Hernández e Fernández

Hernández e Fernández (en francés Dupont et Dupond) son personaxes ficticios creados polo debuxante belga Hergé na súa serie de cómics As aventuras de Tintín.

Hernández e Fernández
Información editorial
EditorialCasterman
Primeira apariciónOs xarutos do faraón
CreadoresHergé
Biografía ficticia
Nome completoHernández e Fernández
EspecieHumanos
CompañeirosTintín, Capitán Haddock, Milú, Profesor Tornasol

Caracterización

editar

Trátase de dous axentes da policía secreta idénticos en aspecto e vestimenta cuxa única diferenza é a forma do bigote. No orixinal, Dupond é o que ten o bigote recto, mentres que o de Dupont dóbrase un pouco cara a fóra. Nas traducións ao galego non parece haber un criterio para asignarlle o nome de Hernández ou Fernández ao que ten o bigote máis caído ou ondulado, polo que os seus nomes cambian indistintamente de álbum en álbum e ata ás veces dentro dun mesmo volume. Aínda así, este non é un detalle moi importante, xa que aparecen sempre en conxunto e non parecen ter personalidades moi diferenciadas.

O vínculo que os une xamais está claro; non parecen ser irmáns, xa que teñen apelidos diferentes. Nalgúns volumes dáse a entender que viven xuntos; eles chámanse o un ao outro "amigo" ou "colega". Os demais personaxes chámanos "os inseparables", "os policías" ou, sinxelamente, "os Fernández". Probablemente a intención de Hergé fose caricaturizar a un determinado tipo de funcionario, en todo idéntico aos seus colegas.

Son dous personaxes de personalidades bastante distraídas e pouco lúcidas que resultan incompetentes para as misións que se lles asignan. O seu rol dentro das historias é xeralmente secundario, ocasionando certos gags, achegando algún dato a Tintín que o fará introducirse nunha aventura ou chegando con reforzos cando esta case xa concluíu. As confusións máis comúns nas que caen son as de querer pasar desapercibidos disfrazándose cun disfrace que cren típico do lugar e é en realidade ridículo. Adoitan tamén confundirse amplamente con respecto ao que están investigando, aínda que posiblemente a súa característica máis recordada é que cando un dos dous afirma algo, o outro o reitera cambiando palabras de lugar, dicindo desta forma o contrario ou algo sen sentido. Un exemplo diso pode atoparse no álbum Aterraxe na lúa:

  • Fernández; Este individuo insultounos e esixímoslle unha explicación.
  • Hernández; Iso é... este individuo explicounos e esixímoslle un insulto.
  • Fernández; Non é iso, ¡desgraciado! ¡É ao contrario!
  • Hernández; En efecto, en efecto... insultamos a este individuo e debémoslle unha explicación.

A súa primeira aparición tivo lugar na historia Os xarutos do faraón, cuarto álbum da serie, no que pretenden arrestar a Tintín por un suposto tráfico de drogas. No entanto, na reedición a cor de Tintín no Congo, o segundo álbum da serie, que se publicou en 1947, Hergé fainos xa aparecer na primeira viñeta, na escena en que Tintín toma o tren para emprender a súa viaxe cara ao Congo. Curiosamente, en O Loto Azul, continuación de Os xarutos do faraón, cando se atopan con Tintín chámano "querido amigo", dando a entender que levan unha amizade de anos.

Como dato curioso teñen unha efémera aparición en Astérix na terra dos belgas (Viñeta), anunciando a chegada de Xulio César a devandito país.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • Tintin.com – Lista de personaxes na páxina oficial
  • Tintinologist.org – List of characters on oldest and largest English-language Tintin fan site