AC-550
estrada autonómica galega de Cee a Ribeira (A Coruña)
A AC-550[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Cee e Ribeira; atravesa os concellos de Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son e Ribeira. Ten unha lonxitude de 106,18 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Cee e finaliza nun cruzamento coa AG-11 en Ribeira. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da antiga estrada comarcal C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.
AC-550 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 106,18 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | AC-552 Cee |
Fin | AG-11 Ribeira |
Percorrido
editarA estrada inicia o seu percorrido en Cee, proseguindo por Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son e finalmente Ribeira.
Notas
editar- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.