Esclerito (artrópodos)
(Redirección desde «Pleurito»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Esclerito.
Nos artrópodos, un esclerito é unha placa endurecida da cutícula (esclerotizada, formada por quitina e proteínas) que forma parte do seu exoesqueleto, e que se encontra delimitada por suturas, sucos ou articulacións.[1]
Segundo a posición que ocupa no anel ou metámero, os escleritos desígnanse da seguinte forma:[1]
- escleritos dorsais: terxitos, que forman o tergo ou noto;
- escleritos ventrais: esternitos, que forman o esterno;
- escleritos laterais: pleuritos, que forman a pleura.
Por outra parte, nos cnidarios emprégase este termo como sinónimo de espícula, elemento esquelético calcario composto por carbonato de calcio cristalizado en forma de aragonita ou de calcita, que se forma nos tecidos destes animais para darlles certa rixidez.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Richards, O. W.; Davies, R. G. (1977). Imms' General Textbook of Entomology: Volume 1: Structure, Physiology and Development Volume 2: Classification and Biology. Berlin: Springer. ISBN 0-4126-1390-5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.