Neftalí Prieto
Neftalí Prieto Barrios, nado en Sever (Viana do Bolo) en 1927 e finado en Vigo o 25 de agosto de 2010[1], foi un avogado e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1927 Sever, España |
Morte | 25 de agosto de 2010 (82/83 anos) Vigo, España |
Alcalde de Viana do Bolo | |
1987 – 1999 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Viana do Bolo | |
1963 – 1983 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito. En 1963 foi nomeado alcalde de Viana do Bolo polo gobernador civil de Ourense, cargo do que tomou posesión o 29 de setembro[2]. Foi nomeado procurador en Cortes en representación dos municipios da provincia de Ourense en 1964[3], permaneceu no cargo até 1967[4]. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática á alcaldía de Viana do Bolo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar os demais grupos ó candidato de Coalición Galega Fidel García Courel. Nas municipais de 1987 recuperou a alcaldía tras lograla maioría absoluta á fronte de AP. Nas eleccións de 1991 e 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En 1999 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar os demais grupos ó socialista Sergio González Bruña como alcalde. Foi deputado provincial e deputado no Congreso pola provincia de Ourense na II lexislatura (1982-1986).
En xaneiro de 1999 foi condenado polo Audiencia Provincial de Ourense a 2 anos de inhabilitación para cargos públicos por un delito de negociacións prohibidas a funcionarios, se ben finalmente foi absolto polo Tribunal Supremo en xuño de 2001[5]. Abandonou a política activa en xaneiro de 2002 cando presentou a dimisión como concelleiro para facilitar ao seu grupo unha moción de censura que lles devolvese o goberno, se ben finalmente esta non se produciu.
Predecesor: ? |
Alcalde de Viana do Bolo 1963 - 1983 |
Sucesor: Fidel García Courel |
Predecesor: Fidel García Courel |
Alcalde de Viana do Bolo 1987 - 1999 |
Sucesor: Sergio González Bruña |
Vida persoal
editarCasou con María del Carmen García Prada en 1954[6].
Notas
editar- ↑ Fallece Neftalí Prieto, ex alcalde de Viana
- ↑ El Pueblo Gallego, 2-10-1963, p. 17.
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-3-1964, p. 10.
- ↑ Ficha no Congreso dos Deputados
- ↑ El Supremo anula una condena al ex-alcalde de Viana pero le reprocha su falta de ética
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-7-1954, p. 9.