Plinio o Novo

(Redirección desde «Plinio o novo»)

Gaius Plinius Caecilius Secundus, coñecido por Plinio o novo, nado contra o ano 63 e finado no 113, foi orador, xurista, escritor e administrador imperial da Antiga Roma.

Modelo:BiografíaPlinio o Novo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 61 Editar o valor en Wikidata
Como, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte113 ↔ 114 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Reino de Bitinia Editar o valor en Wikidata
Senador romano
Cuestor
Cónsul sufecto
Pretor
Tribuno da plebe
Gobernador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVilla Commedia (pt) Traducir
Lierna
Lago Como Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, militar, oficial, xurista, historiador, poeta, avogado, político, funcionario Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLúcio Vergínio Rufo (pt) Traducir, Quintiliano e Plinio o Vello Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCalpurnia (103–)
daughter of Pompeia Celerina (–96), morte
stepdaughter of Veccius Proculus Editar o valor en Wikidata
Paisvalor descoñecido
Plinio o Vello Editar o valor en Wikidata  e Plinia Marcella Editar o valor en Wikidata
ParentesPlinio o Vello, tío Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 29807 BNE: XX875701 Musicbrainz: cfa1f1bb-5bb6-4eb6-8fac-a79f692e2b33 Discogs: 5366305 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou a escribir ós 14 anos unha traxedia en grego, pero Plinio destacou en poesía, a maior parte dos seus escritos perdéronse, a pesar do coidado que tiña por eles. Tamén coñecido polos seus dotes de orador, considerándose seguidor de Cicerón, a súa prosa era menos directa e rechamante que a deste último. Participou en moitos xuízos, pero o único discurso que se conserva del é o seu Panegiricus Trajani, descrición aduladora e enfática da figura de Traxano, que é un instrumento valioso para estudar diversas accións que fixo este emperador no campo administrativo como nos impostos, xustiza, disciplina castrense e comercio. Plinio definíao como un tratado sobre o gobernante perfecto.

As súas cartas son un testemuño único da administración ordinaria do século I. O seu estilo é moi diferente dos usados nos panexíricos, afirmando algúns críticos que Plinio é o inventor dun novo xénero literario: a carta escrita para ser publicada.

Nas súas primeiras cartas de mocidade describe a erupción do monte Vesuvio e a morte do seu tío e mentor, Plinio o vello. No seu honor este tipo de erupcións coñécense como plínicas. Estas cartas estaban dirixidas ao seu amigo Publio Cornelio Tácito, que foi un dos grandes historiadores romanos, para darlle unha visión próxima e certeira da morte do seu tío. Outras cartas famosas foron as dirixidas a Septicio Claro, que son case poemas, as que se refiren á erupción do Vesuvio e as referentes ás vilas e á morte de Marcial.