Taur Matan Ruak
José María de Vasconcelos, coñecido polo seu nome de guerra Taur Matan Ruak, nado en Baguia, Baucau o 10 de outubro de 1956, é un político e militar de Timor Leste e presidente do seu país. O seu nome de guerra significa dous ollos vivos en tetum. Foi presidente de Timor Leste dende 2012 até 2017. É o actual primeiro ministro de Timor Leste dende xuño de 2018.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1956 (68 anos) Osso Huna, Timor Leste (pt) |
Minister of the Interior (en) | |
22 de xuño de 2018 – 30 de xuño de 2023 | |
7º Primeiro ministro de Timor Oriental | |
22 de xuño de 2018 – 1 de xullo de 2023 ← Marí bim Amude Alkatiri | |
4º Presidente de Timor Leste | |
20 de maio de 2012 – 20 de maio de 2017 ← José Ramos-Horta – Francisco Guterres → | |
Chief of Defence Force (en) | |
1 de febreiro de 2001 – 6 de outubro de 2011 | |
Membro do Parlamento Nacional de Timor-Leste (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de actividade | 1975 - |
Partido político | People's Liberation Party (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Isabel da Costa Ferreira |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarCarreira militar no Falintil
editarCon tan só 19 anos, Taur Matan Ruak foi o líder da á militar de Resistencia Timorense (Falintil) durante a fase final da ocupación indonesia, levando a cabo diversas operacións no leste do país entre 1979 e 1980.[1]
En 1981, é promovido a Xefe Adxunto do Estado Maior, facéndose cargo das operacións do Falintil tanto no leste, como o oeste do país, e posteriormente encárgase de todas as operacións, realizadas polo brazo armado.[1] En 1992, ascende a Xefe do Estado Maior, logo en 1998, a Subcomandante das Forzas Armadas do Falintil, e en 2000, Comandante en Xefe do mesmo.
Carreira política
editarDespois da independencia de Timor Leste, converteuse en Xefe de Estado Maior en setembro de 2011, cargo ó que dimitiu para converterse en candidato para as eleccións do 16 de abril de 2012.
Na elección presidencial convértese no candidato máis votado co 60,85 % dos votos, polo que se converte no presidente.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Biografía del excelentísimo señor Taur Matan Ruak, presidente de la República Democrática de Timor-Leste - Internacionales - Juventud Rebelde - Diario de la juventud cubana". Consultado o 13 de febreiro de 2017.
- ↑ "Taur Matan Ruak é o novo Presidente de Timor". 16 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 17 de abril de 2012.