Peugeot Type 1
O Triciclo Serpollet / Peugeot Tipo 1 é un pequeno triciclo de vapor, producido por Peugeot en 1886. É o primeiro coche de Peugeot que se fabricou.
Peugeot Tipo 1/ Triciclo a vapor de auga-Serpollet | |
Outros nomes | Peugeot 1 |
Fabricante | S. A. des Automobiles Peugeot |
País | Francia |
Deseño | Léon Serpollet |
Período | 1886-1890 |
Características técnicas | |
Motor | motor de vapor de 2 cilindros e 4-6 hp |
O triciclo Serpollet foi un dos primeiros vehículos de motor fabricados industrialmente: foi deseñado por Léon Serpollet, e presentouse por primeira vez en 1886. O triciclo posúe unha caldeira de gasóleo e un motor de dous cilindros con válvulas de asento e cárteres. O triciclo de vapor producia ao redor de 4-6 HP cos seus 2 cilindros. Lograba unha velocidade máxima de ao redor de 25 km/h.[1][2]
Notas
editar- ↑ "Peugeot Gebrauchtwagen, Jahreswagen und Ersatzteile. Informationen zu Peugeot". AutoScout24 (en alemán).
- ↑ "Serpollet, tricycle à vapeur de 1888, voitures automobiles anciennes ou de collection". Les voitures anciennes (en francés). Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peugeot Type 1 |