20th Century Studios

estudio de cinema estadounidense
(Redirección desde «20th Century Fox»)

Twentieth Century Studios, tamén coñecida como 20th Century Studios (anteriormente coñecida por 20th Century Fox, 20th Century Fox Pictures ou simplemente FOX), é un dos seis maiores estudios de cinema estadounidenses. Localízase en Century City, na cidade dos Ánxeles, e, desde o 2019, o estudio é unha filial da compañía The Walt Disney Company.

20th Century Fox
TipoFilial de The Walt Disney Studios
Fundación31 de maio de 1935[1] (trala fusión da Fox Films (fundada en 1915) coa 20th Century Pictures, Inc. (fundada en 1933)
LocalizaciónFox Plaza, Century City, Os Ánxeles, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorJoseph M. Schenck
Darryl F. Zanuck
IndustriaProdución cinematográfica
ProdutosFilmes e telefilmes
Na rede
https://www.20thcenturystudios.com
IMDB: co0000756 IBDB: 20002
Facebook: FoxMovies Twitter: 20thcentury Instagram: foxfilmdigitalbrasil Youtube: UCaIZln_1oxiyJoofUKLTcjA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A compañía foi fundada o 31 de maio de 1935[1] como resultado da fusión entre a Fox Film Corporation, fundada por William Fox en 1915, e a Twentieth Century Pictures, fundada en 1933 por Darryl F. Zanuck, Joseph M. Schenck e William Goetz.

Entre as súas franquías cinematográficas máis coñecidas destacan a dos filmes de Star Wars, Ice Age, X-Men, Die Hard, Alien e O planeta dos simios. Na televisión atopamos series como The Simpsons, M*A*S*H, The X-Files, Family Guy, Glee e 24. Entre as actrices que acadaron gran popularidade grazas ó estudio destacan Shirley Temple, que foi a primeira estrela cinematográfica da compañía, Betty Grable, Gene Tierney, Marilyn Monroe e Jayne Mansfield. O estudio tamén foi o primeiro que contratou unha estrela do cine afroamericana, Dorothy Dandridge.

  1. 1,0 1,1 "20th Century Fox: Chronology". Consultado o 11 de maio de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar