Club Rápido de Bouzas
O Club Rápido de Bouzas é un club de fútbol da parroquia de Bouzas na cidade de Vigo, que milita no Grupo II da Preferente Galicia. Fundado en 1914, é o cuarto equipo de fútbol máis antigo de Galicia, só por detrás do Deportivo da Coruña, do Unión Campestre de Montrove e do Deportivo Coia.[1] O club acadou o seu cumio deportivo entre 2017 e 2019, cando militou durante dúas tempadas na Segunda División B, terceira categoría do fútbol español.[2]
Rápido de Bouzas | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Rápido de Bouzas | ||
Alcume(s) | Gualdinegros | ||
Fundación | 1914 | ||
Estadio | Baltasar Pujales, Bouzas, Vigo, Galicia | ||
Inauguración | 2001 | ||
Capacidade | 1500 | ||
Presidente | Alfonso Caneiro | ||
Adestrador | Víctor Rodríguez | ||
Liga | Preferente – Grupo 2 | ||
2023/24 | 15º | ||
Vestimenta | Nike | ||
Patrocinador | Pescamar | ||
Na rede | |||
http://www.rapidodebouzas.com/ | |||
| |||
No equipo militaron xogadores destacados como Pahiño, quen xogou coa selección española e foi dúas veces Pichichi, Manolo Tomé, que chegou gañar unha liga co Fútbol Club Barcelona, ou Iago Aspas.[1]
Historia
editarO equipo foi fundado o 12 de agosto de 1914[3] co nome de Club Rápido Football, no seo do Liceo Marítimo de Bouzas, do cal tomou as cores negra e amarela.[2]{ Converteuse en club en 1917 e federouse en 1921.
Participou na Serie B do Campionato de Galicia de fútbol, resultando campión na tempada 1922-23. No verán dese ano foi convidado a unirse co Real Vigo Sporting Club e mais o Real Club Fortuna de Vigo no proxecto de fusión que deu lugar ao Celta de Vigo, mais o club declinou a oferta.
Na tempada 1965-66 acadaron o ascenso por vez primeira á Tercera División, competición que gañaron na temada 2004-2005. É o equipo de Galicia con maior número de tempadas consecutivas nesta categoría tras o Cerceda. Amais acadaron seis títulos de Campión de Galicia de afeccionados.
En 2005 o club xogou por vez primeira a Copa do Rei de fútbol, sendo eliminado polo Rayo Vallecano, ao que con todo, conseguiu derrotar no partido de ida no Baltasar Pujales.[1] No ano 2014 foi galardoado co premio Vigués distinguido.
Na tempada 2015-16 o equipo gañou o grupo galego da Copa RFEF, tras eliminar o Deportivo B e o Alondras, e vencer na final fronte ao Cerceda en Ribadumia por 3-0.[4]
O 25 de xuño de 2017, con Patxi Salinas no banco, o club logrou o ascenso a Segunda B por vez primeira tras eliminar o Peralada, o Cayón e o Villa de Santa Brígida.[2][1] Na tempada do seu debut na terceira categoría do fútbol español, o Rápido de Bouzas estivo a piques de clasificarse para os play-offs de ascenso a Segunda División da man de Borja Jiménez Sáez.[1] Mantívose nesta categoría dúas tempadas, clasificándose de novo para a Copa do Rei.
No verán de 2024 o equipo descendeu a Preferente logo de que ningún equipo galego conseguira o ascenso á Segunda División RFEF nos play-offs. Deste xeitoo, o cadro vigués puña fin a 25 anos competindo en categoría estatal de xeito ininterrompido. O descenso, inesperado na entidade, fixo que o proxecto tivera que tomar unha nova dirección, recurrindo a xogadores da canteira cunha media de 19-20 anos.[1]
Os inicios na categoría autonómica non foron bos para o Rápido, xa que comezou perdendo os seus primeiros tres encontros, nos que acumulou 17 goles en contra por tan só tres a favor, encaixando ademais 12 goles nos seus dous primeiros partidos como local, o que colocou ao equipo como pechacancelas da competición.[1]
Adestradores
editar- Juan Carlos Andrés Costa
- 2014-16 Xurxo Otero
- 2016-17 Patxi Salinas
- 2017-2018 Borja Jiménez Sáez
- 2018-2018 Xurxo Otero
- 2018-2019 Míchel Alonso
- 2019-2029 Miguel Fernández Pérez
- 2019-2020 Milo Abelleira
- 2020- David de Dios
Presidentes
editarNa actualidade o presidente da entidade gualdinegra é Manuel Pedro Seoane Cordal. Así mesmo, o presidente honorífico é Baltasar Pujales Estévez.
Cronoloxía dos presidentes
editarUniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta amarela e negra a raias verticais, pantalón negro e medias negras.
Estadio
editarO Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é a sede onde o Club Rápido de Bouzas disputa os seus encontros.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ª B: 2
- Tempadas en 3ª: 22
- Mellor posto na liga: 5º en 2ª B (2017/18).
- Promocións de ascenso a Segunda B: 3 (1 ascenso)
- Participacións na Copa do Rei: 2
Historial na liga
editar
|
|
|
Palmarés
editar- Terceira División (1): 2004–05
- Campionato de Galicia da Serie B (1): 1921–22
- Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (3): 2002–03, 2012–13, 2015–16
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "El descenso a los infiernos del equipo más antiguo de Vigo... y tercero de Galicia". Marca (en castelán). 25 de setembro de 2024. Consultado o 20 de outubro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "El lento ascenso del Rápido de Bouzas, orgullo de Vigo". ABC. 27 de xuño de 2017. Consultado o 5 de decembro de 2019.
- ↑ Rodríguez, Salvador (9 de abril de 2014). "100 años del Rápido de Bouzas". Faro de Vigo.
- ↑ "Historia del Rápido de Bouzas". Rápido de Bouzas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Club Rápido de Bouzas |