O Aaiún
O Aaiún[1] ou O Aiún[2][3] (en castelán: El Aaiún, en francés: Laâyoune, en árabe: العيون [Al-Ayun]) é unha cidade do Sáhara Occidental, considerada a súa capital pola autoproclamada República Árabe Saharauí Democrática, pero na práctica atópase ocupada e administrada por Marrocos, como a maior parte do Sáhara Occidental. Está situada no interior do territorio, a 28 km da costa norte, xunto ao leito seco do río Saguia el Hamra, na rexión homónima.
العيون (ar) El Aaiún (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Territorio reivindicado por | ONU | |||
Province of Morocco (en) | Laâyoune (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 217.732 (2014) (10.368,24 hab./km²) | |||
Número de fogares | 48.049 (2014) | |||
Lingua oficial | lingua árabe | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 20,9999 km² | |||
Altitude | 72 m | |||
Creación | 1938 | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Moulay Hamdi Ould Errachid (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
A cidade contaba no ano 2014 cunha poboación dunhas 217.732 persoas, sendo a maior de todo o Sáhara Occidental.
Historia
editarFoi fundada en 1938 e foi a capital do territorio de Saguia el Hamra. En 1967 tiña unha poboación de 16.300 habitantes (9.700 saharauís e 6.600 españois), e 42.500 en 1974 (24.000 saharauís e 17.500 españois).
En 2005, a cidade foi escenario de graves protestas en contra da ocupación marroquí e en apoio á independencia e da Fronte Polisario. Estas protestas tamén se produciron noutros núcleos urbanos do Sáhara Occidental, e nalgúns centros universitarios de todo Marrocos. A cidade foi recoñecida como a capital da República Árabe Saharauí Democrática por 82 estados.
Notas
editar- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 20 de decembro de 2014.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Aaiún |