Ramón Villar Edreira
Ramón Villar Edreira, nado en Visantoña (Santiso) o 26 de maio de 1939, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1939 (85 anos) Visantoña, España |
Alcalde de Santiso | |
1979 – 2007 ← Avelino López López | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarNas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Santiso, a única que se presentou aos comicios, e foi elixido alcalde.[1] Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta nas eleccións municipais de 1983 como independente. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde grazas ao apio do CIS. Nas municipais de 1999 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde con sucesivas maiorías absolutas ata as municipais de 2007[2] cando, a pesar de ser o partido máis votado, tivo que ceder a alcaldía ao candidato do CIS Ovidio Leiva Pereiro.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Villar Edreira, Ramón". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
editarPredecesor: Avelino López López |
Alcalde de Santiso 1979 - 2007 |
Sucesor: Ovidio Leiva Pereiro |