Toxo gateño
Toxo gateño | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Toxo molar (Ulex minor) en amarelo con queiroas (Calluna vulgaris), en rosa. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Ulex minor' Roth |
O toxo gateño[1] ou toxo molar[1] (Ulex minor) é un gamallo espiñento da familia das fabáceas. Tamén é chamado toxo femia (cómpre non confundilo co Ulex gallii) e toxo albariño. Común en Galicia.
Descrición
editarArbusto de até 2 m, moi ramalludo e espiñento, con espiñas densamente agrupadas na parte basal dunha espiña máis grosa (espiña primaria). Follas alternas, trifoliadas ou unifoliadas, frecuentemente reducidas a filodios (peciolo esmagado). Flores hermafroditas, zigomorfas, pentámeras, axilares. Cáliz de (6,5) 7-9,5 mm, dividido até a base en dous labios, un superior con dous dentes e outro inferior con tres dentes, laxamente peloso, con pelos aplicados. Corola amarela, con pétalo superior (estandarte) máis longo que os laterais (ás) e que a quilla formada por fusión dos dous pétalos inferiores. Androceo con 10 estames soldados polos filamentos na parte inferior para formar un tubo que envolve o ovario (androceo monadelfo). Ovario súpero, cun só carpelo. Froito en legume de 8-9,5 mm, plana, sen pelos.[2]
Distribución e hábitat
editarDistribución atlántica[2]. En Portugal, noroeste de España, Francia e Gran Bretaña.[3] Adoita medrar en brañas e lameiros, formando matos de uceiras oligotrofas en solos temporalmente asolagados, mesturado con uces e queiroas. Florea e frutifica dende o verán até a primavera.[2] Común en toda Galicia. Consegue vivir até os 900 metros de altitude[4]. Está presente na metade sur das provincias de Pontevedra e Ourense.
Usos
editarEn Galicia e nas montañas do norte e centro-oeste de Portugal, úsase coma estrume e na alimentación de animais herbívoros domésticos. Contribúe a fixar o nitróxeno no solo.[4] Tamén se emprega na produción de adubos nitroxenados.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Termos esenciais de botánica" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 27 de agosto de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Santa-Bárbara Carrascosa, C.; Valdés Castrillón B. (2008). Guía de la Flora y Vegetación del Andévalo. Sevilla:Consejería de Medio Ambiente de la Junta de Andalucía. ISBN 978-84-96776-85-2.
- ↑ Polunin, Oleg (1989). Flores Silvestres de España y de Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0857-3.
- ↑ 4,0 4,1 "Tojo-molar (Ulex minor)". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2012. Consultado o 21 de julho de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toxo gateño |