Luciano Puga Blanco
Luciano María Puga Blanco, nado en Proente (A Merca) o 30 de decembro de 1842 e finado na Coruña o 26 de setembro de 1899[1], foi un xurista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1842 Proente, España |
Morte | 24 de setembro de 1899 (56 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | Pazo de Anzobre |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
23 de febreiro de 1870 – 7 de febreiro de 1871 | |
Senador de España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, maxistrado |
Movemento | Conservadorismo |
Familia | |
Fillos | Manuel María Puga y Parga |
Pai | Manuel María Puga Feijoo |
Traxectoria
editarFillo de Manuel María Puga Feijoo. Licenciado en Dereito Civil e Canónico pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorado pola Universidade Central de Madrid en 1867. Foi alcalde de Santiago de Compostela (1870-1871), deputado en Cortes polo distrito de Santiago de Compostela (1871-1871) e polo da Coruña (1884-1886), e gobernador do Banco Español na Habana (1891). Foi senador pola Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País (1891) e pola provincia cubana de Matanzas (1893). Ao regresar de Cuba foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo (1895). Dirixiu o xornal coruñés El Clamor de Galicia (1881-1882). Defendeu a Curros Enríquez cando foi condenado por Aires da miña terra e publicou Informe oral pronunciado por (...) en defensa de D. Manuel Curros Enríquez (1881).
Predecesor: ? |
Alcalde de Santiago 1870 - 1871 |
Sucesor: ? |
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Idea Moderna, 28-9-1899, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Blanco Rey, Manuel (1999). "D. Luciano Mª Puga Blanco (1842-1899): un personaje rescatado del olvido" (PDF). Anuario Brigantino 22: 189–206. Consultado o 7 de setembro de 2012. (en castelán)