Esencialismo
O esencialismo é un termo que engloba as doutrinas ocupadas en describir a esencia —o que fai que un ser sexa o que é— por oposición ás continxencias —o que é accidental, cuxa ausencia non cuestiona a natureza deste ser—, a condición ou a identidade do obxecto ou individuo. O esencialismo foi controvertido dende os seus comezos. Tanto Sócrates como Platón xa cuestionaron a noción ó suxerir, no Parménides, que se aceptamos a idea de que cada cousa ou acción participa dunha esencia, entón tamén debemos aceptar a "existencia de esencias separadas" para os seus compoñentes.[1] O papel e valor real do esencialismo na bioloxía aínda é un tema de debate. En socioloxía, o esencialismo serviu a miúdo como base para lexitimar diferenzas discriminatorias entre os seres humanos alegando á súa esencia, tales son os casos de homofobia, racismo, misoxinia, misandria e segregacionismo en xeral.[2][3][4][5] En xeral, as diferentes teorías esencialistas definen a un grupo a través dun pequeno set de propiedades fixas ignorando o resto de condicións baixo as cales emerxe a súa identidade.[6]
Esencialismo en bioloxía
editarPara os biólogos, o esencialismo é unha concepción segundo a cal diversas especies animais e vexetais difiren entre si por esencia, o que implica o recoñecemento de descontinuidades na natureza. Esta concepción oponse ao nominalismo, segundo o cal só os individuos e as poboacións de individuos existen, considerando que as categorías son só unhas abstraccións construídas polo ser humano no seo dun vasto continuum de formas na natureza.
Notas
editar- ↑ "Plato's Parmenides".
- ↑ "Gender and Psychological Essentialism". PMID 3082140.
- ↑ Katharine T. Bartlett, Angela Harris. "Essentialism". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018.
- ↑ Elizabeth Boskey. "What is gender essentialism?".
- ↑ "Feminismo sí, esencialismo no". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018.
- ↑ "Essentialism".