Teléfono móbil

(Redirección desde «Teléfono celular»)

Un teléfono móbil, ou simplemente móbil, é un dispositivo de comunicación electrónico con iguais capacidades básicas dun teléfono de liña telefónica convencional. Ademais, é portátil e non require cables condutores para a súa conexión á rede telefónica.

Teléfonos móbiles.

A maioría dos teléfonos móbiles actuais conectan coa rede usando unha tecnoloxía sen fíos da transmisión da onda de radio (coa excepción de teléfonos baseados nos satélites). Estes teléfonos móbiles comunícanse por medio dunha rede celular de estacións base, que á vez enlaza coa rede de teléfono convencional. Apareceu a mediados dos anos 80 (xeración 1G). Os teléfonos móbiles anteriores que funcionaban sen unha rede celular (a denominada xeración 0G), como o MTS, datan de 1946. O Motorola DynaTAC 8000X (1983) foi o primeiro teléfono móbil dispoñíbel comercialmente. Ata os últimos anos 80, a maioría dos teléfonos móbiles eran tan grandes que a miúdo foron instalados permanentemente en vehículos como teléfonos do coche. Co avance da miniaturización, a gran maioría de teléfonos móbiles son de man.

Na actualidade o país cun maior número de usuarios de teléfonos móbiles é a China con 593,3 millóns de usuarios[1].

Saúde

editar
 
Porcentaxe de utilización de móbiles no planeta en 2006.

Actualmente non hai ningún estudo que presente probas concretas que indiquen que os móbiles posúen riscos para a saúde. Os aparellos móbiles, así como outros dispositivos electrónicos como radio, televisión, algúns controis remotos, redes sen fío de computadores etc, utilizan ondas electromagnéticas de radio frecuencia (RF) para comunicación. Esas ondas electromagnéticas están consideradas como radiacións non ionizantes, ou sexa, consideradas seguras nas potencias utilizadas nos dispositivos celulares cuxo funcionamento atende ás recomendacións da International Commission on Non-Ionizing Radiation Protection (ICNIRP) provisionalmente adoptadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS)[2]. Diversos estudos se realizaron para se determinar posíbeis riscos de longo prazo á saúde humana polo uso aparellos celulares: a Organización Mundial da Saúde divulgou resultados preliminares dun estudo que suxire que o uso de aparellos móbiles pode estar relacionado cunha predisposición maior a diversos tipos de cancros[3]; en contrapartida un estudo realizado con base nos datos collidos nos últimos 30 anos abranguendo practicamente todos os habitantes da Escandinavia descarta a ligazón de cánceres cerebrais co uso de móbiles[4]. A parte da diverxencia entre os estudos sobre os riscos á saúde do uso de celulares, moitos especialistas e entidades de saúde oficiais teñen recomendado a utilización limitada destes dispositivos, así como o sistema de mans libres. Existe, con todo, un grande consenso sobre os riscos de accidentes provocados polo uso de celulares: o uso deses dispositivos ao guiar un coche ou mesmo camiñando aumentan significativamente o risco de accidentes a través da distracción provocada ao se conversar a través do móbil[5][6].

  1. "China convértese no país con máis internautas do mundo". vieiros.com. 18-01-2008. Consultado o 23-07-2009. 
  2. Riscos da telefonia celular á saúde humana e ao medio ambiente (2009) http://www.jusbrasil.com.br/noticias/1608779/riscos-da-telefonia-celular-a-saude-humana-e-ao-meio-ambiente
  3. Estudo da OMS relaciona uso do celular com cáncer http://www1.folha.uol.com.br/folha/informatica/ult124u643206.shtml 26/10/2009
  4. Estudo de 30 anos descarta ligazón de celular com tumor cerebral http://www1.folha.uol.com.br/folha/ciencia/ult306u661704.shtml 04/12/2009
  5. Reportaxes: Celular ao Volante http://quatrorodas.abril.com.br/reportagens/celular-ao-volante-417400.shtml Arquivado 18 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Decembro de 2008
  6. Meniños que falan polo móbil corren mais risco de atropelamento, di estudo http://www1.folha.uol.com.br/folha/informatica/ult124u495232.shtml 28/01/2009

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar