Presidencia da Xunta de Galicia

cargo ocupado pola persoa que preside o órgano executivo da C.A. de Galicia
(Redirección desde «Presidencia da Xunta»)

A presidencia da Xunta de Galicia é ostentada pola persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial galego, e de representar a Galicia no exterior. É elixida polo Parlamento de Galicia, entre os seus deputados (artigo 15.2, do Estatuto de Autonomía)[1] escollidos á súa vez por sufraxio universal.

Presidencia da Xunta de Galicia

Titular
Alfonso Rueda
Dende o 12 de maio de 2022

TratamentoExcelentísimo señor
ResidenciaResidencia oficial de Monte Pío, Santiago de Compostela
SedePazo de Raxoi, Santiago de Compostela
ÁmbitoComunidade Autónoma de Galicia
Designado porParlamento de Galicia
DuraciónCatro anos, sen límite de mandatos
Creación22 de xaneiro de 1982
Primeiro titularXerardo Fernández Albor
Precedido porAlberto Núñez Feijóo
Salario72.679,92 €/ano
Sitio webwww.presidente.gal
Residencia oficial do presidente da Xunta de Galicia, no lugar de Casas Novas, en Compostela.

O goberno de Galicia foi establecido o 16 de marzo de 1978 e foi reforzado polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, ratificado o 28 de abril de 1981.[2] O seu período de goberno é de catro anos, que poden ser renovables as veces que os galegos e as galegas queiran.

Dende 2022, a presidencia da Xunta de Galicia está rexida polo pontevedrés Alfonso Rueda Valenzuela.

Atribucións

editar

As atribucións do presidente están presentes na Lei de Galicia 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras de la Junta y de su presidencia (publicada no DOG, o 21 de marzo)​ baseándose no artigo 16.4​ do Estatuto de Autonomía de Galicia e son as seguintes:

  • Representa-la Comunidade Autónoma de Galicia nas relacións con outras institucións do Estado (artigo 10).
  • Subscribir os convenios e acordos de cooperación con outras comunidades autónomas.
  • Convocar eleccións ao Parlamento de Galicia trala súa disolución.
  • Promulgar no nome do Rei as leis de Galicia, así como, no seu caso, os Decretos Lexislativos e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
  • Como representante ordinario do Estado en Galicia, corresponde ao Presidente da Xunta manter relacións coa delegación do Goberno aos efectos dunha mellor coordinación das actividades do Estado en Galicia e as da Comunidade Autónoma.
  • Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento do presidente do Tribunal Superior de Xustiza, e das leis e decretos lexislativos de Galicia no Boletín Oficial do Estado.
  • Dirixir e coordina-las actividades da Xunta e ocupa-la representación do Estado en Galicia (artigo 19, do Estatuto de Autonomía).[1]

Dereitos

editar

O presidente da Xunta, posúe tamén uns dereitos conferidos, sobre todo, no artigo 11 na mesma Ley de Galicia 1/1983,[3] entre os que están:

  • A preeminencia que, baseándose na alta representación da Comunidade Autónoma e á ordinaria do Estado en Galicia, lle corresponde.
  • Que lle sexan rendidos os honores correspondentes baseándose no establecido na legalidade vixente e ao acordado na Comunidade Autónoma.
  • Recibi-lo tratamento de Excelencia.
  • Utiliza-la bandeira de Galicia como guión.
  • Ocupa-la residencia oficial​ que se estableza, coa correspondente dotación de persoal e servizos.
  • Percibi-la remuneración e gastos de representación que se establezan polo Parlamento de Galicia e figuren nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
  • Recibir con carácter vitalicio o tratamento de Excelentísimo Señor e os honores protocolarios e as precedencias establecidas na lexislación vixente e na que, no seu caso, dite a Comunidade Autónoma.
  • Ser membro nato do Consello Consultivo de Galicia.

Estrutura interna

editar
Alfonso RuedaAlberto Núñez FeijóoEmilio Pérez TouriñoManuel Fraga IribarneFernando González LaxeXerardo Fernández AlborXosé Quiroga SuárezAntonio Rosón Pérez

A presidencia da Xunta, ademais das competencias de representación e de liderado do poder executivo, presenta uns órganos dependentes. Baixo o goberno de Alfonso Rueda Valenzuela, trala súa elección en maio de 2022,[4] as competencias reservadas son:[5]

Ademais, como as demais consellerías, ten unha secretaría xeral de Presidencia, da que depende o director xeral do Gabinete de presidencia. Tamén depende da Presidencia o gabinete de asesoría xurídica xeral da Xunta.

A Directora da Axencia de Turismo María Nava foi cesada en xuño de 2023, por mor da súa presentación á alcaldía de Ponteareas.[6]

Lista de presidentes

editar

Ata o de agora, houbo seis presidentes da Xunta autonómica e dous da preautonómica.

Preautonomía

editar
Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido
  Antonio Rosón Pérez
(Becerreá, 1911–1986)
13 de xullo de 1977 9 de xuño de 1979
1 ano, 10 meses e 27 días
UCD
  Xosé Quiroga Suárez
(Petín, 1920–2006)
9 de xuño de 1979 22 de xaneiro de 1982
3 anos, 3 meses e 18 días

Autonomía

editar
Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato
Duración
Partido Lexislatura
(Eleccións)
1   Xerardo Fernández Albor
(Santiago de Compostela, 1917–2018)
22 de xaneiro de 1982 26 de setembro de 1987
5 anos, 8 meses e 4 días
Alianza Popular I
(1981)
II
(1985)
2   Fernando González Laxe
(A Coruña, 1952)
26 de setembro de 1987 5 de febreiro de 1990
2 anos, 4 meses e 9 días
PSdeG-PSOE[nota 1]
3   Manuel Fraga Iribarne
(Vilalba, 1922–2012)
5 de febreiro de 1990 2 de agosto de 2005
15 anos, 5 meses e 25 días
PPdeG III
(1989)
IV
(1993)
V
(1997)
VI
(2001)
4   Emilio Pérez Touriño
(A Coruña, 1948)
2 de agosto de 2005 16 de abril de 2009
3 anos, 8 meses e 14 días
PSdeG-PSOE[nota 2] VII
(2005)
5   Alberto Núñez Feijóo
(Ourense, 1961)
16 de abril de 2009 12 de maio de 2022
13 anos e 26 días
PPdeG VIII
(2009)
IX
(2012)
X
(2016)
XI
(2020)
6   Alfonso Rueda Valenzuela
(Pontevedra, 1968)
12 de maio de 2022
  1. Goberno de coalición con Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego
  2. Goberno de coalición co Bloque Nacionalista Galego
Referencias

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar