Micoloxía
A micoloxía é a ciencia que estuda os fungos. Os micólogos pescudan a Taxonomía, sistemática, morfoloxía, fisioloxía, bioquímica, utilidades, e os efectos benéficos e prexudiciais das especies de fungos, que poden ser parasitos, saprófitos ou decompositores.
Historia do cultivo de fungos
editarA historia do cultivo de cogomelos naceu hai miles de anos en Oriente, os chineses foron os precursores do cultivo de cogomelos para consumilos como alimento e tamén como meneciñaa, xa que moitos teñen interesantes propiedades medicinais, mesmo os máis populares que atopamos na actualidade no supermercado como o champiñón ou os Pleurotus, etiquetados por erro en ocasións como “cogomelo de cardo”. Xaponeses e mexicanos tamén foron dos primeiros en cultivar cogomelos, sen métodos científicos e con resultados moi desiguais. A Europa chegou a partir do ano 1600. Os franceses foron os primeiros en cultivar o champiñón no século XVIII e por iso ao Agaricus bisporus se lle deu como nome popular champiñón de París.
O cultivo de cogomelos en Galiza
editarA Galiza non chegaría o cultivo de cogomelos para consumo masivo até o século pasado, circunstancia na que seguro tivo que ver a micofobia existente en Galiza que se arrastra até a actualidade. Hoxe atopamos cogomelos frescos, secos, en tarro... todo o ano. Cultívanse distintas variedades de Pleurotus como: o pleuroto (P. Ostreatus), (Pleurotus Cornucopiae) (pleuroto escuro), Pleurotus citrinopileatus (pleuroto tropical amarelo), Pleurotus eryngii (pleuroto de cardo), Pleurotus pulmonarius, Agaricus bisporus (champiñón común) e incluso variedades en ensaio, menos populares, como Coprinus comatus (matacandil) ou Lepista nuda (pé azul)[1].
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |