Luciano Fariña Couto
Luciano Fariña Couto, nado en Cambados o 13 de xaneiro de 1916 e finado en Pontevedra o 9 de decembro de 2011,[1] foi un funcionario e profesor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1916 Cambados, España |
Morte | 9 de decembro de 2011 (95 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, profesor de ensino secundario |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Luciano Fariña Busto, Francisco Fariña Busto |
Irmáns | Luís Fariña Couto |
Descrito pola fonte | Álbum de Galicia Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia |
Traxectoria
editarFormou parte do Seminario de Estudos Galegos, onde ingresou como membro en febreiro de 1933[1] coa lectura de ingreso, publicada despois na revista Nós, contando coa colabaración de Xurxo Lorenzo Fernández, baixo o título Tres estacións de arte rupestre da serra do Leboreiro.[1][2][3] Foi presidente da Juventud de Acción Católica de Cambados[4][5] entre os anos 1933 e 1942.[1]
Tras principiar os estudos en 1932 na Universidade de Santiago de Compostela,[1] licenciousue en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid[3] en 1940 e en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1955,[1] nesta última doutorouse coa tese La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del bautismo, penitencia, eucaristía y matrimonio[3][6] baixo a dirección de Paulino Pedret[1] en 1964,[7] completando previamente os estudos de Graduado Social en 1951 e mais os de Perito Mercantil no ano 1956.[1]
Incorporouse a filas durante a guerra civil española en Valladolid no ano 1937, serviu como administrativo no sanatorio antituberculoso da FET y de las JONS Onésimo Redondo de Valladolid,[1] dirixido polo médico galego Luís de Castro García.[8][9]
Dedicouse á docencia, comezando esta actividade no ano 1940, dando clases en diferentes institutos de ensino secundario de Galicia, así como profesor axudante na Universidade de Santiago de Compostela durante a década de 1960.[1]
Accedeu ó corpo técnico do Instituto Nacional de Previsión (INP) en 1945,[10] primeiro con destino en Madrid, o ano seguinte en Barcelona, para trasladarse a Ourense en 1947, onde se reencontrou cos membros do Seminario de Estudos Galegos, en 1962 a Santiago de Compostela e no ano 1966 á Coruña. En 1972 foi nomeado administrador de Institucións sanitarias en Pontevedra dependente da Delegación provincial do INP.[1] Como membro da Falange, foi nomeado subxefe provincial do Movimiento Nacional en Ourense no ano 1958,[11] cesou un ano despois, asumindo o posto de director do Taller-Escuela Sindical de Formación Profesional 12 de Octubre de Ourense. Foi tamén concelleiro entre os anos 1960 e 1962 no concello de Ourense.[1]
Vida persoal
editarFillo de Luis Fariña Gómez, procurador dos tribunais, foi irmán de Luís Fariña Couto. Casou con Francisca Busto Rodríguez en 1945[10] e foi o pai de Luciano e Francisco Fariña Busto.
Obra
editarHeráldica
editar- O libro da heráldica galega: catalogación arqueolóxica e artística de Galicia do Museo de Pontevedra. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2001. ISBN 84-89748-92-6.
Obras colecctivas
editar- "Cruces y crucifijos románicos en Galicia" (PDF). XIX Ruta Cicloturística del Románico-Internacional: (4 febrero-17 junio 2001). José Antonio Rodríguez Mouriño (coord.). 2001. pp. 167–169. ISBN 84-931302-2-2.
- "Los templarios en Galicia" (PDF). XVIII Ruta Cicloturística del Románico-Internacional: (6 febrero-17 junio 2000). José Antonio Rodríguez Mouriño (dir.). 1999. pp. 147–154. ISBN 84-920484-9-2.
- "El calzado en los siglos del románico" (PDF). XVI Ruta Cicloturística del Románico-Internacional: conmemorativo del noveno centenario del cister / Ruta Cicloturística del Románico. 1997. pp. 107–108. ISBN 84-920484-5-X.
Artigos
editar- "Notas sobre heráldica y genealogía de algunos linajes del Ribeiro de Avia". Boletín Avriense 23: 255-287. 1993. ISSN 0210-8445.
- "Notas sobre motivos ornamentales visigóticos: el ladrillo con relieves" (PDF). Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA 6: 205–210. 1939-1940. ISSN 0210-9573.
- Xurxo Lorenzo Fernández (coautor) (1933). "Tres estacións de arte rupestre da Serra do Leboreiro". Nós (Ano XV, nº: 115): 124–132.
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Álbum de Galicia, Luciano Fariña Couto.
- ↑ Lorenzo Fernández, Xurxo; Fariña Couto, Luciano (23-07-1933). "Tres estacións de arte rupestre da Serra do Leboreiro". Nós (Ano XV, nº: 115): 124–132.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Gran Enciclopedia Galega, Fariña Couto, Luciano, 1916-2011.
- ↑ "Cambados lembra os aniversarios da Xuventude e do grupo de Acción Católica". Faro de Vigo. 19-08-2009. Consultado o 29-02-2024.
- ↑ Costa, Bea (30-08-2009). "Paredes cargadas de historia". La Voz de Galicia. Consultado o 29-02-2024.
- ↑ Fariña Couto, Luciano (1965-1966). "La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los Sacramentos del Bautismo, Penitencia, Eucaristía y Matrimonio". Boletín da Universidade de Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela).
- ↑ "Lectura de tesis doctoral". La Noche (en castelán). 08-12-1964. Consultado o 29-02-2024.
- ↑ Ponte, Fernando; de Castro, Álvaro (23-08-2021). "Luis de Castro García (1912-1977) / Tisiólogo y humanista ourensano". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 01-03-2024.
- ↑ Simón Lorda, David; de Castro Palomares, Álvaro (2014). "La Sanidad de la F.E.T y de las J.O.N.S: el Sanatorio Antituberculoso "Onésimo Redondo". Valladolid, 1938-1939". Medicina y poder político: XVI Congreso de la Sociedad Española de Historia de la Medicina: Madrid, 11-13 de junio de 2014 (en castelán). Sociedad Española de Historia de la Medicina. pp. 491–498. ISBN 978-84-617-0024-0.
- ↑ 10,0 10,1 "Luciano Fariña Couto: 13-01-1916 - 09-12-2011 : in memoriam" (PDF). Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia (Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia) (nº: 10): 13–14. 2012. ISSN 1579-2293.
Con cariño: A Asociación, os teus compañeiros, familiares e amigos
- ↑ "Noticias breves. Nombramientos" (PDF). Boletín da A. C. N. de P. (en castelán) (Asociación Católica Nacional de Propagandistas) (Ano XXXIV, nº: 647-648). 15-30 de decembro de 1958. Depósito legal: M-244-1958. Consultado o 29 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Luciano Fariña Couto". Álbum de Galicia. Autoría: Francisco Fariña Busto. Consello da Cultura Galega. doi:10.17075/adg.2023.23936.
- "Fariña Couto, Luciano, 1916-2011". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada 16. Silverio Cañada. p. 154.
- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo. 2010-2011. p. 43. ISBN 978-84-7680-685-2.
- Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 2. Editorial de los Bibliófilos Gallegos. 1951-1954. p. 13.