Mijas
Mijas é un municipio andaluz da provincia de Málaga (España). Está situado na Costa do Sol, a 30 km ao suroeste da capital provincial, e integrado na comarca da Costa del Sol Occidental[1] e a mancomunidade de municipios do mesmo nome.[2]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Málaga | |||
Capital | Mijas | |||
Poboación | ||||
Poboación | 91.691 (2023) (616,2 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 148,8 km² | |||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Altitude | 428 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 29649–29651 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 29070 | |||
Páxina web | mijas.es | |||
No ano 2008 contaba con 70.473 habitantes,[3] o que o converte no cuarto municipio da provincia en canto a poboación. Esta concéntrase en tres núcleos urbanos principais: Mijas Pueblo, situado na ladeira da Serra de Mijas, constitúe o centro histórico do municipio; Las Lagunas, situado na zona chamada Mijas Costa, forma parte do continuo urbano da cidade de Fuengirola; e La Cala, localidade costeira. A superficie do termo municipal é de 148 km² e esténdese desde as serras litorais da Penibética ata o mar Mediterráneo.
Habitado desde a Antigüidade, Mijas foi un pequeno pobo dedicado principalmente á agricultura e a pesca ata a explosión do boom turístico nos anos 50 do pasado século. Desde entón, a actividade turística e o sector da construción foron os motores da economía local, disparando á mesma vez a poboación e a renda per cápita, aínda que a un alto custo ambiental. Na actualidade é un municipio multicultural cunha alta porcentaxe de residentes de orixe estranxeira e un dos principais centros do turismo residencial de Andalucía.
Mijas é coñecido internacionalmente polos seus Burrotaxis.
Conexión con Galicia
editarEn Mijas viviu Dolores Vázquez, unha muller de Betanzos que foi erroneamente condenada por cometer un asasinato que tivo un grande eco dos medios en España.
Notas
editar- ↑ "Costa del Sol Occidental - Costa del Sol Málaga - Diputación de Málaga". www.malaga.es. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ www.mancomunidad.org
- ↑ INE 2008
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Mijas |