Xulio Cribeiro
Julio Cribeiro García, nado en Cedeira en 1959, é un médico e político galego do PPdeG primeiro e de Progresistas por Moeche despois.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Cedeira, España |
Alcalde de Moeche | |
2014 – 2015 ← Julio López Romeo – Beatriz Bascoy Maceiras → | |
Alcalde de Moeche | |
1995 – 24 de abril de 2008 (dimisión) ← Fernando Campos Castro – Julio López Romeo → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarMédico. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Moeche e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. O 24 de abril de 2008 presentou a renuncia como alcalde e tamén como concelleiro premido pola moción de censura que formularan os seus propios compañeiros de partido e un concelleiro do PSdeG-PSOE, sendo elixido alcalde o seu número dous Julio López Romeo[1]. Foi acusado de malversación de fondos públicos[2] e declarado non culpable por un xurado popular cuxo veredicto foi ratificado polo TSXG[3]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura de Progresistas por Moeche e na sesión de investidura apoiou a elección do candidato do PPdeG[4]. Despois de apoiar ao PP, en 2014 conseguiu forzar a dimisión do alcalde López Romeo e converterse no novo alcalde co apoio do seu grupo e mais do PP, regresando á formación conservadora. Perdeu a alcaldía nas municipais de 2015 en favor do BNG, que logrou a maioría absoluta.
Predecesor: Fernando Campos Castro |
Alcalde de Moeche 1995 - 2008 |
Sucesor: Julio López Romeo |
Predecesor: Julio López Romeo |
Alcalde de Moeche 2014 - 2015 |
Sucesor: Beatriz Bascoy Maceiras |
Notas
editar- ↑ "López Romeo xa é o novo alcalde de Moeche". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 01 de xaneiro de 2012. Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Declara en el juzgado ortegano el ex alcalde de Moeche acusado de malversación de fondos públicos
- ↑ O TSXG ratifica a sentenza que absolve ao exalcalde de Moeche
- ↑ El PP gobernará en Moeche a pesar de que la lista más votada era el BNG