Loureda, Arteixo
Santa María de Loureda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1612 habitantes (794 homes e 818 mulleres), 401 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.
Loureda | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Loureda. | |
Concello | Arteixo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′35″N 8°29′22″O / 43.293, -8.4895 |
Área | 15 km² |
Poboación | 1.612 hab. (2016) |
Densidade | 107,47 hab./km² |
Entidades de poboación | 27[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editar- Igrexa de Santa María de Loureda. igrexa románica do século XII, que conserva a ábsida, abovedada e con arcos apuntados. O retablo interior é obra do escultor Xosé Ferreiro.
- Reitoral de Loureda. De estilo barroco rural.
- Pazo de Atín.
- Pedrafita dos Montes de Santa Locaia, tamén coñecido como Pedra do Guicho ou Marco da Anta, único menhir do megalitismo da Costa da Morte que se encontra nos lindes de Arteixo e da Laracha.[2]
Festas
editarA festa patronal de Loureda é a Nosa Señora, o 15 de agosto. No mes de xuño tamén se celebra o Corpus e, o día 13, Santo Antón. O 16 de xullo festéxase a Virxe do Carme.
Gastronomía
editarEn 1921 Uxío Carré Aldao fala en El Ideal Gallego da elaboración dun tipo de pan grande e de forma piramidal chamado Arteixana que se facía con broa e que se condimentaba e vendía no lugar do Foxo.[3] A tradición de produción de pan continúa hoxe, e desde 1975, no lugar de Mins, coa elaboración de moletes e bolas cocidos en forno de leña.[4]
Tradicións
editarO historiador arteixán Xabier Maceiras documentou a existencia do xogo tradicional chamado Os paquetes, que se iniciou na desaparecida taberna Casa Trigo do Foxo e que se continúa celebrando hoxe no Igrexario[5].
Lugares e parroquias
editarLugares de Loureda
editarLugares da parroquia de Loureda no concello de Arteixo (A Coruña) | |
---|---|
Allán | O Atín | Balai | As Barreiras | Cal do Pazo | Campiño | Cancelo | Carril | As Casas Novas | Ervedíns | Fortesende | O Foxo | O Igrexario | Lama Má | Os Laranxos | Loureda | Manoi | Marciñado | Mins | A Ponte do Va | A Queira | Quintán | As Rañeiras | A Rapa | Regocheo | A Rocheira | Santa Locaia | Tis | Val |
Parroquias de Arteixo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "El PGOM larachés cataloga y protege un menhir en los montes de Erboedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-03-13. Consultado o 2018-03-28.
- ↑ Maceiras, Xabier (xoves, 21 de setembro de 2017). "A taberna Casa Trigo do Foxo". Crónicas de Arteixo. Consultado o 28 de marzo de 2018.
- ↑ "Cuando el pan sabe antiguo". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-06-06. Consultado o 2018-03-28.
- ↑ Maceiras, Xabier (venres, 8 de setembro de 2017). "O xogo dos paquetes da parroquia de Loureda". Crónicas de Arteixo. Consultado o 2018-03-28.