The Simpsons Movie
The Simpsons Movie, é un filme de animación cómico estreado nos cines de todo o mundo o 26 de xullo de 2007 e nos Estados Unidos o 27 de xullo de 2007, baseada na serie de televisión The Simpsons. O filme foi dirixido por David Silverman e os personaxes deste foron dublados polos actores orixinais da serie: Dan Castellaneta, Julie Kavner, Nancy Cartwright, Yeardley Smith, Hank Azaria, Harry Shearer, Tress MacNeille e Pamela Hayden. O filme recadou 527 millóns de dólares en todo o mundo.
Os Simpsons – O Filme | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Simpsons Movie |
Director | David Silverman |
Produtor | James L. Brooks Matt Groening Al Jean Mike Scully Richard Sakai |
Guión | James L. Brooks Matt Groening Al Jean Mike Scully Richard Sakai |
Intérpretes | Dan Castellaneta Julie Kavner Nancy Cartwright Yeardley Smith Hank Azaria Harry Shearer Albert Brooks Tress MacNeille |
Música | Hans Zimmer Danny Elfman |
Montaxe | John Carnochan |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 2007 |
Duración | 87 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación Aventura Comadia |
Orzamento | $75.000.000 |
Recadación | $527.000.000 |
Na rede | |
http://www.simpsonsmovie.com/ | |
Caracterizando Albert Brooks como Russ Cargill, o malvado xefe da Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos, que ten a intención de destruír Springfield despois que Homer poluiu o lago da cidade. As persoas de Sprigfield acaban exiliadas, así como a familia Simpson, e Homer traballa no sentido de desfacer o seu erro, impedindo o plano de Cargill.
As tentativas anteriores de crear unha versión do filme The Simpsons fracasaron debido á falta dun script de duración adecuada e ao equipo apropiado de produción. Eventualmente, os produtores James L. Brooks, Matt Groening, Al Jean, Mike Scully e Richard Sakai iniciaron o desenvolvemento do filme en 2001. Un equipo de escritores constituída por Scully, Jean, Brooks, Groening, George Meyer, David Mirkin, Mike Reiss, John Swartzwelder, Jon Vitti, Ian Maxtone-Graham e Matt Selman foi montada. Eles crearon moitas historias, con Groening desenvolvendo unha a unha para o filme. O script foi re-escrito máis dun centenar de veces, a creatividade e a animación continuaron tras iniciaren en 2006. Isto significou horas de material acabado cortado do filme, que incluíu papeis cameo de Erin Brockovich, Minnie Driver, Isla Fisher, Kelsey Grammer e Edward Norton. Tom Hanks e Green Day no desenvolver da historia como eles mesmos.
Varias promocións foron feitas con varias empresas, incluíndo o Burger King e 7-Eleven, que os transformou en tendas seleccionadas Kwik-E-Marts. A estrea do filme foi en Springfiled (Vermont), logo dun concurso organizado pola Fox. O filme foi un éxito de recadación, ingresando 526 millóns de dólares, e recibiu en xeral críticas positivas.
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |