Fundación Barrié
A Fundación Pedro Barrié de la Maza é unha fundación patrimonial privada, coa finalidade de promover o desenvolvemento e a cultura en Galicia.
Fundación Barrié | |
---|---|
Sede nos cantóns da Coruña | |
Tipo | fundación |
Data de fundación | 5 de novembro de 1966 |
Fundador(es) | Pedro Barrié de la Maza |
Presidente/a | Xosé María Arias (-) |
Premios | Premio Otero Pedrayo |
Sede | A Coruña |
Enderezo | Cantón Grande 9. 15003 |
País | Galicia |
Na rede | |
https://fundacionbarrie.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA organización foi creada o 5 de novembro de 1966 por Pedro Barrié de la Maza, quen a declarou herdeira universal da súa fortuna. Posteriormente, a súa irmá Gertrudis e a súa viúva Carmela Arias achegaron tamén parte do seu patrimonio. A fundación foi declarada de interese galego pola Xunta de Galicia o 13 de xuño de 1986.
Foi accionista maioritaria de Banco Pastor, ata a súa fusión co Banco Popular en 2013, obtendo dos rendementos das accións nesta empresa a maior parte dos seus ingresos.
Sedes
editarA sede da Coruña sitúase no número 9 do Cantón Grande. Foi inaugurada en 1995 pola Raíña Sofía. A sede de Vigo está radicada no número 31 da rúa de Policarpo Sanz, no Edificio Banco de Vigo. Foi aberta en 2005 e recibiu diversos premios pola súa restauración, asinada polos arquitectos Emilio Tuñón e Luis Mansilla.
Actividade
editarA fundación contribuíu de diversas formas á cultura, educación, sanidade etc. de Galicia. Colaborou na creación das escolas universitarias de Arquitectura e Arquitectura Técnica na Coruña e a de Enxeñería Industrial en Vigo e do Instituto da Lingua Galega.
Organiza anualmente o Ciclo de Jazz da Fundación Barrié e entrega bolsas a estudantes universitarios.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |