Movendo os marcos do patriarcado
Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán é un ensaio de Marilar Aleixandre, bióloga e profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, e de María López Sández, doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e profesora, publicado en 2021 no marco da colección Feminismos editado pola Editorial Galaxia.[1]
Movendo os marcos do patriarcado | |
---|---|
Autor/a | Marilar Aleixandre e María López Sández |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Colección | Feminismos |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 15 de febreiro de 2021 |
Formato | 135 x 210. Rústica con lapelas, tapa branca (edición de peto) |
Páxinas | 232 |
ISBN | 978-84-9151-587-6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste libro as autoras analizan as contribucións ao feminismo de Emilia Pardo Bazán,[2] un tema tratado en varios artigos de investigación pero que non fora obxecto dun ensaio.[3] O libro pon de manifesto a modernidade das ideas de Emilia Pardo Bazán, a súa lucidez e o seu importante papel no femismo.[3]
Foi traducido ao castelán polas propias autoras.[4]
Notas
editar- ↑ Bar Cendón, Mónica (Abril, maio, xuño 2021). "Movendo os marcos do patriarcado". Grial LIX (230): 97–98. ISSN 0017-4181.
- ↑ Triñáns, Ana. "Marilar Aleixandre e María López reivindican nun libro o feminismo de Pardo Bazán". Nós Diario. Consultado o 2021-07-03.
- ↑ 3,0 3,1 "María López Sández, escritora de Lugo: «Sorprende a modernidade de Pardo Bazán, que se autodefiniu coma unha radical feminista»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-13. Consultado o 2021-07-03.
- ↑ "Moviendo Los Marcos Del Patriarcado". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Movendo os marcos do patriarcado en Nós Televisión.