Queiruga, Porto do Son
Santo Estevo de Queiruga é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 813 habitantes (388 homes e 425 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación. Lugares desta parroquia son Gouris, Goltar, Coba da Braña, A Ponte, O Campo, Tarela, Tarrio, Seiras e Porto Nadelas.
Queiruga | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Porto do Son[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°40′34″N 9°01′21″O / 42.67611111, -9.0225 |
Poboación | 813 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten tres pequenas praias, sendo a máis grande a de Seiras. A praia do Dique pode deber o seu nome ó afundimento dun barco dese nome nese lugar. Comunícase a través da estrada AC-550, que a cruza no tramo Ribeira - Porto do Son.
Patrimonio histórico e artístico
editarIgrexa parroquial
editarA igrexa parroquial construíuse no século XII, se ben da construción románica orixinal só queda o presbiterio. No século XVIII foi reformada e ten elementos barrocos.
Ten planta de cruz latina con muros de carga co exterior de cantería e o interior de cachotería, que sosteñen unha bóveda de canón rebaixada na nave central. Dous arcos de medio punto sobre pilastras dan paso ás capelas laterais.
Na cabeceira un arco de medio punto dá paso ao presbiterio, cuberto por bóveda de canón sobre arcos faixóns apoiados en semicolumnas con capiteis e basas ornamentados. No lado do Evanxeo está a sancristía, de planta irregular adaptada ao terreo. Os canzorros da cornixa que se conservan na capela maior destacan no exterior, ao igual que o contraforte correspondente ao arco intermedio. A fachada é posterior, sobre a que vai un campanario de dous corpos cuberto por unha pequena cúpula.
No interior do templo consérvase unha lápida sepulcral romana dedicada a Rufinus Seiliensis, que ata o ano 1822 foi utilizada como pedra do altar na igrexa[2]. Apareceu na praia de Silas e é de mármore branco, atopándose en bo estado de conservación.
Capela de Santa Lucía
editarA capela de Santa Lucía, do século XVII, é de estilo barroco. De nave rectangular, está formada por muros de cantería e cuberta a dúas augas. A capela maior está na cabeceira, máis estreita e de planta cadrada.
Os muros contan con dous pequenos ocos no presbiterio e a entrada lateral, xunto coa porta sinxela e unha pequena fiestra enriba dela. A cornixa sostén unha pequena espadana, de arcada única e rematada en pináculos.
Galería de imaxes
editar-
Praia e vila de Queirga.
-
Cruceiro a carón da igrexa parroquial.
-
Igrexa parroquial.
-
Lápida romana.
-
Santuario da Virxe do Carme
Lugares e parroquias
editarLugares de Queiruga
editarLugares da parroquia de Queiruga no concello coruñés de Porto do Son | |
---|---|
Bilicosa | O Campo | As Chamosas | A Devesa | O Dique | Goltar | Gourís | A Igrexa | Nadelas | A Ponte de Río Maior | A Poza de Mande | Queiruga | Santa Lucía | Tarela | Tarrío | Xestas |
Parroquias de Porto do Son
editarNotas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Queiruga, Porto do Son |