Oakland Coliseum
Oakland Coliseum, xenericamente coñecido como Oakland-Alameda County Coliseum e por motivos de patrocinio RingCentral Coliseum, é un parque de béisbol situado en Oakland, California (Estados Unidos). É o estadio local dos Oakland Athletics da Major League Baseball (MLB) e dos Oakland Raiders da National Football League (NFL) de fútbol americano. Inaugurado en 1966,[1] é o único estadio que queda dos Estados Unidos no que se comparte o seu uso para o béisbol e o fútbol americano profesional. O Coliseum tamén acolleu algúns partidos de fútbol dos San Jose Earthquakes da Major League Soccer (MLS) en 2008–2009. No complexo deportivo de Oakland-Alameda County tamén se encontra o Oracle Arena dos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). En 2011 o estadio foi escenario dalgunhas das escenas da película Moneyball.
RingCentral Coliseum | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 37°45′06″N 122°12′02″O / 37.751666666667, -122.20055555556 |
Localización | Oakland, Estados Unidos |
Alcume | Oakland Coliseum |
Nomes antigos | Network Associates C. (1998–2004) McAfee Coliseum (2004–2008) Overstock.com Coliseum (2011) O.co Coliseum (2011–2016) O.co Coliseum (2011–2016) |
Construción | |
Construción | 15 de abril de 1964 |
Inauguración | 18 de setembro de 1966 |
Renovación | 1995–1996 |
Arquitecto | Skidmore, Owings & Merrill |
Enxeñeiro | Ammann & Whitney |
Custo | $25,5 millóns (1966) |
Estadio | |
Superficie | Tifway II Bermuda Grass |
Dimensións | Left field – 330 ft (101 m) Left-center – 388 ft (118 m) Center field – 400 ft (122 m) Right-center – 388 ft (118 m) Right field – 330 ft (101 m) Backstop – 60 ft (18 m) |
Capacidade | 46.847 (ampliábel a 55.945) |
Asist. máxima | 56.310 (21 de xullo de 2018) Giants 3−4 Athletics (MLB) |
Propietario | Oakland-Alameda County Coliseum Authority (Cidade de Oakland e Condado de Alameda) |
Operadora | AEG |
Localía | Oakland Athletics (MLB, 1968– ) Raiders (NFL, 1966–81, 1995– ) Earthquakes (MLS, 2008–2009) |
Web | https://www.theoaklandarena.com/oakland-alameda-county-coliseum |
[ editar datos en Wikidata ] |
Notas
editar- ↑ "Oakland Raiders Fan Guide". Oakland Raiders. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oakland Coliseum |
Ligazóns externas
editar- Páxina web do estadio en mlb.com/athletics
- Oakland-Alameda County Coliseum Seating Chart Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.