Modesto Brocos
Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1852 e finado no Río de Xaneiro o 28 de novembro de 1936, foi un pintor galego-brasileiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1852 Santiago de Compostela, España |
Morte | 28 de novembro de 1936 (84 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e gravado |
Ocupación | pintor, debuxante, escritor, escritor de ciencia ficción, gravador |
Movemento | Realismo |
Familia | |
Irmáns | Isidoro Brocos |
Descrito pola fonte | Allgemeines Künstlerlexikon (pt) |
Traxectoria
editarEra irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida na Arxentina, mais dous anos despois estaba no Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.
En 1875, inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.
De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisiense. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.
Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).
Galería de imaxes
editar-
As tradicións do Apóstolo Santiago en Galicia, 1897.
-
Olevano, 1899. Pinacoteca do Estado de São Paulo.
-
Camponesa. Pinacoteca do Estado de São Paulo.
-
Gravado do emperador Pedro II do Brasil
-
Retrato de Rosalía.
-
Redención de Cam
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Modesto Brocos |
Bibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Pablos, Francisco (1981). Pintores gallegos del Novecientos (en castelán). Fundación P. Barrié de la Maza. pp. 28–33. ISBN 84-85858-06-9.
- Teixeira Leite, José Roberto (1996). Pintores espanhois no Brasil. São Paulo. Espaço Cultural Sérgio Barcellos (en portugués).