[quen?] parecen relacionar a orixe deste co próximo río Baíña.[Cómpre referencia] O seu primeiro elemento "bai" derivaría do indoeuropeo "ibai" que significa veiga ou río. O segundo elemento "onna" procede do celta e significa fonte ou río, ou ben pode tratarse dun sufixo prerromano aumentativo. Así pois, para estes estudos, o topónimo de Baiona sería unha voz híbrida e tautolóxica.[Cómpre referencia]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita cos concellos de Nigrán, Gondomar e Oia. Diferéncianse dúas zonas, o interior, que se ergue até altitudes que superan os 600 m no Alto da Groba e no alto da Gabiñeira e a costa, bañada polo océano Atlántico e con outeiros que permiten enxergar a ría e as Illas Cíes. A parte norte desta é rochosa e nela atópanse illotes como Illa Carral, Illa Negra ou Illas Polbeiras; na parte sur hai sobre todo praias.
Os ríos son todos pequenos, destacando o río da Groba, que, nun tramo, serve de límite con Gondomar e o río Miñor, que desauga na baía de Baiona. As temperaturas son suaves.
Historia
[editar | editar a fonte]![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2022.) |
Fundación e Idade Antiga
[editar | editar a fonte]Segundo a lenda, a vila de Baiona foi fundada no ano 140 a.C. por Diomedes de Etolia, fillo do fundador de Tui. Este deulle o nome de Abobriga.[4]
Nesta época, os romanos dominaban a Península Ibérica e decidiron expulsar ós cartaxineses. Para combater as protestas, o cónsul Flavio Serviliano chegou ao recinto fortificado de Erizana, que era como entón se chamaba Baiona. Tamén no 60 a.C. Xulio César e as súas tropas amarraron en Erizana para atacar os herminios que estaban refuxiados nas Illas Cíes.
O rei visigodo Recaredo, conquistouna e anexionouna ó seu reino.
Idade Media
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a2/Afonso_IX._Escultura_en_Baiona_Galiza.jpg/220px-Afonso_IX._Escultura_en_Baiona_Galiza.jpg)
Entre os anos 730 e 750, é dominada polos árabes. Pérdena grazas a Afonso I de Asturias, aínda que no 997 volve caer en mans árabes pola súa importancia xeográfica, por culpa do rei Almanzor.
O 7 de maio de 1201 o Afonso VIII de León e Galicia asina en Faro (hoxe A Coruña), concedéndolle a Carta Póboa, na que se permite o troco de nome do primitivo núcleo Erizana a Baiona. Ademais concedeulle privilexios e foros ós habitantes, deixando de estar baixo ó Mosteiro de Santa María de Oia.
No 1331, foi atacada polo almirante portugués Pezaña e no 1370, Fernando I de Portugal fixa a súa residencia na fortaleza de Monterreal.
Logo de pasar por uns momentos de desfeita polas guerras e disputas, en 1425 Xoán II de Castela outorgoulle ao porto o privilexio, compartido coa Coruña, de carga e descarga de mercadorías procedentes do exterior.
En 1474, foi asaltada por Pedro Madruga, Pedro Álvarez de Soutomaior, e constrúe unha torre na fortaleza de Monterreal. E en 1475, o rei Afonso V de Portugal, xunto cos baioneses, réndese ante ós Reis Católicos.
O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Cristóbal García Sarmiento, logo de extraviarse no medio do Atlántico, tocou porto por primeira vez aquí ao regreso da primeira viaxe de Colón; sendo así, o primeiro lugar de Europa en ter a noticia da chegada da expedición de Colón de volta do que crían que eran as Indias.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]No 1497, os Reis Católicos concedéronlle ós 650 habitantes da vila a exención de servir na Armada de Castela, a licenza de emprender pola súa conta a guerra en corso e o dereito de vivir na fortaleza de Monterreal, para protexerse das invasións estranxeiras. Amais concedéronlle a Baiona os títulos de Nobre e de Leal Vila.
No século XVI, Baiona tomou importancia sendo cabeza de Partido. Os habitantes deixaron de vivir na fortaleza. No ano 1553, 56 navíos franceses atracaron no porto e no 1540, unha peste minguou a poboación. No ano 1585 o corsario inglés Francis Drake atracou na península de Santa Marta coa intención de tomar á península de Monterreal, mais os miñoranos (liderados por Pedro Sarmiento de Acuña, o Conde de Gondomar), acabaron coa súa intención.
O rei Filipe II, mercou o feudo do Val Miñor, e concedeulle os privilexios de exención para servir na Armada Real, a creación dunha Cátedra de Gramática e a armada de 1.000 soldados, para acabar cos piratas.
Nos século XVII e XVIII, Baiona converteuse no principal porto da costa sur galega e a costa norte portuguesa. Todo isto traía beneficios, pero tamén prexuízos como: porto onde se cre que amarraron os galeóns da batalla de Rande ou ser tomada polo mariscal francés Soult. Ademais, os baioneses axudaron na Reconquista de Vigo.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ce/Cr%C3%B3nicas_hist%C3%B3ricas_de_la_villa_de_Bayona.jpg/220px-Cr%C3%B3nicas_hist%C3%B3ricas_de_la_villa_de_Bayona.jpg)
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]En 1823 deixou de ser a cabeza do Val Miñor, e constituíuse como tal o municipio de Baiona. En 1859 o Estado acabou coa fortaleza militar, abríndose unha poxa pública na que a adquiriu José Elduayen, marqués do pazo da Mercé. En 1880 Manuel Misa e Bertemati doou un edificio que pasou a funcionar como escola. O seu irmán, Ventura Misa, fundou en Xerez da Fronteira as adegas do viño de Xerez.
En 1910 colocouse a primeira pedra da Virxe da Rocha, e o 14 de setembro de 1930 inaugurouse a obra deseñada polo arquitecto Antonio Palacios. En 1936, logo do golpe de estado, foron fusilados nove miñoráns en Baredo. En 1943 a casa consistorial instaurouse na casa da Correa.
En 1966 inaugurouse o Parador Nacional de Baiona, despois de mercarlle o Ministerio de Información e Turismo o castelo de Monterreal ós herdeiros de Brediñana.
Símbolos
[editar | editar a fonte]O escudo municipal foi aprobado mediante o Decreto 65/2005 de 31 de marzo e publicado no DOG (Diario Oficial de Galicia) o 15 de abril de 2005.[5] O boi fai referencia á Monte do Boi e a carabela representa La Pinta, o buque que arribou en Baiona coa nova do Descubrimento de América. Os escudos máis antigos atopados áchanse na capela de Santa Liberata, construída no ano 1695.
A bandeira municipal está composta por catro triángulos, os superiores e inferiores son azuis e os dereitos e esquerdos, vermellos. Data desde 1591, grazas a unha carta de Filipe II ó marqués de Cerralbo. O seu uso caeu a mediados do século XIX. Volveu ondear no concello en 1981.
Demografía
[editar | editar a fonte]O 25 % da poboación vive na capital, Baiona.
Censo total 2021 | 12.286 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.500 (12.21 %) |
Entre 15 e 64 anos | 8.071 (65.69 %) |
Maiores de 64 anos | 2.715 (22.10 %) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/timeline/62fc2phx9idz7f93kuhomcbbbwek7yx.png)
Evolución da poboación de Baiona Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.423 | 5.596 | 6.420 | 9.702 | 11.337 | 12.154 | 12.258 | 12.063 | 12.035 | 12.233 | 12.072 | 12.119 | 12.169 | 12.134 | 12.122 | 12.129 | 12.286 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Baiona está orientada cara ao turismo, destacando o Parador Nacional de Baiona, así como o comercio retallista. A agricultura é de autoconsumo, se ben tamén se venden localmente os produtos da horta. Hai pesca de baixura e marisqueo.
As empresas son do sector da alimentación, os transformados metálicos e a madeira e destacou a construción.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Virxe da Rocha
- Fortaleza de Monte do Boi ou de Monterreal
- Cruceiro da Santísima Trindade
- Réplica da Carabela "La Pinta"
- Ex-Colexiata de Santa María de Baiona
- Faro de cabo Silleiro
- Casa da Navegación
- Capela de Santa Liberata
Festas municipais
[editar | editar a fonte]- Virxe da Anunciada
- Virxe do Carme
- Santa Liberata
- San Xoán
- A Arribada
- Romaría de San Cosme e San Damián
- Romaría da Virxe da Rocha
Deporte
[editar | editar a fonte]A vila conta cun porto deportivo. O Erizana Club de Fútbol fundouse en 1950.
Vilas e cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Quality Coast Gold Award 2013 [6]
- Sustainable Destinations Global "Top 100" 2014 [Cómpre referencia]
- Vilas Mariñeiras [cando?] [7]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Baiona.
-
Casa do concello.
-
Porto de Baiona.
Parroquias de Baiona
[editar | editar a fonte]Lugares de Baiona
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baiona vexa: Lugares de Baiona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 41. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Nós Diario". hemeroteca.nosdiario.gal. Consultado o 2023-04-15.
- ↑ "Fundación Europea de Educación Ambiental". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2016.
- ↑ Concello de Baiona - Concellería de Turismo. "Historia de Baiona". Consultado o 08/11/2014.
- ↑ Decreto 65/2005, do 31 de marzo, polo que se aproba o escudo do Concello de Baiona (Pontevedra)
- ↑ Concello de Baiona. "Calidade". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ "Sistema Integral de calidad turística en destino (SICTED)". www.turismodebaiona.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 2018-06-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baiona ![]() |
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Baiona |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarado, J. (1997). "Fueros cartas pueblas inéditas de Galicia" (PDF). Anuario de historia del derecho español (en castelán e latín) (67): 141–152. ISSN 0304-4319.
- Bermejo; Pallares; Pérez; Portela; Vázquez; Villares (1980). Historia de Galiza. Alhambra. p. 115. ISBN 84-205-0758-X.
- Fernández Rodríguez, Begoña (decembro 2013) «La creación de una identidad patrimonial. Baiona y el descubrimiento de América» en Revista Electrónica de Patrimonio Histórico 13, UGR.
- López Otero, Beatriz e Soraluce Blond, José Ramón (2013). Monterreal de Baiona. Transformaciones de un monumentoArquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. 55,63 MB ISBN 978-84-9749-579-0.
- Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana (en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo.
- Portela Silva, Ermelindo (1976). La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Una sociedad en la expansión y en la crisis. pp. 175–177.
- ——————; Pallares Méndez, Carmen (1991). Galicia na época Medieval. Proxecto Galicia, Historia II. A Coruña: Hércules de Ediciones. p. 351.
- Ramos González, Herminio (1925). Crónicas históricas de la villa de Bayona (en castelán). Madrid: Tipografía Artística.
- Santiago y Gómez, José de e Nogueira, Ulpiano (1902). Bayona antigua y moderna, Imprenta del Asilo de Huérfanos del Sagrado Corazón de Jesús. Madrid.
- Vedas Núñez, José-Pedro (2005). Aquella Baiona de los años 40 y 50.[1] ISBN 84-8198-613-5