Violencia
A violencia (do Lat. violentia) é un comportamento deliberado que resulta, ou pode resultar, en danos físicos ou psicolóxicos a outros seres humanos, ou máis comunmente a outros animais ou cousas (vandalismo) e adoita asociarse, aínda que non necesariamente, coa agresión, xa que tamén pode ser psicolóxica ou emocional, a través de ameazas ou ofensas. Algunhas formas de violencia son sancionadas pola lei, son crimes, ou reprobadas pola sociedade. Distintas sociedades aplican diversos estándares en canto ás formas de violencia que son ou non aceptadas.
Características
editarPor norma xeral, considérase violenta á persoa irrazonable, que se nega a dialogar e se obstina en actuar pese a quen pese, e caia quen caia. Adoita ser de carácter dominantemente egoísta, sen ningún exercicio da empatía. Todo o que viola o razoable é susceptible de ser catalogado como violento se se impón pola forza.
Existen varios tipos de violencia, incluíndo o abuso físico, abuso psicolóxico e abuso sexual. As súas causas poden variar e dependen de diferentes condicións, como situacións graves e insoportables na vida do individuo, falta de responsabilidade por parte dos seus pais, presión de grupo (que é común nas escolas), o resultado de non poder distinguir entre a realidade e a fantasía, entre outras causas.
Tipos
editar- Violencia directa: chamamos violencia directa á violencia física, aquela que ten por obxectivo ferir ou matar. Neste tipo de violencia incluímos as agresións físicas e outras formas.
- Violencia natural levada a cabo pola natureza, sería o único tipo de violencia xerada de forma allea ó home, á súa vontade,
- Violencia estrutural: consiste en agredir a unha agrupacion colectiva desde a mesma estrutura política ou económica. Así, considéranse casos de violencia estrutural aqueles nos que o sistema causa fame, miseria, enfermidade ou ata morte á poboación. Serían, en definitiva, aqueles sistemas que non achegan as necesidades básicas á súa poboación pola mesma formación. Se nos remitimos á definición de violencia como a aplicación de métodos fóra do natural a persoas ou cousas para vencer a súa resistencia, levaría a falar de abuso de autoridade no que alguén cre ter poder por sobre outro. Xeralmente dáse nas relacións asimétricas, o home por sobre a muller ou o pai por sobre o fillo, para exercer o control. Aínda que, a máis común é a violencia física, manifestada a través de golpes, que deixan marcas no corpo, hai outro tipo de violencia que moitas veces é máis hostil que a primeira, é a violencia emocional plasmada a través de desvalorizacións, ameazas, críticas que funcionan como mandato cultural nalgunhas familias ou grupos sociais.
- Violencia cultural: refírese ós aspectos da cultura que achegan unha lexitimidade á utilización dos instrumentos da violencia que nomeamos anteriormente. Así, por exemplo, pódese aceptar a violencia na defensa da fe ou a relixión. Un caso de violencia cultural pode ser o dunha relixión que xustifique guerras santas ou atentados terroristas, por exemplo.
- Violencia xuvenil: refírese ós actos fisicamente destrutivos (vandalismo) que realizan os mozos entre os 10 e os 29 anos de idade e que afectan a outros mozos dentro do mesmo rango de idade. En todos os países, os principais actores deste tipo de violencia son os homes e algunhas veces o comportamento violento preséntase desde a infancia ou a temperá adolescencia. Con todo, a interacción cos pais e a formación de grupos, parches, galladas ou cuadrillas aumenta o risco de que os adolescentes se involucren en actividades delituosas, violentas e non violentas.
A violencia directa é clara e visible, polo que resulta relativamente sinxelo detectala e combatela. As violencias cultural e a estrutural, en cambio, son menos visibles, polo que supón máis problemas á hora de combatelas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Violencia |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Violencia |
Outros artigos
editar- Abuso de poder
- Asalto
- Asasinato
- Crime
- Guerra
- Non-violencia
- Violación
- Violencia doméstica
- Violencia de xénero
- Xenocidio
Ligazóns externas
editar- Os significados da violencia e a violencia dos significados Discusión intercultural (en castelán)
- Violencia Social en Portalpsicologia.org Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)