Heródoto
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Heródoto (en grego Ἡρόδοτος Ἁλικαρνᾱσσεύς [Hēródotos Halikarnāsseús]; en latín, Hērŏdŏtus Hălĭcarnassensis) nado en Halicarnaso (actual Bodrum, en Turquía) no 485 a. C.[1] e finado en Turios no 425 a. C.[2] foi un historiador e xeógrafo grego, considerado o pai da historiografía.
Nome orixinal | (grc) Ἡρόδοτος Ἁλικαρνᾱσσεύς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 484 a. C. Halicarnaso, Turquía |
Morte | c. 425 a. C. (58/59 anos) Túrio, Italia (pt) |
Residencia | Halicarnaso Samos Túrio (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, política e Escrita creativa e profesional |
Lugar de traballo | Grecia Antiga |
Ocupación | historiador, escritor, político, xeógrafo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Encyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) , (sec:Herodotus (c. 480-429 BCE), p.620-621) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarEra orixinario de Halicarnaso, Tras a súa participación dunha revolta contra o tirano Ligdamis tivo que marchar ao exilio na illa de Samos,[2] e dedicouse a viaxar, viaxes que o levaron a Exipto, chegando ata a primeira catarata do Nilo, a Babilonia, a Siria, a Libia, a Italia e a Sicilia. Viviu en Atenas, e aquí recolleu as tradicións orais das principais familias, en especial dos Alcmeónidas.
Heródoto escribiu a historia da invasión persa de Grecia, coñecida como a As historias de Heródoto, considerada a primeira obra de historia, ata entón rexistrábanse os acontecementos históricos en crónicas e épicas, pero Heródoto foi o primeiro en tratar o pasado como un problema filosófico, que permitía coñecer o comportamento humano. E foi o primeiro en recoller testemuñas presentes nos feitos que describía e preocuparse pola obxectividade, na súa obra dá tamén abondas referencias etnográficas. Aínda que a obra non foi apreciada na antigüídade, Aristóteles califícaa de mitóloga, Aulo Xelio califícao de fabuladora, e tan só a partir do Renacemento comezou a ser valorada.
As historias publicouse entre o 430 a. C. e o 424 a. C., divídense en nove libros, que reciben o nome das musas. Os primeiros seis tratan do crecemento do Imperio Persa e da súa influencia en Grecia. Os tres últimos describe os intentos do rei Xerxes por vingar a batalla de Maratón e absorber Grecia dentro do Imperio Persa.
Heródoto describe na súa obra os confíns da terra, nese contexto enténdese a primeira referencia ás illas Casitérides no libro terceiro, aínda que só para afirmar que non sabe nada delas.
Participou na fundación dunha colonia ateniense, Turios, na Magna Grecia, e da que recibiu a cidadanía e na que se cre que morreu polo 425 a.C.[2]
Eponimia
editar- O cráter lunar Herodotus leva ese nome para lembralo.
- O asteroide (3092) Herodotus tamén o lembra.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heródoto |
Bibliografía
editar- Hernández de la Fuente, David (2012). "Heródoto. El padre de la historia". Historia. National Geographic (30): 60–69. ISSN 1696-7755.
A Galicitas posúe citas sobre: Heródoto |