Peugeot

fabricante de automóbiles, bicicletas e ciclomotores

Peugeot é unha marca fabricante de automóbiles, bicicletas e ciclomotores con sede en Poissy, Francia.[1] Dende 2021 é unha filial de Stellantis.[2][3][4]

Peugeot
Motion & Emotion
TipoSociedade Anónima
Fundación2 de abril de 1896
MatrizPSA Peugeot Citroën
LocalizaciónParís, Francia
FundadorArmand Peugeot
Persoas claveLinda Jackson (CEO)
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
Número de empregados120.000
Na rede
https://www.peugeot.com/en/, https://www.agents.peugeot.fr, https://www.peugeot.de, https://redcomercial.peugeot.es/, https://www.peugeot.fr/, https://www.peugeot.co.uk/, https://dealer.peugeot.nl/, https://garage.peugeot.be/, https://partner.peugeot.at/ e https://carros.peugeot.com.br/
Facebook: Peugeot Twitter: Peugeot Instagram: peugeot Youtube: UC1VOZroPEnEaDDEqnMtdgiw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A empresa familiar que precedeu ás actuais empresas Peugeot foi creada en 1810,[5]  converténdoa nunha das empresas de automóbiles máis antigas do mundo.[6] O 20 de novembro de 1858, Émile Peugeot solicitou a marca rexistrada do león. Armand Peugeot (1849–1915) construíu o primeiro vehículo da compañía, un triciclo a vapor. En 1886, a compañía colaborou con Léon Serpollet, seguido do desenvolvemento dun coche de combustión interna en 1890, que utilizaba un motor Panhard - Daimler.[7]

A familia e a empresa Peugeot son orixinarias de Sochaux, onde Peugeot aínda opera unha grande instalación de fabricación e o Museo Peugeot.

Historia

editar
 
Peugeot 106 estilizado.

A orixe da empresa Peugeot remóntase ós inicios do século XIX, cando Jean-Jacques Peugeot se instala preto de Doubs onde comenza a fabricar muíños de café. Este primeiro medio de produción trae como consecuencia despois do seu falecemento a creación dunha fábrica para a construción de muíños en Sous-Cratet. Os seus dous fillos, Jean-Pierre Peugeot e Jean-Georges Peugeot, crearán posteriormente un imperio produtivo. O menor dos dous, Jean-Pierre, lánzase posteriormente no sector do téxtil en Hérimoncourt. Este terá dous fillos, Jean-Pierre Peugeot júnior e Jean-Frédéric Peugeot, que transformarán o muíño de Sous-Cratet nunha fundación.

É en 1832 cando Jean-Pierre Peugeot funda a sociedade "Peugeot Frères aìnés" para a explotación da fundación de Sous-Cratet. Os resultados son bos e en 1833 unha segunda fábrica en Terre-Blanche é construída. En 1852 Jean-Pierre júnior morre deixando dous fillos, Jules e Émile. Estes dous van a explotar novos sectores do comercio da época.

En 1885 Armand Peugeot interésase por un novo invento, a bicicleta (que segue hoxe en día baixo o nome de Peugeot Cycles). Cabe aclarar que a familia Peugeot destacouse tamén (e aínda o fai) na fabricación artesanal de pementeiros e saleiros de mesa finamente decorados co león da marca. Tamén fabricaron ferramentas de alta calidade. Finalmente é en 1889 cando Armand se lanza á aventura do automóbil, presentindo o éxito que colleitará este novo medio de transporte. Sen sabelo Armand creou a que é hoxe en día a segunda marca de automóbiles con máis tradición do mundo: Peugeot.

Grupo

  • 1974: PSA Peugeot compra Citroën a Michelin.
  • 1977: PSA Peugeot absorbe a filial europea da americana Chrysler.
  • 1980: PSA convértese en PSA Peugeot-Citroën.

Competición

editar

Campionato do mundo de Rallies

editar
 
Juuso Pykälistö no seu Peugeot 206 WRC durante o Rally de Suecia 2003.

Peugeot foi o dominador dos rallies do Grupo B co Peugeot 205 Turbo 16 durante os anos 1985 e 1986, tanto na categoría de construtores como na de pilotos, con Timo Salonen e Juha Kankkunen. A marca retirouse coa supresión da categoría Grupo B.

Peugeot regresou ó campionato do mundo de rallies a finais de 1999 co Peugeot 206 WRC, ganando tres veces o campionato de construtores (2000, 2001 e 2002) e dous o de pilotos con Marcus Grönholm (2000 e 2002). No ano 2004 o Peugeot 206 WRC é substituído polo 307, pero non consegue bos resultados. A finais do 2004 Peugeot anuncia a súa retirada ó rematar o 2005.

24 Horas de Le Mans

editar
Artigo principal: 24 Horas de Le Mans.
  • 1988: Peugeot alcanza co seu WM P 88 os 407 km/h na "Ligne Droite des Hunaudières" no circuíto da Sarthe, o que significou un novo récord aínda vixente.
  • 1992: Peugeot gaña as 24 Horas de Le Mans co seu bólido 905, triplete de Warwick, Dalmas e Blundell.
  • 1993: Peugeot gaña as 24 Horas de Le Mans co seu bólido 905, triplete de Brabham, Helary e Bouchut.

Fórmula 1

editar
Artigo principal: Fórmula 1.
  • 1994: Peugeot participa na máxima especialidade da man do equipo McLaren, logrando o carto posto no Mundial de Construtores.
  • 1995 - 1997: Peugeot cambia os McLaren polos Jordan, sendo quintos no Mundial en ambos anos.
  • 1998 - 2000: Menos afortunada a última etapa de Peugeot na Fórmula 1, estando tres anos asociados a Prost, a escudería do mítico Alain Prost.

O propulsor Peugeot mostrouse sempre como un dos máis potentes e fiables nas súas diferentes versións. Peugeot retiraríase da Fórmula 1 en 2000, deixando tras de si a participación en 115 Grandes Premios.

Modelos

editar

Series

editar
Serie Período Modelo
Serie 100 1972 - 1991 Peugeot 104
1991 - 2003 Peugeot 106
2005 Peugeot 107
Serie 200 1929 Peugeot 201
1938 Peugeot 202
1948 Peugeot 203
1965 Peugeot 204
1983 Peugeot 205
1999 Peugeot 206
2006 Peugeot 207
Serie 300 1932 Peugeot 301
1936 Peugeot 302
1969 Peugeot 304
1977 Peugeot 305
1993 Peugeot 306
2001 Peugeot 307
2007 Peugeot 308
1985 Peugeot 309
Serie 400 1934 Peugeot 401
1935 Peugeot 402
1955 Peugeot 403
1960 Peugeot 404
1987 Peugeot 405
1995 Peugeot 406
2004 Peugeot 407
2010 Peugeot 408
Serie 500 1968 Peugeot 504
1982 Peugeot 505
2011 Peugeot 508
Serie 600 1934 - 1935 Peugeot 601
1975 Peugeot 604
1989 Peugeot 605
1999 Peugeot 607
Serie 800 1994 - 2002 Peugeot 806
2002 Peugeot 807
Serie 900 Peugeot 905
Peugeot 908
Serie 1000 2005 Peugeot 1007
Serie 3000 2009 Peugeot 3008
Serie 4000 2007 Peugeot 4007
Serie 5000 2009 Peugeot 5008

Outros

editar
Tipo Período Modelo
Clásicos Peugeot Type 1
Peugeot Type 2
Furgoneta Peugeot Expert
1994 Peugeot Boxer
1997 Peugeot P4
Motocicletas 2004 Peugeot Speedfight 2
Peugeot Fox
Prototipos 1984 Peugeot Quasar
1986 Peugeot Proxima
1988 Peugeot Oxia
1994 Peugeot Ion
1996 Peugeot Touareg
1996 Peugeot Asphalte
1997 Peugeot 806 Runabout
1998 Peugeot 20♥
1998 Peugeot 206 Escapade
2000 Peugeot Les City Toyz
2000 Peugeot 607 Féline
2002 Peugeot Sésame
2002 Peugeot 607 Pescarolo
2002 Peugeot 3♥7 cc
2002 Peugeot H2O
2002 Peugeot RC
2003 Peugeot Hoggar
2003 Peugeot 407 Elixir
2003 Peugeot 4002
2004 Peugeot 407 Silhouette
2004 Peugeot Quark
2004 Peugeot 907
2005 Peugeot Cupé 407 Prologue
2005 Peugeot 20Cup
2006 Peugeot 908 RC
Peugeot — Unha marca do Grupo PSA — desde 1950 ata o presente
Tipo 1950s 1960s 1970s 1980s 1990s 2000s
0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
Mini 104 106 107
Compacto 203 204 205 206 207
304 305 306 307
Clase media 403 404 405 406 407

408

Alta gama 504 505
604 605 607
Monovolume 806 807
Minivolume 1007
SUV (4x4) Peugeot P4 4007

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. "Peugeot". autosnuevoschile.cl. Arquivado dende o orixinal o 2017. Consultado o 2017. 
  2. "Peugeot 408 GT, our 7th car in Dubai: Initial ownership experience". team-bhp.com. Consultado o 2024. 
  3. "PEUGEOT Appoints Accenture Song as Global Creative Agency of Record". newsroom.accenture.com. Consultado o 2023. 
  4. "Autonomous Peugeot E-Legend concept is the car of the future". supercarblondie.com. Consultado o 2024. 
  5. "History of the Peugeot family, pioneers of the French industry". peugeot.com. Arquivado dende o orixinal o 2017. Consultado o 2017. 
  6. "9 Oldest Car Companies in the World". oldest.org. Consultado o 2023. 
  7. Darke, Paul (1974). "Peugeot: The Oldest of Them All". World of Automobiles 15: 1683.