Rafael del Riego Flórez, nado en Tuña (Tinéu) o 9 de abril de 1784 e finado en Madrid o 7 de novembro de 1823, foi un militar e político asturiano. Deu nome ao Himno de Riego, que foi o himno oficial de España durante a Segunda República.

Modelo:BiografíaRafael del Riego

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1784 Editar o valor en Wikidata
Tuña, España (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de novembro de 1823 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, enforcamento Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de febreiro de 1822 – 27 de setembro de 1823
Circunscrición electoral: Asturias
Captain General of Aragon (en) Traducir
outubro de 1821 – febreiro de 1822
← Antonio José Amar y Borbón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, oficial, militar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1807 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerras napoleónicas Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTeresa del Riego Editar o valor en Wikidata
PaiEugenio Antonio del Riego Editar o valor en Wikidata
IrmánsMiguel del Riego Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biographie universelle ancienne et moderne (en) Traducir, (vol:36, p.4-12) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1122042

Traxectoria

editar

Naceu nunha familia nobre, pero en decadencia. Tras licenciarse na Universidade de Oviedo en 1807, trasladouse a Madrid, ingresando no exército. En 1808, durante a Guerra de Independencia española foi capturado polos franceses no Escorial, mais logrou fuxir para Asturias, onde o seu pai era membro da Xunta Suprema asturiana.

O 10 de setembro participou na Batalla de Espinosa de los Monteros, volvendo caer prisioneiro. Levado para Francia, foi liberado. Viaxou por Inglaterra e Alemaña. En 1814 regresou a España, obtendo o rango de tenente coronel.

Durante os seis anos de monarquía absoluta, que seguiron á volta a España de Fernando VII, ingresou na masonaría, conspirando contra o soberano. En 1819 o rei formou un exército para loitar nas Guerras de Independencia suramericanas, Riego dirixía o batallón asturiano. Logo de chegar a Cádiz, onde deberían embarcar as tropas cara a América, xunto con Antonio Quiroga e outros oficiais, organizou un motín o 1 de xaneiro de 1820 en Cabezas de San Juan, coa intención de reimplantar a Constitución de 1812. Riego marchou coas tropas desde Andalucía, buscando provocar un levantamento antirrealista, mais sen acadar demasiado éxito. Porén, outro levantamento en Galiza si logrou provocar adhesións no resto de España. O 7 de marzo de 1820, a casa real en Madrid rendeuse ante os soldados do xeneral Ballesteros, e o 10 de marzo o rei confirmou a restauración da Constitución española de 1812. Inaugurábase así o período da historia española coñecido como o Trienio liberal.

 
Estatua de Rafael del Riego en Oviedo.

O novo goberno ascendeu a Riego ao grao de Capitán Xeneral, primeiro de Galiza (non chegaría a tomar posesión do cargo) e despois de Aragón, o 8 de xaneiro de 1821. O 18 de xuño casou coa súa sobriña María Teresa del Riego y Bustillos. O 4 de setembro de 1821 ao ser descuberta unha conxura republicana, foi feito prisioneiro. Mais a súa popularidade e as manifestacións efectuadas en Madrid forzaron a súa posta en liberdade. En marzo de 1822 foi elixido membro das Cortes.

En decembro de 1822, no Congreso de Verona, a Santa Alianza considerou que o réxime liberal español debía ser suprimido, encargándoselle a Francia a reinstauración da monarquía absoluta. O 7 de abril de 1823, os Cen Mil Fillos de San Luís, cruzaron a fronteira española. Riego dirixiu o 3º exército, pero o 15 de setembro, derrotado, foi novamente feito prisioneiro na localidade de Arquillos (Xaén).

Enviado a Madrid, a pesar da amnistía anunciada, foi inculpado de traizón. O 7 de novembro de 1823, Rafael del Riego foi aforcado na praza da Cebada, en Madrid.

Na actualidade o seu retrato figura no edificio das Cortes.

Na literatura galega

editar

Aparece na novela Sándalo de María Xosé Porteiro.[1]

  1. "María Xosé Porteiro une Galicia e América en «Sándalo», o seu regreso á novela". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de maio de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar