Mileto (Μίλητος) foi unha cidade de Xonia, a principal da rexión. Estaba situada no extremo norte dunha península que ao suroeste formaba o golfo Látmico co monte Grión. A cidade estaba na ribeira do río Meandro, preto da desembocadura.

Modelo:Xeografía políticaMileto, Grecia
Μίλητος (grc) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 37°31′52″N 27°16′32″L / 37.53111, 27.27556
EstadoTurquía
ProvinciaAydın
VilaDidim (en) Traducir
Mahalle (pt) TraducirBalat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Creaciónséculo XI a. C. Editar o valor en Wikidata
Disoluciónséculo XV Editar o valor en Wikidata
Evento clave
334 a. C.Siege of Miletus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de

Páxina webmuze.gov.tr… Editar o valor en Wikidata
Mapa de Mileto e outras cidades de Anatolia durante o imperio lidio.

Historia

editar

A cidade xa existía no tempo dos hititas e chamábase Millawanda ou Milawata.

A cidade pasou aos xonios e chamouse segundo os autores clásicos Lelegeïs, Pityusa, e Anactoria. Os xonios estaban dirixidos por Neleo, que puido ocupar a cidade sen loita, matou a todos os homes e el e a súa xente colleron as mulleres como esposas. Os xonios construíron unha nova cidade nas inmediacións, máis próxima ao mar; os restos da vella Milawata aínda existían en tempo de Estrabón.

O porto de Mileto era excelente e pronto a cidade colleu importancia e salientou entre as cidades xónicas. Colonias milesias establecéronse sobre todo o Ponto Euxino nas dúas costas, a sur e a norte (Crimea e Palus Maeotis). Entre as colonias principais é preciso mencionar:

Estas colonias fundáronse entre os anos 1000 e 600 a.C.

Gobernada inicialmente por tiranos ou déspotas, despois estableceuse outro tipo de goberno con dúas faccións, unha oligárquica e unha democrática, en que a primeira predominou pero nalgúns momentos houbo loitas civís e, nun enfrontamento entre ricos e pobres, producíronse escenas de gran crueldade. Herodoto menciona unha guerra civil en Mileto que durou moito (dúas xeracións) e que levou unha grande desgraza á cidade e empobreceu ao pobo e que se acabou cando os persas se impuxeron como mediadores.

O rei lidio Ardis probou de someter a cidade sen éxito. Sadiates case dá feito despois de derrotar aos milesios en dúas batallas, pero, cando morreu, aínda non estaba acabada a guerra, que seguiu baixo o seu sucesor Aliates, que fixo a paz coa cidade ao caer enfermo, cousa que se atribuíu ao saqueo dun templo (o templo de Atenea no territorio de Mileto). Neste tempo a cidade quedou gobernada por un tirano de nome Trasíbulo, amigo de Periandro de Corinto e entón fixo un tratado con Creso de Lidia, ao que recoñeceu como soberano e pagou imposto, non se sabe se voluntariamente ou pola forza militar de Creso.

Cando Lidia foi conquistada por Persia, o rei dos persas subrogou a posición do rei de Lidia. Foi entón cando os persas actuaron de mediadores entre as faccións "plutos" e "quirómaca", o -525, establecendo unha tiranía baixo soberanía persa.

Histeo (Histaeos) o tirano foi chamado a Susa e deixou o goberno ao seu xenro o tirano Aristágoras de Mileto; desde Persia Histeo o instigouno a se rebelar (-499) e arrastrou ás cidades de Xonia, pero, despois de diversas derrotas, a cidade foi asediada por terra e mar e finalmente asaltada e conquistada o -494. Os seus habitantes serían trasladados por orde de Darío I a unha cidade chamada Ampe na desembocadura do río Tigris, e a cidade de Mileto foi entregada aos carios.

A batalla de Micale (Mycale) o -479 restaurou a súa liberdade e independencia, e Mileto refíxose e entrou na alianza ateniense.

Ao cabo da guerra do Peloponeso, despois da expedición de Sicilia, a cidade independizouse de Atenas (-412) e, nunha batalla librada baixo os seus muro os milesios derrotaron aos atenienses e gañaron a liberdade, retirándose o almirante ateniense Frínico (Phrynikhos). Pouco despois un castelo erixido polo sátrapa persa Tisafernes no seu territorio, foi demolido, pero iso non impediu a suxeición a Persia polo acordo xeral entre gregos e Persia (-402).

 
Maqueta da ágora e proximidades, c. 200. Modelo feito en 1968 por H. Schleif e K. Stephanowitz. Escala 1:300

O -334, cando chegou Alexandre o Grande, a cidade non se quixo someter (a frota persa estaba ancorada en Mycale co exército) e os macedonios atacárona e tomárona por asalto. Parte da cidade quedou destruída, pero Alexandre perdoou aos habitantes e concedeulles a liberdade.

Despois diso foi unha cidade libre, dedicada ao comercio, pero cunha importancia secundaría. O -313 foi dominada por Antígono e polos seléucidas o -301. Foi brevemente posesión dos Tolomeos (-262 a -258) e outra vez suxeita aos seléucidas.

Na guerra entre Roma e Antíoco III o grande, Mileto apoiou a aquel e o -188 foi recoñecida cidade libre. O -133, cando o reino de Pérgamo se converteu en provincia romana, Mileto foi agregada á provincia de Asia pero conservou a condición de cidade libre, ata que a perdeu o -78 por ter apoiado a Mitrídates VI Eupátor, rei do Ponto.

Paulo de Tarso pasou pola cidade cando volvía de Macedonia e Misia. Foi sede dun bispo desde o tempo do emperador Decio, cando Santo Tirso e os seus compañeiros serían martirizados na cidade. Eusebio, bispo de Mileto, participou no Primeiro Concilio de Nicea o 325 pero máis tarde Éfeso foi a sede dun bispado que incluíu Mileto e outros de Caria.

A cidade entrou en decadencia durante o Imperio Romano, decadencia que se acentuou no período bizantino. Foi ocupada o 1328 polos selxúcidas. Continuou existindo como unha pequena vila chamada Balat. O 1424 pasou aos otománs. Balat quedou deshabitada no século XVII e as súas ruínas serían destruídas por un terremoto o 1955. Despois construíuse un novo hotel de Balat a 1 km ao sur.

Tiranos

editar