Sergio Mattarella
Sergio Mattarella, nado en Palermo o 23 de xullo de 1941, é o actual presidente de Italia, cargo que ocupa dende o 31 de xaneiro de 2015. É o primeiro siciliano nomeado presidente do país.
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1941 (83 anos) Palermo (Italia) |
Presidente de Italia | |
3 de febreiro de 2015 – ← Giorgio Napolitano Electo en: Eleições presidenciais na Itália em 2015 (pt) | |
Xuíz do Tribunal Constitucional de Italia | |
11 de outubro de 2011 – 2 de febreiro de 2015 | |
Deputado da República Italiana | |
21 de abril de 2006 – 28 de abril de 2008 Lexislatura: 15th Legislature of Italy (en) | |
Deputado da República Italiana | |
26 de maio de 2001 – 27 de abril de 2006 Lexislatura: 14th Legislature of Italy (en) | |
Italian Minister of Defence (en) | |
26 de abril de 2000 – 11 de xuño de 2001 ← Sergio Mattarella – Antonio Martino → Gabinete ministerial: Amato II Cabinet (en) | |
Italian Minister of Defence (en) | |
22 de decembro de 1999 – 26 de abril de 2000 ← Carlo Scognamiglio – Sergio Mattarella → Gabinete ministerial: D'Alema II Cabinet (en) | |
Vice President of the Council of Ministers of Italy (en) | |
21 de outubro de 1998 – 22 de decembro de 1999 Gabinete ministerial: D'Alema I Cabinet (en) | |
Deputado da República Italiana | |
6 de maio de 1996 – 29 de maio de 2001 Lexislatura: 13th Legislature of Italy (en) | |
Deputado da República Italiana | |
12 de abril de 1994 – 8 de maio de 1996 Lexislatura: 12th Legislature of Italy (en) | |
Deputado da República Italiana | |
15 de abril de 1992 – 14 de abril de 1994 Lexislatura: 11th Legislature of Italy (en) | |
Italian Minister of Education (en) | |
22 de xullo de 1989 – 27 de xullo de 1990 ← Giovanni Galloni (mul) – Gerardo Bianco (pt) → Gabinete ministerial: Andreotti VI Cabinet (en) | |
Italian Minister for Parliamentary Relations (en) | |
13 de abril de 1988 – 21 de xullo de 1989 Gabinete ministerial: De Mita Cabinet (en) | |
Italian Minister for Parliamentary Relations (en) | |
29 de xullo de 1987 – 12 de abril de 1988 Gabinete ministerial: Goria Cabinet (en) | |
Italian Minister for Parliamentary Relations (en) | |
28 de xullo de 1987 – 29 de xullo de 1987 Gabinete ministerial: Goria Cabinet (en) | |
Italian Minister for Parliamentary Relations (en) | |
28 de xullo de 1987 – 22 de xullo de 1989 ← Gaetano Gifuni (en) – Egidio Sterpa → | |
Deputado da República Italiana | |
25 de xuño de 1987 – 22 de abril de 1992 Lexislatura: 10th Legislature of Italy (en) | |
Deputado da República Italiana | |
7 de xullo de 1983 – 1 de xullo de 1987 Lexislatura: 9th Legislature of Italy (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Palacio do Quirinale |
Relixión | Católico romano e catolicismo |
Educación | Universidade de Roma La Sapienza Universidade de Palermo (pt) |
Cor dos ollos | Azul |
Actividade | |
Campo de traballo | Política e dereito |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | político, profesor universitario, avogado, xuíz |
Empregador | Universidade de Palermo (pt) |
Partido político | Democracia Cristã (pt) (valor descoñecido–1994) Partido Democrático (2007–2009) A Margarida (2002–2007) Partido Popular Italiano (pt) (1994–2002) |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Forças Armadas da Itália (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Marisa Chiazzese (–2012) |
Fillos | Bernardo Giorgio Mattarella, Laura Mattarella |
Pais | Bernardo Mattarella e Maria Buccellato |
Irmáns | Piersanti Mattarella Antonino Mattarella |
Parentes | Lauro Chiazzese, sogro |
Premios | |
| |
Páxina web | quirinale.it… |
Traxectoria
editarOrixes
editarÉ fillo do ministro democristián e antifascista Bernardo Mattarella e irmán de Piersanti Mattarella, presidente do Goberno Rexional de Sicilia asasinado en 1980 pola Mafia. Licenciado en Dereito na Universidade de Roma La Sapienza e docente de Dereito parlamentario na Universidade de Palermo.
É viúvo dende 2012, cando faleceu a súa muller, Marisa Chiazzese. Con ela foi pai de tres fillos: Laura (que asumiu a función de primeira dona), Francesco e Bernardo Giorgio.[1]
Carreira política
editarComezou a súa carreira política na Democracia Cristiá. Electo deputado en 1983 e reelecto en 1987, foi ministro de Relacións co Parlamento entre 1987 e 1989, e logo, entre 1989 e 1990, ministro de Educación.[2] Ademais, foi o autor da lei electoral italiana, chamada "Mattarellum", vixente entre 1993 e 2005, que combinaba o voto maioritario en distritos uninominais e o voto proporcional.[3][4]
Logo dos escándalos de corrupción que afectaron aos partidos políticos italianos a principios da década de 1990, militou no Partito Popular Italiano, por cuxa coalición, L'Ulivo, foi electo deputado en 1994 e 1996. Foi vicepresidente do Consello de Ministros sendo primeiro ministro Massimo D'Alema entre 1996 e 1999, e ministro de Defensa entre 1999 e 2001.
Opositor a Silvio Berlusconi, foi un dos fundadores da Margherita, partido de centro esquerda que hoxe está inserto no Partido Democrático. Foi membro da Cámara de Deputados en todas as lexislaturas dende 1983 ata 2008. En 2009 foi designado membro do Consello da Presidencia de Xustiza Administrativa deixando de militar politicamente por iso.[5] Logo, en 2011 foi nomeado para o cargo de xuíz do Tribunal Constitucional.[6]
Presidente da República Italiana
editarFoi electo Presidente da República o 31 de xaneiro de 2015, con 665 votos sobre 1009 votantes[7], xurando o cargo o 2 de febreiro seguinte. Durante o seu mandato, Sergio Mattarella mediou en varias crises políticas. Deste xeito, en 2016, logo da dimisión de Matteo Renzi, logrou propor un goberno dirixido por Paolo Gentiloni,[8] e, en 2021, tras a fin do executivo de Giuseppe Conti, encomendou a formación dun a Mario Draghi.[9] Ademais, tamén tivo relevancia nas negociacións para formar goberno logo das eleccións parlamentarias de 2018.[10] Naquela altura o Movemento 5 Estrelas e a Liga Norte fixéronse socios de goberno, mais Sergio Mattarella vetou o nomeamento de Paolo Savona como ministro de Economía debido o seu euroescepticismo.[11] Esta acción foi criticada por algúns sectores do Movemento 5 Estrelas, que chegaron a formular un xuízo político ao presidente Mattarella; posteriormente cualificaron a idea como un "erro".[12][13]
Á fin do seu primeiro mandato era unha figura moi valorada pola opinión pública de Italia.[14][15]
Durante as eleccións presidenciais de 2022, ante falta de apoios doutros candidatos (entre os que soaron Silvio Berlusconi, Mario Draghi ou Andrea Riccardi),[16][17][18] comezou a formularse a reelección de Sergio Mattarella.[19] Aínda que semellaba que non era favorable á posibilidade de continuar no Quirinal, o consenso que espertaba o seu nome levaríao a reconsiderar a súa posición.[20][21] Deste xeito, o 29 de xaneiro de 2022, Sergio Mattarella foi reelecto Presidente da República.[22] Sumou 759 votos na oitava votación, sendo o segundo xefe do Estado italiano con máis apoio, só superado por Sandro Pertini en 1978 cando logrou 832.[23] O 3 de febreiro de 2022 xurou de novo ante o parlamento inaugurando o seu segundo mandato.[24]
Galería
editar-
Sergio Mattarella, o día do xuramento o 3 de febreiro de 2015.
-
Sergio Mattarella recibe a Carlos, príncipe de Gales, e a súa dona, Camila de Cornualla no Quirinal (Roma) o 5 de abril de 2017.
-
Sergio Matarella logo de encargar a formación dun goberno a Giuseppe Conte (2018)
-
Sergio Mattarella e Mario Draghi no Altare della Patria logo do xuramento para renovar como Presidente. (3-2-2022)
Notas
editar- ↑ TG24, Sky. "Sergio Mattarella bis, rieletto presidente della Repubblica". tg24.sky.it (en italiano). Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Addio al maestro unico, così Mattarella cambiò la scuola". Corriere della Sera (en italiano). 2015-01-30. Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "riforma, de profundis". web.archive.org. 2015-09-27. Archived from the original on 27 de setembro de 2015. Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Sartori: il " Mattarellum " e le idee sbagliate". web.archive.org. 2009-06-27. Archived from the original on 27 de xuño de 2009. Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Giustizia: La Camera ha eletto i membri laici delle magistrature speciali - News 24 - L'Unione Sarda". web.archive.org. 2015-01-29. Archived from the original on 29 de xaneiro de 2015. Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Il democratico Sergio Mattarella eletto a giudice della Consulta con un voto di scarto". Il Sole 24 ORE (en italiano). Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Mattarella eletto al Quirinale con 665 voti. "Pensiero a difficoltà e speranze dei cittadini"". la Repubblica (en italiano). 2015-01-31. Consultado o 2022-01-29.
- ↑ informatici, Segretariato generale della Presidenza della Repubblica-Servizio sistemi. "Il Presidente Mattarella ha conferito l'incarico all'onorevole Paolo Gentiloni". Quirinale (en italiano). Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "O Goberno de Mario Draghi en Italia toma posesión dos seus cargos". www.crtvg.es. Consultado o 2022-01-29.
- ↑ informatici, Segretariato generale della Presidenza della Repubblica-Servizio sistemi. "Formazione del nuovo governo 2018". Quirinale (en italiano). Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Perché Mattarella ha detto 'no' a Paolo Savona". www.agi.it. Consultado o 2022-01-30.
- ↑ online, Redazione (2018-05-27). "Di Maio: «Impeachment per Mattarella»". Corriere della Sera. Consultado o 2022-01-30.
- ↑ "Il mea culpa di Luigi Di Maio: "Fu un errore chiedere l'impeachment di Mattarella"". la Repubblica (en italiano). 2020-04-21. Consultado o 2022-01-30.
- ↑ Balmer, Crispian (2022-01-29). "Italy's Mattarella drops retirement plan, stays on as president". Reuters (en inglés). Consultado o 2022-01-30.
- ↑ "Sergio Mattarella: At 80, Italy president re-elected on amid successor row". BBC News (en inglés). 2022-01-29. Consultado o 2022-01-30.
- ↑ Zapperi, Paolo Decrestina e Cesare (2022-01-22). "Silvio Berlusconi ha rinunciato alla candidatura al Quirinale". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-01-29.
- ↑ COLOMBO, ETTORE MARIA (1643086507818). "Draghi presidente della Repubblica: le condizioni del premier per Quirinale e governo". Quotidiano Nazionale (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-01-29.
- ↑ TG24, Sky. "Chi è Andrea Riccardi, tra i nomi per l’elezione al Quirinale". tg24.sky.it (en italiano). Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Mattarella bis, c’è l’intesa dei leader di maggioranza: "Oggi sarà rieletto"". Corriere della Sera (en italiano). 2022-01-29. Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Mattarella contro la sua rielezione". Il Post (en italiano). 2021-12-04. Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Quirinale, intesa sul Mattarella bis. Intanto arriva la settima fumata nera". RaiNews (en italiano). Consultado o 2022-01-29.
- ↑ Online, Gianluca Mercuri e Redazione (2022-01-29). "Sergio Mattarella è stato rieletto presidente della Repubblica". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Quirinale, Mattarella rieletto presidente della Repubblica con 759 voti - Politica". Agenzia ANSA (en italiano). 2022-01-28. Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "Campás, canóns e avións para a toma de posesión de Matarella en Roma". G24. Consultado o 2022-02-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sergio Mattarella |
Ligazóns externas
editar