Kim Dae-jung

Político surcoreano. Presidente do país

Kim Dae-jung (en hangul: 김대중; en hanja: 金大中), nado en Haui-do (Corea do Sur) o 3 de decembro de 1925[1] e finado o 18 de agosto de 2009 en Seúl[1], foi un político surcoreano, retirado, que foi presidente do seu país e galardoado co Premio Nobel da Paz do 2000 «polo seu traballo para a democracia e os dereitos humanos en Corea do Sur e no leste de Asia, xeralmente, e pola paz e a reconciliación con Corea do Norte, particularmente».

Modelo:BiografíaKim Dae-jung

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ko) 김대중
(ko) 金大中 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Hauido, Corea do Sur (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de agosto de 2009 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Severance Hospital, Corea do Sur (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía
insuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Nacional de Seul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente de Corea do Sur
25 de febreiro de 1998 – 24 de febreiro de 2003
← Kim Young-samRoh Moo-hyun →
Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur
30 de maio de 1988 – 19 de decembro de 1992
Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur
1 de xullo de 1971 – 17 de outubro de 1972
Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur
17 de decembro de 1963 – 30 de xuño de 1971
Circunscrición electoral: Mokpo (pt) Traducir
Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur
14 de maio de 1961 – 16 de maio de 1961
Lexislatura: 5th Legislative Assembly (en) Traducir

Circunscrición electoral: Inje County (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónHa-ui Elementary School (en) Traducir
Mokpo Bukkyo Elementary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocratic Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarsubtenente (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
FamiliaGimhae Kim clan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLee Hui-ho (1962–2009)
Cha Yong-ae (1945–1959) Editar o valor en Wikidata
FillosKim Hong-il
 () Cha Yong-ae
Kim Hong-eop
 () Cha Yong-ae
Kim Hong-gul
 () Lee Hui-ho Editar o valor en Wikidata
PaiKim Won Sik Editar o valor en Wikidata
Condenado porSedición (1976)
Sedición (1980) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
8 de agosto de 1973kidnapping of Kim Dae-jung (en) Traducir
prisioneiro de conciencia Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX830617 WikiTree: Kim-451 Find a Grave: 40827285 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Autor de diversos libros sobre temática política e económica, recibiu ademais os premios Bruno Kreisky dos Dereitos Humanos (1981), George Meany (1987), o concedido pola Asociación de Nacións Unidas (1998) e a medalla da Liberdade de Filadelfia (1993). Foi ademais doutor honorífico polas universidades de Moscova, Emory, Portland, Sydney, Georgetown; entre outras.

Naceu no seo dunha familia de labregos. Cursou estudos nunha escola na illa de Haui e en 1936 nun centro escolar no continente. En 1943 graduouse na Escola Superior de Comercio de Mokpo e comezou a traballar nunha navieira local. Converteuse ao catolicismo romano en 1957, sendo a maioría da poboación do seu país budista.

Entrou na política en 1954, opoñéndose á política de Syngman Rhee, primeiro presidente de Corea do Sur. En 1961 foi escolleito membro da Asemblea Nacional e pouco despois empezou a enfrontarse á ditadura e a expresar os seus plans por unha Corea reunificada. Mais un golpe militar liderado por Park Chung-hee, fíxoo converterse en líder da oposición, sen poder ser candidato oficial.

No 1971 foi acusado de comunista e sufriu un primeiro intento de asasinato ao ser atropelado por un camión que lle ocasionou unha coxeira que arrastrou ata o final da súa vida. Posteriormente foi arrestado polos axentes do Servizo Nacional de Intelixencia (KCIA) nun hotel de Toquio como resposta aos seus ataques á constitución promulgada por Chung-hee. Dae Jung recibiu a axuda inmediata dos Estados Unidos que grazas aos esforzos de Philp Habib, embaixador americano, conseguiu encontralo no seu agocho e liberalo dos seus verdugos nun barco cando estaba a punto de ser lanzado ao Mar do Xapón. No retorno ao seu país provocou que fose aprisionado en 1976 despois de participar nun manifesto contra o goberno, sendo condenado a cinco anos de arresto, aínda que foi liberado en 1978. Naquel período de cativerio forzado converteuse ao catolicismo.

Co asasinato en 1979 de Pak Chungkin-Hee, Kim Dae Jung foi rehabilitado mais no 1980 foi detido novamente con cargos de sedición e conspiración contra o réxime, sentenciando a Dae Jung a morte. Outra vez a man dos Estados Unidos foi vital para conseguir a conmutación da pena de morte por 20 anos de prisión, e máis tarde, o exilio aos Estados Unidos.

En 1985 Dae Jung retornou ao seu país, sendo inmediatamente retido na súa casa e converténdose nun dos líderes principais da oposición política. Coa caída do poder de Chun Doo-Hwan en 1987 celebráronse as primeiras eleccións democráticas desde 1961. Dae Jung puido presentarse pero sufriu a derrota ante Kim Young-Sam, o seu rival e camarada político durante anos, e Roh Tae-Woo, xeneral e delfín do anterior presidente.

Presidente de Corea do Sur

editar

En 1992 volveu a presentarse ás eleccións, perdendo novamente ante Kim Young-Sa, ao igual que en 1987. Logo retirouse da política e decidiu dedicarse á docencia na Universidade de Cambridge. En 1995 anunciou o seu retorno á política e presentouse, unha vez máis, nas eleccións para a presidencia do país. O 18 de decembro de 1997 conseguiu derrotar ao seu rival Lee Hoi-Chang grazas á súa unión con Kim Jong-Pil, antigo Primeiro Ministro do país.

 
Dae Jung canda George W. Bush nunha visita do presidente estadounidense en Seúl no 2002

Kim Dae Jung chegou á presidencia en medio dunha grave crise económica, pero conseguiu a revitalización da economía, converténdoa nunha con gran crecemento.

Dende o seu ascenso ao poder, tratou de enterrar a discriminación das minorías do país, das cales formaba parte e que sufrira en etapas anteriores. Tamén excarcerou ao seu antecesor Chun Doo Hwan, que en 1980 ordenara a súa condena a morte.

Pola outra banda, iniciou o acercamento co réxime stalinista de Kim Jong-il de Corea do Norte. Realizou as súas primeiras visitas aos Estados Unidos do 8 ao 11 de xuño de 1998, e solicitou o levantamento das sancións a Corea do Norte e o retorno dos investimentos a Corea do Sur. Entre o 13 e o 15 de xuño de 2000 tivo lugar o histórico cumio intercoreano en Pyongyang, a primeira xuntanza presidencial entre os presidentes dos dous países dende a separación de Corea en 1948.

En 2003 Dae Jung finalizou o seu mandato e decidiu non presentarse á reelección, retirándose da política activa. Faleceu o 18 de agosto de 2009 en Seúl[1].

  1. 1,0 1,1 1,2 "Obituary:Kim Dae-jung" BBC News, 18 de agosto de 2009

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Presidente de Corea do Sur

Segue a:
Kim Young-Sam
Kim Dae-jung
Precede a:
Roh Moo-hyun
Partido Democrático da Corea do Sur