Suberites domuncula
Suberites domuncula | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Suberites domuncula (Olivi, 1792) |
Suberites domuncula é unha especie de esponxa do filo Porifera.[1]
Esta especie contén suberitina, unha neurotoxina que pode causar unha hemorraxia hemolítica mortal en varios animais. Aínda que é moi tóxica para os peixes, sábese que esta esponxa é comida pola tartaruga mariña carei, Eretmochelys imbricata.[2]
Actualmente acéptanse dúas subespecies dentro deste taxon: Suberites domuncula domuncula e S. domuncula latus. En 1893, Lambe describiu unha nova especie de esponxa co nome Suberites latus. Este foi considerado despois un sinónimo júnior de S. domuncula e foi mergullado dentro da especie como unha subespecie co nome científico S. domuncula latus.[1][3][4][5]
S domuncula coloniza as cunchas de gasterópodos que foron ocupadas por cangrexos ermitáns. Atopáronse polo menos 13 especies de cangrexos ermitáns que están asociados con esta esponxa. Tamén se rexistrou como especie adherida a cunchas de gasterópodos vivos e ao cacho dalgúns crustáceos.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Sistema Integrado de Información Taxonómica. "'Suberites domuncula' (TSN 48489)" (en inglés).
- ↑ Meylan, Anne (1988-01-12). "Spongivory in Hawksbill Turtles: A Diet of Glass". Science (American Association for the Advancement of Science) 239 (4838): 393–395. JSTOR 1700236. PMID 17836872. doi:10.1126/science.239.4838.393.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "'Suberites latus' (TSN 48490)" (en inglés).
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "'Suberites domuncula domuncula' (TSN 48491)" (en inglés).
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "'Suberites domuncula latus' (TSN 48492)" (en inglés).
- ↑ Jason D. Williams; John J. McDermott (2004). "Hermit crab biocoenoses: a worldwide review of the biodiversity and natural history of hermit crab associates" (PDF). Journal of Experimental Marine Biology and Ecology 305: 1–128. doi:10.1016/j.jembe.2004.02.020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2019.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |