Manuel Lueiro Rey

escritor e xornalista galego

Manuel Lueiro Rey, nado en Fornelos de Montes o 9 de abril de 1916 e finado no Grove o 11 de outubro de 1990, foi un escritor e xornalista galego. Formou parte da chamada Xeración do 36.

Modelo:BiografíaManuel Lueiro Rey
Biografía
Nacemento9 de abril de 1916 Editar o valor en Wikidata
Fornelos de Montes, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 1990 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, funcionario Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría Lores González Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:II, p.345-346)
Enciclopedia Galega Universal
Diccionario biográfico español Editar o valor en Wikidata
Páxina webmanuellueirorey.com
Galiciana: 244969 BNE: XX1045027 Bitraga: 4262 BUSC: lueiro-rey-manuel-1916-1990

Traxectoria

editar

Foi fillo de Albino Lueiro Soto, mestre, e mais de Adelaida Rey Couto. Aínda que naceu en Fornelos de Montes, por destino do pai, foi vivir ao Grove cando contaba con sete anos de idade. Con doce anos comezou a traballar nunha forxa, e aos 18 comezou a colaborar co periódico pontevedrés El País, que dirixía Roberto Blanco Torres.

Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, para evitar a represión refuxiouse en Fornelos e no Portovilán, e finalmente decidiu alistarse no bando nacional. Trala fin da guerra regresou a Fornelos, e despois marchou a Madrid a preparar oposicións para auxiliar do corpo técnico do Ministerio de Facenda. Aprobounas en 1942, e en 1944 conseguiu praza en Pontevedra. En 1948 participou na reestrea da peza teatral Quen matou o meco?. Militou na clandestinidade no Partido Comunista.

Escribiu na prensa co pseudónimo Gudea[1], e desde a posguerra colaborou en medios como Litoral, Diario de Pontevedra, La Noche, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Galicia, Correo Gallego, Diario de León, Diario Regional de Valladolid, ABC, La Hoja del Lunes, A Nosa Terra, Sonata, Cartel, Chan, Ínsua, Coordenadas, Dorna, Espiral ou Congostra. Colaborou tamén con Radio España Independiente.

Publicou varias obras en castelán. En 1966 consegue o Premio de novela Ciudad de Oviedo coa obra Manso.[2] O texto foi publicado en España en 1967, mutilado pola censura. Apareceu en edición íntegra en Buenos Aires en 1968[a] e en 1996 foi publicada en galego pola Editorial Galaxia, con tradución de María Xesús Vidal Alves e limiar de Xesús Alonso Montero.

Viaxou a América en 1968, 1972 e 1978, onde contactou con Luís Seoane, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Rafael Dieste. O seu primeiro libro en galego foi Un tempo de sol a sol (poemas do neno galego) (1971), ao que seguiu Non deberían medrar (1974), con prólogo de Seoane.

Na súa honra o Concello do Grove creou en 1992 o Premio de narrativa Manuel Lueiro Rey e o Concello de Fornelos de Montes creou en 2012 o Premio de poesía Manuel Lueiro Rey e en 2017 o Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey.

Vida persoal

editar

Casou no Grove con María Lores González en xaneiro de 1944, e tiveron cinco fillos: Manuel (1945), Francisco (1948), Adela (1952), Víctor (1958) e Eugenio (1962).

 
Detalle da portada de O sol na crista do galo, edición de Ramón Nicolás.

Obra en galego

editar

Poesía

editar
  • Un tempo de sol a sol (poemas do neno galego) (Edicións do Centro de Betanzos, 1971)
  • Escolma ferida (Ediciós do Castro, 1977)
  • Nova escolma ferida (Ediciós do Castro, 1988)
  • Derradeira escolma ferida (Xerais, 2003; edición de Ramón Nicolás)

Narrativa

editar

Ensaio

editar
  • O Grove: canción do sal e do vento (Xerais, 2005)

Obra en castelán

editar

Poesía

editar
 
Juncia de amor y vida.
  • Nacencia. Cuentos y poemas (Vigo, 1950). Publicado co pseudónimo Gudea.[d]
  • Juncia de amor y vida (Pontevedra, 1959)
  • Sonetos a la ciudad de Vigo (Pontevedra, 1960)
  • La noche espera el alba (Botella al mar, 1971)
  • Vigo en tres paisajes (Vigo, 1990)
  • Camino de sueños, 1992.
  • Memoria de la raíz de las casas (Ediciós do Castro, 1992)
  • Mientras crece la hierba (Puente de la Aurora, 1997)

Narrativa

editar
  • Manso (Oviedo, 1967;[2] Oberón, 1968;[a] Galaxia, 1996).
  • Vicente y el otro (Editorial Oberón, Buenos Aires, 1968).[e]
  • Manos de ausencia (prosas) (Libertarias, 1986)
  • Un río que camina (Orígenes, 1987)
  • Hundezelle y otras vidas maltratadas (Ronsel, 1998). Póstuma.

Ensaio

editar
  • Crónica de una transición intransigente (Ediciós do Castro, 1985)

Recoñecementos

editar
  • Premio Casa de Galicia de Buenos Aires 1952 por Sinfonía de luz galaica.
  • Premio Ciudad de Vigo, por Sonetos a la ciudad de Vigo.
  • Premio Ciudad de Oviedo 1966, por Manso.
  • Unha Casa da Cultura do Concello do Grove leva o nome de Manuel Lueiro Rey.
  1. 1,0 1,1 A edición da Oberón (Buenos Aires) leva portada de Luís Seoane.
  2. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos.
  3. Despois incluído na Biblioteca das Letras Galegas e na Biblioteca Galega 120.
  4. Ilustrado por Ernesto Goday Caamaño.
  5. Con prólogo de Xesús Alonso Montero e portada de Luís Seoane.
Referencias

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar