María de Maeztu
María de Maeztu Whitney, nada en Gasteiz o 18 de xullo de 1881 e finada en Mar del Plata (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1948, foi unha pedagoga e humanista española. Irmá de Ramiro e Gustavo de Maeztu, dirixiu e impulsou a Residencia de Señoritas entre 1915 e 1936.[1] Amais, formou parte da xunta directora do Instituto-Escuela e presidiu o Lyceum Club Femenino (1926-1936). Morreu no exilio na Arxentina ós 66 anos de idade.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María de Maeztu y Whitney 18 de xullo de 1881 Vitoria, España |
Morte | 7 de xaneiro de 1948 (66 anos) Mar del Plata, Arxentina |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade Philipps de Marburgo |
Actividade | |
Campo de traballo | Pedagoxía |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | pedagoga, humanista, política, feminista |
Empregador | Residencia de Señoritas |
Membro de | |
Familia | |
Pais | Manuel de Maeztu Rodríguez e Juana Whitney |
Irmáns | Gustavo de Maeztu Ramiro de Maeztu |
Traxectoria
editarO seu pai foi Manuel de Maeztu Rodríguez, enxeñeiro e terratenente cubano de orixe vasco-navarra. A súa nai foi Juana Whitney y Donè,[3] filla dun diplomático inglés e de orixe francesa por parte materna. Establecidos en Vitoria, Manuel de Maeztu trasladouse a Cuba en 1894 para xestionar o seu patrimonio, mais morreu alí ese mesmo ano. Por causa da Guerra de Cuba, o patrimonio familiar viuse seriamente minguado e afectou notabelmente a Juana Whitney e aos cinco fillos, Ramiro, Ángela, Miguel, María e Gustavo. A familia tivo que trasladarse a Bilbao, onde Juana abriu a Academia Anglo-Francesa,[3] especie de "residencia de señoritas". María colaborou nela de xeito activo.
María licenciouse pola Escola Normal de Maxisterio de Vitoria (1896-98). En 1902 comezou a exercer nunha escola pública de Santander. Foi destinada a Bilbao cinco meses despois e a Madrid en 1909. Da su experiencia como mestra chegará a conclusións como a formulada na Universidade de Oviedo máis tarde:
Seguiu mentres a súa formación universitaria. En 1909 matriculouse como alumna non oficial na Universidade de Salamanca e posteriormente en Madrid, onde se licenciou en Filosofía e Letras en 1915.[5]
Foi pensionada pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas a partir de 1908.[5] O seu coñecemento de idiomas e espírito fixérona idónea para varios proxectos.
Notas
editar- ↑ Cita na lingua orixinal: Es verdad el dicho antiguo de que la letra con sangre entra, pero no ha de ser con la del niño, sino con la del maestro.
- Referencias
- ↑ Ramil, Raquel Vázquez (2015). "La Residencia de Señoritas de Madrid durante la II República: entre la alta cultura y el brillo social". Espacio, Tiempo y Educación 2 (1): 323–346. ISSN 2340-7263.
- ↑ "protagonistas - centenario de la creación de la junta para ampliación de estudios e investigaciones científicas (1907-1939)". www.residencia.csic.es. Consultado o 2021-01-03.
- ↑ 3,0 3,1 "Whitney, Juana - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en castelán). Consultado o 2021-01-03.
- ↑ Escritoras y Pensadoras Europeas. (en castelán). Sevilla: Arcibel Editores. 2007. p. 604. ISBN 978-84-935374-8-7. OCLC 212740027.
- ↑ 5,0 5,1 "María de Maeztu y Whitney". dbe.rah.es. Consultado o 2021-01-03.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María de Maeztu |
Bibliografía
editar- Sabatés, Sandra; Juan, Ana (2018). Pelea como una chica. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-19623-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Biografía de María de Maeztu por Antonina Rodrigo (en castelán).
- Documental de RTVE: Mujeres para un siglo - María de Maetzu: la educación (en castelán).
- Documental de RTVE: Retratos con alma. Programa 7 (en castelán).
- Documental da UNED sobre a Residencia de Estudiantes e a Residencia de Señoritas (en castelán).
- La otra mirada - María de Maeztu llega a la Academia RTVE (en castelán).